Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 15 de xuño de 1999 Páx. 7.530

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 1999 pola que se fai público o contido do convenio de apoio financeiro ás pequenas e medianas empresas subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as entidades financeiras.

Con esta mesma data o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e 35 entidades financeiras, asinaron un convenio co obxecto de establecer unha liña de axudas de apoio financeiro ás pequenas e medianas empresas, ó abeiro do Decreto 309/1995, do 23 de novembro, do Decreto 95/1999, do 8 de abril, que modifica o Decreto 309/1995, do 23 de novembro, de incentivos económicos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia,

da orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e da orde da Consellería de Economía e Facenda do 21 de abril de 1999, que modifica a Orde do 18 de abril de 1996, pola que se establecen axudas para o financiamento das empresas galegas.

En virtude do exposto, de conformidade coa Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Igape e o seu regulamento, aprobado por Decreto 317/1992, do 12 de novembro, e en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

En cumprimento do disposto no artigo 78 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, e co obxecto de darlle unha adecuada difusión, faise público o texto do convenio coas entidades financeiras que figura como anexo I e a relación de entidades que o subscribiron que figura como anexo II.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 1999.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego

de Promoción Económica

ANEXO I

CONVENIO DE APOIO FINANCEIRO ÁS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS SUBSCRITO ENTRE O IGAPE E A ENTIDADE FINANCEIRA...

Antecedentes.

O presente convenio, asinado por unha parte polo presidente do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), José Antonio Orza Fernández e, por outra parte, por..., representado por... con poder suficiente, inscríbese dentro do marco da política de apoio á pequena e mediana empresa emprendida pola Xunta de Galicia ó abeiro do Decreto 309/1995, do 23 de novembro e Decreto 95/1999, do 8 de abril, que modifica o Decreto 309/1995, do 23 de novembro, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento ada actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia desenvolvido mediante a orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e a orde da Consellería de Economía e Facenda do 21 de abril de 1999, que modifica a do 18 de abril de 1996, pola que se establecen axudas para o financiamento das empresas galegas.

Conscientes do importante papel que para o relanzamento da actividade económica desempeñan as pequenas e medianas empresas (Pemes), faise preciso desenvolver un conxunto de accións integradas tendentes ó reforzamento da súa actividade, da súa estructura financeira e de comercialización, coa finalidade de conseguir un crecemento sostido e equilibrado.

Arbítranse, deste xeito, tres programas específicos de axuda:

1. Programa de investimentos.

2. Programa de reestructuración de pasivos.

3. Programa de ampliación de capital.

Consistindo a axuda en todos eles, na subsidiación ó tipo de xuro dos préstamos que se concerten coas entidades financeiras asinantes e acollidos ó presente convenio.

Para este fin, ..., na súa condición de prestamista, comprométese a mobilizar en préstamos ás pequenas e medianas empresas, en calidade de beneficiarias do presente convenio, unha cantidade non superior a millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros). A dita cantidade destinarase a financiar operacións acollidas tanto ó presente convenio como ó subscrito entre o Igape-ICO-Entidades financeiras nesta mesma data.

A cantidade comprometida poderase incrementar ou diminuír no mes de setembro de 1999, proporcionalmente ó seu grao de utilización efectivo de acordo co tempo transcorrido do convenio. A diminución segundo o anterior é unha facultade potestativa do Igape, os incrementos efectuaranse de mutuo acordo.

Os citados préstamos poderán ser subsidiados polo Igape, con suxeición ás seguintes cláusulas:

Cláusula 1ª.-Obxecto.

O presente convenio ten por obxecto defini-los termos de colaboración entre... e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), coa finalidade de establecer liñas de financiamento subsidiado para as pequenas e medianas empresas someténdose as partes na totalidade ó establecido no mencionado Decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, no Decreto 95/1999, do 8 de abril, que modifica o Decreto 309/1995, do 23 de novembro, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, a orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e a orde da Consellería de Economía e Facenda do 21 de abril de 1999 que modifica a do 18 de abril de 1996, pola que se establecen axudas para o financiamento das empresas galegas, ás normas específicas contidas no presente convenio e ás que posteriormente se poidan dictar para o seu funcionamento operativo.

Cláusula 2ª.-Beneficiarios.

1. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas no presente convenio aquelas empresas que teñan a consideración de pequenas e medianas empresas (Pemes) conforme a definición adoptada pola Comisión da Unión Europea do 3 de abril de 1996. Para estes efectos, terá a consideración de PEME a uni

dade económica con personalidade física ou xurídica que reúna os seguintes requisitos:

a) Que teña menos de 250 traballadores,

b) Que teña un volume de negocios anual non superior a 40 millóns de euros, ou ben un balance xeral anual, activo total, non superior a 27 millóns de euros, e

c) Que cumpra o criterio de independencia tal e como se define a continuación:

Consideraranse empresas independentes as empresas nas que o 25% ou máis do seu capital ou dos seus dereitos de voto non pertenzan a outra empresa, ou conxuntamente a varias empresas que non respondan á definición de PEME. Este limiar poderá superarse nos dous casos seguintes:

-Se a empresa pertence a sociedades públicas de participación, sociedades de capital risco ou investidores institucionais, sempre que estes non exerzan, individual ou conxuntamente, ningún control sobre a empresa;

-Se o capital está distribuído de tal forma que non é posible determinar quen o posúe e se a empresa declara que pode presumir que o 25% ou máis do seu capital non pertence a outra empresa ou conxuntamente a varias empresas que non respondan á definición de PEME.

Para os efectos de aplicación dos límites establecidos neste punto, o valor do euro é de 166,386 ptas.

-Tamén poderán ser beneficiarias das ditas axudas as empresas que, sen te-la condición de PEME, presenten expedientes de solicitude comprendidos no marco da Orde do 18 de abril de 1996 e do presente convenio e que se consideren de especial interese socio-económico polo Igape ou respecto das que a Comisión Delegada para Asuntos Económicos da Xunta de Galicia declarase a necesidade ou conveniencia de apoio.

-Poderán ser beneficiarios do Programa de Ampliación de Capital os socios actuais ou futuros, sexan persoas físicas ou xurídicas, de sociedades mercantís que cumpran os requisitos establecidos no presente convenio para as empresas beneficiarias.

-Non poderán acollerse ó programa de investimentos deste convenio aquelas empresas que, polas súas características ou as do proxecto que presenten, poidan facelo a través do convenio Igape-ICO-Entidades financeiras, en canto estea vixente este e existan fondos na liña Pemes do ICO.

2. Aquelas empresas que cumpran os requisitos establecidos no punto 1 desta cláusula e que presenten solicitudes de axuda financeira para proxectos de investimento por importe de préstamo superior a 82 millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros), deberán cumprir, ademais, as condicións establecidas no anexo I deste convenio.

Cláusula 3ª.-Ámbito territorial.

As empresas beneficiarias das axudas obxecto deste convenio deberán ter situado o centro da súa actividade ou algún centro de traballo no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Non obstante o anterior, nos casos de axudas para investimentos que se van realizar no resto de España en actividades de comercialización, distribución, acordos tecnolóxicos e cooperación empresarial, non será necesario que o proxecto incentivado se desenvolva en Galicia sempre que, a xuízo do Igape, teña individual ou sectorialmente un interese estratéxico e exista unha vinculación directa ou complementariedade coa empresa ou centro de traballo radicado na dita Comunidade Autónoma.

Cláusula 4ª.-Vixencia.

O presente convenio entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e a súa vixencia para a presentación de novas solicitudes de préstamo e subsidiación na entidade financeira será ata o 15 de outubro de 1999.

Cláusula 5ª.-Modalidade, destino e cofinanciamento das axudas.

5.1. Modalidade.

A axuda consistirá na subsidiación dos tipos de xuro dos préstamos concertados ó abeiro do presente convenio no marco xeral do Decreto 309/1995, do 23 de novembro, do Decreto 95/1999, do 8 de abril, que modifica o Decreto 309/1995, do 23 de novembro, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, da orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e da orde da Consellería de Economía e Facenda do 21 de abril de 1999 que modifica a do 18 de abril de 1996, pola que se establecen axudas para o financiamento das empresas galegas.

5.2. Destino.

Considéranse subsidiables ó abeiro deste convenio os préstamos encadrables no programa de investimentos e, dentro das axudas á reestructuración, nos programas de reestructuración de pasivos e de ampliación de capital.

5.3. Cofinanciamento.

Para o programa de investimentos, a axuda financeira concedida ó abeiro do presente convenio está cofinanciada con fondos FEDER.

Cláusula 6ª.-Actividades subvencionables.

Considéranse incentivables, de acordo co establecido no artigo 4 do Decreto 309/1995, do 23 de novembro e o artigo 7 da Orde do 18 de abril de 1996, as actividades económicas relacionadas no anexo II de actividades subvencionables e preferentes.

Cláusula 7ª.-Condicións dos programas.

7.1. Programa de investimentos.

O programa de investimentos ten por obxecto a subsidiación ós tipos de xuro daquelas operacións de préstamo que financien proxectos de novo investimento, consistentes na instalación, ampliación ou renovación de activos adquiridos a terceiros que repercutan directamente na capacidade de producción ou na productividade da empresa.

a) Os conceptos de investimento subvencionable serán, exclusivamente, os que se materialicen en:

* Inmobilizado material novo:

-Adquisición de terreos para a implantación do proxecto.

-Traídas e acometidas de servicios.

-Urbanización e obras exteriores necesarias para o proxecto.

-Obra civil.

-Bens de equipo e unidades funcionais de explotación independente. (No caso de elementos de transporte, exclusivamente vehículos industriais).

-Traballos e estudios de planificación, enxeñería de proxecto e dirección facultativa dos traballos.

-Outros investimentos en activos fixos materiais.

* Bens usados: unicamente en inmobles e maquinaria sempre e cando o total dos investimentos nestes conceptos non supere o 50% do total do investimento subvencionable dos proxectos en inmobilizado material. Ademais, o investimento en maquinaria usada non poderá supera-lo 25% do investimento total subvencionable deste concepto. Cando o investimento sexa en barcos de pesca, o límite sinalado para o investimento en bens usados poderá acadar ata o 95% do total do investimento subvencionable do proxecto.

* Inmobilizado inmaterial: unicamente en aplicacións informáticas, propiedade industrial e propiedade intelectual, incluíndo os gastos de investigación e desenvolvemento (I+D), sempre que o investimento neste concepto non supere o 25% do total do investimento subvencionable do proxecto.

As limitacións ós conceptos de investimento establecidas para bens usados e para inmobilizado inmaterial son independentes, sendo polo tanto subvencionables aqueles proxectos nos que o investimento recaia en ambos conceptos, sempre que non superen por cada un deles os límites establecidos.

O total do investimento subvencionable determinarase excluíndo o IVE e outros tributos do custo de adquisición.

Serán investimentos subvencionables os que se realicen ou realizasen con posterioridade ó 1 de xaneiro de 1999, que cumpran co disposto neste convenio.

b) De entre os investimentos anteriores, poderán considerarse preferentes os destinados ás seguintes finalidades:

-A creación de novas empresas.

-A creación de redes de abastecemento, transporte, distribución e comercialización.

-A investigación técnica aplicada e a innovación e desenvolvemento.

-A adquisición de patentes e licencias de fabricación.

-Os investimentos en maquinaria e bens de equipo sempre que no subsector ó que pertenza o beneficiario non exista sobrecapacidade instalada.

c) Materialización dos investimentos: o beneficiario deberá mante-los investimentos obxecto de financiamento, acollidos ás axudas establecidas neste convenio, durante a vixencia do préstamo subsidiado e destinalos á finalidade declarada na solicitude, agás no caso de que os bens nos que se materialice o investimento sexan substituídos por outros da mesma natureza e destino, non podendo obter para a súa adquisición ningún tipo de axuda financeira do Igape.

7.2. Axudas á reestructuración.

1. As axudas de reestructuración de empresas teñen por obxecto a reorganización das actividades incluídas nun plan estratéxico co obxecto de facer viables as empresas en dificultades. A contía das axudas fixarase en función das necesidades determinadas no plan estratéxico e limitarase ó estrictamente necesario para a reestructuración.

As axudas deberán ser utilizadas exclusivamente para restablece-la viabilidade da empresa, sen que supoñan aumento da capacidade de producción.

A concesión resolverase tendo en conta se se trata de empresas viables con dificultades transitorias, caracterizadas por situacións de insuficiencia de liquidez a curto prazo, ou ben se se trata de empresas con deficiencias estructurais, que precisen para restablece-la súa viabilidade dun plan conxunto e intensivo a largo prazo.

2. As axudas á reestructuración de empresas articúlanse nos seguintes programas:

7.2.1. Programa de reestructuración de pasivos.

O programa de reestructuración de pasivos ten por obxecto a subsidiación ó tipo de xuro de préstamos a longo prazo destinados á cancelación de pasivos financeiros a curto prazo.

Poderán acollerse a este programa aquelas sociedades mercantís en dificultades que presenten un diagnóstico e un plan estratéxico asinado pola empresa do que, a xuízo do Igape, se deduza a viabilidade técnica, económica e financeira a longo prazo da empresa sobre a base dunhas perspectivas

obxectivas en canto ás súas futuras condicións de funcionamento e que, en todo caso, leve consigo ó restablecemento do equilibrio financeiro da empresa. Cando a reestructuración exceda no seu conxunto de 100 millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros), o diagnóstico da empresa e o seu plan estratéxico deberá ser subscrito, ademais de pola propia empresa, por firma ou profesional independente de consultoría.

Os fondos do préstamo ou préstamos subsidiados destinaranse á cancelación de pasivos financeiros a curto prazo, podéndose establecer na resolución de concesión as condicións particulares para cada caso concreto. En ningún caso, o préstamo se destinará á cancelación ou modificación de débedas da empresa con socios, accionistas e empresas do grupo, teñan ou non custo financeiro, ou á cancelación daquelas pólizas ou contratos formalizados a partir do 1 de xaneiro de 1999, salvo que estes últimos se correspondan con meras renovacións ou fosen contraídas a consecuencia dun proceso externo de saneamento financeiro da empresa.

Para os efectos de determina-lo importe máximo reestructurable, entenderanse por pasivos financeiros a curto prazo, os seguintes:

-Pólizas de préstamo con vencemento non superior a un ano a partir da data dos estados financeiros presentados, ou no caso de pólizas con vencemento superior a un ano, o importe das amortizacións que se realicen no prazo dun ano a partir da data dos estados financeiros presentados.

-Pólizas de crédito con vencemento non superior a un ano a partir da data dos estados financeiros presentados, ou no caso de pólizas con vencemento superior ó ano, o importe das amortizacións estipuladas nelas que se realicen no prazo dun ano a partir da dita data.

-Contratos de leasing con antigüidade mínima de 2 anos e con vencemento non superior a un ano a partir da data dos estados financeiros presentados.

En calquera caso, non se considerarán pasivos financeiros reestructurables aquelas pólizas de préstamo, crédito ou leasing xa subsidiadas con anterioridade polo Igape.

Non poderán acollerse a este programa:

-As empresas que xa fosen totalmente reestructuradas mediante préstamos subvencionados nos anos 1996 a 1998, e aquelas empresas nas que a relación fondos propios/pasivo alleo sexa inferior a 25/75, salvo que previa ou simultaneamente adopten as medidas necesarias para acadar, polo menos, tal proporción.

-As empresas que se atopen legalmente incursas en suspensión de pagamentos ou quebra.

7.2.2. Programa de ampliación de capital.

O programa de ampliación de capital ten por obxecto a subsidiación ó tipo de xuro de préstamos

a longo prazo destinados ó financiamento da toma de participación en ampliacións de capital de sociedades mercantís.

Poderán ser beneficiarios deste programa os socios actuais ou futuros de sociedades mercantís xa constituídas que soliciten financiamento alleo co obxecto de obter fondos con destino exclusivo á toma de participación nunha ampliación de capital con desembolso inicial do 100% dela, no marco dun acordo de ampliación de capital xa adoptado pola xunta xeral da sociedade.

Os socios ós que se refire o parágrafo anterior poderán ser tanto persoas físicas como xurídicas, sen necesidade de cumpri-los requisitos establecidos nas cláusulas 3ª e 6ª deste convenio para as empresas beneficiarias, aínda que, no caso de persoas xurídicas, deberán cumpri-los requisitos establecidos na cláusula 2ª. En todo caso, as sociedades que amplíen o seu capital deberán cumpri-los requisitos establecidos nas tres cláusulas anteriores.

A sociedade emisora da ampliación deberá presentarlle ó Igape un diagnóstico e un plano estratéxico asinado pola empresa do que, a xuizo do Igape, se deduza a viabilidade técnica, económica e financeira a longo prazo da empresa sobre a base dunhas perspectivas obxectivas en canto ás súas futuras condicións de funcionamento e que, en todo caso, leve ó restablecemento do seu equilibrio financeiro.

As obrigas derivadas destes préstamos (garantías, xuros, amortizacións e outras calquera), serán por conta exclusiva do socio, sen que de ningún modo algún poidan repercutir ou subrogarse na sociedade emisora da ampliación.

Non poderán subsidiarse as ampliacións de capital no caso de que a empresa emisora efectuara nos exercicios 1996, 1997, 1998 ou 1999 unha reducción do capital social, agás que esta reducción fora destinada a compensación de perdas.

Cláusula 8ª.-Características das operacións de préstamo.

8.1. Importe dos préstamos e porcentaxe de financiamento.

O importe máximo conxunto de préstamo ou préstamos subsidiables ó abeiro deste convenio para cada beneficiario e por cada un dos programas, será de 500 millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros). Excepcionalmente, naqueles casos nos que o Igape o xulgue de especial interese socioeconómico poderanse establecer importes de préstamo superiores.

Segundo o programa ó que se acollan os beneficiarios das axudas, os importes dos préstamos subsidiados serán os seguintes:

8.1.1. Programa de investimentos.

1. O importe dos préstamos con dereito a subsidiación non poderá exceder con carácter xeral do

70% do investimento subvencionable, agás para os seguintes supostos, nos que se poderá acada-lo 95% desta:

a) Cando a operación se destine exclusivamente ó financiamento da modernización, reestructuración, renovación e equipamento de barcos de pesca, sempre que cumpran as condicións establecidas pola UE, logo de proposta favorable da consellería sectorial.

b) Cando a operación se destine exclusivamente a financia-la adquisición de solo industrial en polígonos de promoción pública para a implantación dun proxecto investidor cualificado de subvencionable.

Cando o préstamo teña por destino exclusivo a adquisición de solo en polígonos industriais de promoción pública, será necesario que a dita adquisición estea vinculada a un proxecto investidor individualizado que cumpra o establecido nas cláusulas do presente convenio, debendo o beneficiario comprometerse documentalmente ante o Igape a que o dito proxecto será executado antes do prazo de dous anos. Noutro caso, salvo causa xustificada, incorrerase nos supostos de perda da subvención establecidos na cláusula 13ª do convenio. A subsidiación non se fará efectiva en canto non se presente a licencia definitiva de obra.

2. O importe mínimo do préstamo será de 5 millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros), en canto que o investimento subvencionable non poderá ser inferior a 10 millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros). Exceptúanse os proxectos de creación de empresas que obteñan o certificado do Proxecto Lanza do programa Lanza do Igape, así como os proxectos de investimento promovidos por empresas artesanais sempre que a actividade que desenvolvan estea comprendida no anexo I á orde da Consellería de Industria e Comercio do 5-5-1997 (DOG do 26-5-1997), que poderán ser subvencionables aínda que o investimento e o préstamo non acaden os ditos mínimos, sempre que reúnan os restantes requisitos esixidos no presente convenio.

3. En ningún caso, o importe do préstamo subsidiado superará o importe do investimento subvencionable pendente de pagamento na data de presentación da solicitude no Igape. Se a partir desta data fora necesario efectuar novos pagamentos por importe superior á parte non financiada co préstamo que se vai subsidiar, estes deberán facerse seguindo a operativa establecida na cláusula 9ª.4 a) deste convenio.

8.1.2. Programa de reestructuración de pasivos.

O importe do préstamo con dereito a subsidiación determinarao o Igape a partir da análise das necesidades financeiras que se deriven do diagnóstico e do plan estratéxico presentados, dos estados financeiros da sociedade e do plan de cancelación de pasivos e limitarase ó estrictamente necesario para a reestructuración e restablecemento do equilibrio financeiro da sociedade.

En todo caso terase en conta á hora de determina-lo límite máximo da operación financeira subsidiable a correlación existente entre o inmobilizado neto da empresa e os seus recursos permanentes.

Os estados financeiros que hai que presentar deberán se-las contas anuais da sociedade correspondentes ó exercicio 1998, unha vez aprobadas polo órgano de administración e presentadas no Rexistro Mercantil. No caso de que aínda non fosen presentadas no Rexistro Mercantil ou no caso de que sexan de data posterior ó 31-12-1998, obrigatoriamente deberán vir auditadas por auditor independente.

8.1.3. Programa de ampliación de capital.

O volume do préstamo con dereito a subsidiación determinarao o Igape a partir da análise das necesidades financeiras que se deriven do diagnóstico e do plan estratéxico presentado e dos estados financeiros da sociedade e limitarase ó estrictamente necesario para a reestructuración e restablecemento do equilibrio financeiro da sociedade emisora, fixándose o límite máximo de ampliación subvencionable cando se acade a relación 55/45 entre fondos propios e pasivo alleo.

Os estados financeiros anteriores deberán se-las contas anuais da sociedade correspondentes ó exercicio 1998, unha vez aprobadas polo órgano de administración e presentadas no Rexistro Mercantil. No caso de que aínda non fosen presentadas no Rexistro Mercantil ou no caso de que sexan de data posterior ó 31-12-1998, obrigatoriamente deberán vir auditadas por auditor independente.

Para os efectos de determina-la contía global de capital que se vai subsidiar e efectuar, se é o caso, a pro rata entre os solicitantes, estes comunicaranlles por escrito á sociedade dentro dos 15 días seguintes á data do acordo de ampliación de capital, agás nos casos nos que o acordo sexa anterior á entrada en vigor deste convenio, a súa intención de acollerse a este programa así como a contía do préstamo que teñen previsto solicitar.

A sociedade remitirá ó Igape unha certificación da relación dos socios ou partícipes actuais ou futuros que pretendan acollerse ó programa, contía e a porcentaxe do capital que se vai subscribir e importe do préstamo que se vai solicitar cada un deles.

Naqueles casos nos que o número de solicitantes vaia ser numeroso, o Igape poderá acordar coa sociedade emisora fórmulas de colaboración, co obxecto de facilita-la tramitación conxunta dos expedientes.

8.2. Prazos de amortización e subsidiación.

O prazo máximo de amortización do préstamo para o programa de investimentos, será, con carácter xeral, de 7 anos, incluídos 2 anos, como máximo, de carencia. Para os programas de reestructuración de pasivos e de ampliación de capital, o prazo máximo de amortización do préstamo será, con carácter xeral, de 7 anos, incluído 1 ano, como máximo, de carencia.

A subsidiación non poderá exceder dos 7 primeiros anos de vixencia da operación financeira.

Consideraranse válidas as formalizacións dos préstamos que, por axusta-la última amortización ó vencemento dun trimestre natural, excedan o cómputo de anos, considerado este de data a data.

Excepcionalmente, para proxectos nos que o investimento inmobiliario represente unha porcentaxe igual ou superior ó 80% do total do investimento subvencionable, poderá admitirse que os prazos de vixencia e carencia da operación sexan superiores a 7 e 2, respectivamente, se ben neste caso, a subsidiación do Igape non excederá os 7 primeiros anos de vixencia desta e será calculada como se o préstamo fose a 7 anos de vixencia, incluídos 2 anos, como máximo, de carencia.

As amortizacións serán realizadas polo prestameiro en cotas trimestrais iguais, con vencemento o último día do trimestre natural, debendo recolle-la póliza ou escritura o número de cotas e as datas en que se producirán a primeira e a derradeira. As devanditas cotas de amortización poderanse redondear en miles de pesetas, acumulando na derradeira a diferencia ata completa-lo total que hai que amortizar.

O préstamo poderá ser amortizado de forma anticipada, total ou parcialmente a vontade do prestameiro. As amortizacións anticipadas parciais que, se é o caso, realice voluntariamente o prestameiro deberán aplicarse a reducir en igual contía as cotas de amortización restantes, sen que se produzan variacións no prazo de amortización do préstamo ou, alternativamente, poderán aplicarse en orde cronolóxica inversa ás datas de vencemento debendo de corresponder en contía a unha ou varias cotas completas.

A entidade financeira deberá comunicar puntualmente as ditas amortizacións anticipadas indicando o sistema utilizado de acordo co establecido no parágrafo anterior e, se é o caso, o novo cadro de amortización ó Igape e, en calquera caso, antes de presenta-la solicitude de cobro da liquidación trimestral da subsidiación.

8.3. Axuda financeira, tipos de xuro, intervención das SGR, comisións.

8.3.1. A axuda financeira, para cada programa, será a seguinte.

a) Programa de investimentos:

A subsidiación non excederá por tódolos conceptos os 4 puntos, agás para aqueles préstamos que acheguen aval de sociedade de garantía recíproca (SGR), caso no que se poderán acada-los 5 puntos.

Os criterios utilizados para a determinación dos puntos de subsidiación serán:

-Por actividade cualificada como subvencionable, tendo en conta ademais, se se trata de empresas de nova creación, a creación de emprego por conta allea que o proxecto supoña, a incorporación de tec

noloxía avanzada, a utilización de materias primas autóctonas, o valor engadido que se xere, a orientación da producción cara á exportación, a adaptación ou mellora ambiental: ata 2 puntos.

-Por actividade cualificada como preferente, tendo en conta ademais, se se trata de empresas de nova creación, a creación de emprego por conta allea que o proxecto supoña, a incorporación de tecnoloxía avanzada, a utilización de materias primas autóctonas, o valor engadido que se xere, a orientación da producción cara á exportación, a adaptación ou mellora ambiental: ata 3 puntos.

-Por localización preferente do proxecto investidor, de acordo co artigo 8 da Orde do 18 de abril: ata 1 punto.

Para os efectos deste convenio, consideraranse zonas especialmente desfavorecidas, de acordo co disposto no artigo 8.b) da Orde do 18 de abril, aqueles concellos nos que existe un abandono da poboación superior ó 15%, e que se incorporan ó presente convenio como anexo III.

-Por investimentos preferentes, de acordo co artigo 9º.3. da Orde do 18 de abril: ata 1 punto.

-Por asociación empresarial de acordo co disposto no artigo 9.4º.l) da Orde do 18 de abril: ata 2 puntos.

-Por aval dunha sociedade de garantía recíproca (SGR): ata 1 punto.

No caso de que a un proxecto lle correspondese polos conceptos anteriores unha puntuación superior a 4 puntos ou, no caso de ter aval de SGR, a 5 puntos, reducirase proporcionalmente a puntuación por cada un dos conceptos que computen ata acada-la puntuación máxima arriba sinalada.

b) Programa de reestructuración de pasivos.

A subsidiación poderá acadar ata 2,5 puntos.

c) Programa de ampliación de capital:

A subsidiación poderá acadar ata 3,5 puntos.

8.3.2. Tipos de xuro.

O tipo de xuro nominal anual para as operacións de préstamo concertadas e acollidas ó presente convenio e o sistema de variación para exercicios futuros establécense do seguinte xeito:

Primeiro.-O tipo de xuro nominal dos préstamos concertados a través do convenio de apoio financeiro ás pequenas e medianas empresas para 1999 fíxase para este ano no 3,80%.

Segundo.-Para os próximos exercicios, o mencionado tipo de xuro variará por semestres naturais de acordo coa seguinte norma:

a) Tipo de referencia: para o primeiro semestre de cada ano calcularase como a media aritmética simple dos tipos diarios do Euribor a prazo de 6 meses correspondentes ó mes de novembro do ano

anterior. Para o segundo semestre será a media aritmética simple dos tipos diarios do Euribor a prazo de 6 meses correspondentes ó mes de maio do mesmo ano.

b) Tipo adicional: será o que libremente pacten as partes sen que en ningún caso poida exceder de 1,15 puntos.

c) O tipo de xuro nominal anual dos préstamos será, para cada semestre natural, o resultante de engadirlle ó tipo de referencia, o tipo adicional que teñan pactado as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, redondearase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

Para os efectos deste convenio, enténdese por Euribor (Euro Interbank Offered Rate=Tipo Interbancario ofrecido en euros) a prazo de 6 meses, como o tipo de xuro de oferta, para depósitos interbancarios en euros a prazo de 6 meses, publicado polo Banco de España, polo Ministerio de Economía e Facenda ou pola entidade pública ou privada, española ou da Unión Europea, designada para iso.

No caso de que desaparecese o Euribor, o tipo de xuro variará por semestres naturais de acordo coa seguinte norma:

a) Tipo de referencia: para o primeiro semestre de cada ano, será o tipo de rendemento interno no mercado secundario da débeda pública de prazo entre dous e seis anos, publicado polo Banco de España, correspondente ó mes de novembro do ano anterior. Para o segundo semestre, será o tipo de rendemento interno no mercado secundario de débeda pública de prazo entre dous e seis anos, publicado polo Banco de España, correspondente ó mes de maio do mesmo ano.

b) Tipo adicional: será o que libremente pacten as partes sen que en ningún caso poida exceder de 0,65 puntos.

c) O tipo de xuro nominal anual dos préstamos será, para cada semestre natural, o resultado de engadirlle ó tipo de referencia, o tipo adicional que pactasen as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, redondearase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

O tipo de xuro de referencia para cada semestre será comunicado polo Igape ás entidades financeiras e publicado no Diario Oficial de Galicia.

8.3.3. Intervención das SGR.

No caso de que a operación de préstamo estea avalada por unha SGR que subscriba este convenio, o tipo de xuro nominal indicado rebaixarase en 0,55 puntos. Estas sociedades poderán percibir polo importe do aval que presten unha comisión máxima anual do 1% sobre os saldos máximos garantidos cada ano; a dita comisión será integramente subvencionada polo Igape.

8.3.4. Tipo de xuro resultante para o beneficiario.

Para os efectos da aplicación da subsidiación, o tipo de xuro resultante para o beneficiario, é dicir, o nominal menos os puntos de subsidiación, non poderá ser inferior ó 2%, agás para aqueles proxectos de investimento que sexan preferentes por localización ou actividade e que creen emprego neto por conta allea na Comunidade Autónoma de Galicia, nos que o citado tipo non poderá ser inferior ó 1%. No caso de que o tipo resultante sexa inferior ós ditos límites, reducirase ou suspenderase a subsidiación durante o período correspondente.

As varacións á alza do tipo de xuro para o caso de que o tipo resultante sexa superior ós ditos límites, serán a cargo exclusivamente dos beneficiarios, non provocando ningunha variación nos puntos de subsidiación.

8.3.5. Comisións.

As entidades financeiras prestamistas destas operacións poderán percibir por tódolos conceptos e dunha soa vez, unha comisión máxima dun 1%. A dita comisión non será subvencionable.

8.3.6. As referencias feitas neste convenio ó tipo de xuro entenderanse sempre ó tipo de xuro nominal anual.

Cláusula 9ª.-Tramitación.

9.1. Modelo de solicitude e documentación.

A solicitude que hai que presentar deberase corresponder co modelo normalizado que para tal efecto se distribuirá e dará publicidade a través das entidades financeiras e do Diario Oficial de Galicia.

Ademais desta solicitude, incluirase a seguinte documentación por duplicado:

A) Expedientes do programa de investimentos.

1) Documentación acreditativa das circunstancias persoais do solicitante:

Persoas físicas:

* Fotocopia do DNI.

Persoas xurídicas:

* Fotocopia do CIF.

* Certificación dos administradores ou do secretario do consello de administración, co visto e prace do presidente, na que figure: a data de constitución da sociedade e os datos de inscrición no Rexistro Mercantil (folla, folio, sección, libro, rexistro), a composición actual do consello, o detalle de accionistas con participación superior ó 10%, con indicación do nome ou razón social e da porcentaxe de participación; o número de traballadores, o volume de negocios anual e o importe do balance xeral anual, activo total, correspondentes á data do último exercicio pechado.

* No caso de solicitudes que sexan de empresas participadas directa ou indirectamente por sociedades en porcentaxe superior ou igual ó 25%, deberán presentar certificación das sociedades accionistas, emitida por representante con poder bastante, na que figure o seu número de traballadores, o volume de negocios anual e o importe do balance xeral anual, activo total, correspondentes á data do último exercicio pechado.

* A documentación relativa á copia da escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no Rexistro Mercantil e a acreditación do poder de representación do asinante da solicitude estará ó dispor do Igape na entidade financeira durante o prazo legalmente establecido, non sendo, polo tanto, necesario xuntala ó expediente de solicitude.

2) Fotocopia do último recibo pagado polo imposto de actividades económicas. No caso de empresas de nova constitución ou de empresas en funcionamento que vaian iniciar unha actividade distinta da que veñen desenvolvendo, deberán presentar fotocopia da alta no IAE ou compromiso firme de remitir a este instituto fotocopia da alta no imposto, indicando o seu epígrafe.

3) Memoria descritiva do investimento proxectado, que deberá conter:

* Indicación expresa de que se trata de investimentos adquiridos a terceiros e realizados ou que se vai realizar a partir do 1 de xaneiro de 1999.

* Localización dos investimentos.

* Orzamento detallado e valorado (excluído o IVE), partida a partida, dos investimentos en inmobilizado material novo, bens usados e en inmobilizado inmaterial, na orde establecida no impreso de solicitude.

* No caso de que parte do investimento estea pagado, deberán indicar no detalle anterior qué partidas están pagadas ou cál é a parte pagada de cada unha das partidas (excluido o IVE). Se non estivese pagada ningunha delas deberá indicarse expresamente que está na súa totalidade pendente de pagamento.

* Esta memoria deberá estar datada e asinada polo solicitante, debendo quedar unha copia dela no expediente da entidade colaboradora.

3.1) Naqueles proxectos nos que estea prevista a realización de obras e construccións, deberán xuntar fotocopia fotocopia da solicitude da licencia de obra ou da licencia definitiva expedida polo concello. Así mesmo, para o caso de pequenas reformas, deberanse presenta-los seus planos das mesmas e se se trata de novas construccións presentaranse o anteproxecto, asinado por técnico competente.

3.2) Cando a adquisición se produza entre persoas ou entidades vinculadas segundo a definición contida na normativa do imposto sobre sociedades, será preciso presentar unha valoración subscrita por sinatura de taxación independente.

3.3) No caso daqueles préstamos con destino exclusivo á adquisición de solo en polígonos industriais de promoción pública, declaración xurada do solicitante pola que se comprometa a executa-lo proxecto investidor asociado antes do prazo de dous anos.

4) Nas solicitudes de axuda nas que o proxecto implique a creación de emprego neto por conta allea: declaración xurada do número de postos de traballo que se van crear e fotocopia do último TC1 e TC2; e no caso de que o número de traballadores que figuran neles non coincida co número actual de traballadores no momento da solicitude e que figuran nela, certificación emitida polo solicitante do número de traballadores dados de baixa/alta e aclaración á diferencia sinalada. Para aquelas solicitudes de axuda financeira para préstamos superiores a 82 millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros) deberán achegar, ademais, compromiso de acada-los niveis de estabilidade laboral requiridos no punto 2 da cláusula 2ª.

Nas solicitudes de axuda financeira para préstamos superiores a 82 millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros) nas que o proxecto non implique a creación de emprego neto por conta allea, declaración xurada do número de traballadores no momento da solicitude, diferenciando entre fixos e temporais.

5) Declaración xurada doutras axudas solicitadas para o mesmo proxecto, especificando o organismo ó que a solicitou, normativa legal que a ampara, data de presentación, contía solicitada, situación administrativa e, se é o caso, importe concedido. Unha mesma declaración actualizada remitiráselle ó Igape, no momento no que o beneficiario xustifique a total realización do proxecto de investimento subvencionado, xunto coa documentación estipulada no último parágrafo da cláusula 9ª.5.a).

6) Certificados de estar ó día nas obrigas fiscais e da Seguridade Social, emitidos polos organismos competentes.

7) Certificación acreditativa de que o beneficiario non ten contraída ningunha débeda coa Xunta de Galicia.

8) Os proxectos que soliciten préstamos superiores ós 500 millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros) deberán presentar unha memoria dos antecedentes da empresa ou dos seus promotores, a razón que aconsella a realización do proxecto e estudio de viabilidade asinado polo solicitante.

9) As empresas que se acollan á excepción establecida no parágrafo segundo da cláusula 8ª.1.1.2 deste convenio deberán presentar segundo o caso:

-Certificación do proxecto Lanza do programa Lanza do Igape.

-Documento acreditativo de estar inscritas no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

En calquera caso, cantos outros documentos e información adicional se considere oportuna, a xuízo do Igape, para os efectos dunha correcta análise da solicitude.

B) Expedientes do programa de reestructuración de pasivos.

1) Documentación acreditativa das circunstancias persoais do solicitante:

* Fotocopia do CIF.

* Certificación dos administradores ou do secretario do consello de administración, co visto e prace do presidente, na que figure: a data de constitución da sociedade e os datos de inscrición no Rexistro Mercantil (folla, folio, sección, libro, rexistro), a composición actual do consello, o detalle de accionistas con participación superior ó 10% con indicación do nome ou razón social e da porcentaxe de participación; o número de traballadores, o volume de negocios anual e o importe do balance xeral anual, activo total, correspondentes á data do último exercicio pechado.

* No caso de solicitudes que sexan de empresas participadas directa ou indirectamente por sociedades en porcentaxe igual ou superior ó 25%, deberán presentar certificación das sociedades accionistas, emitida por representante con poder bastante, na que figure o seu número de traballadores, o volume de negocios anual e o importe do balance xeral anual, activo total, correspondente á data do último exercicio pechado.

* A documentación relativa á copia da escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no Rexistro Mercantil e a acreditación do poder de representación do asinante da solicitude estará ó dispor do Igape na entidade financeira durante o prazo legalmente establecido, non sendo, polo tanto, necesario xuntala ó expediente de solicitude.

2) Fotocopia do último recibo pagado polo imposto de actividades económicas.

3) Fotocopia compulsada das declaracións do imposto de sociedades dos dous últimos exercicios.

4) Contas anuais completas aprobadas polo órgano de administración e presentadas no Rexistro Mercantil e, se é o caso, o informe de auditoría alí depositado, correspondentes ó exercicio 1998. No caso de que aínda non foran presentadas no Rexistro Mercantil ou no caso de que sexan de data posterior ó 31-12-1998, obrigatoriamente deberán vir auditadas por auditor independente.

5) Certificación da entidade financeira acerca dos pasivos que se solicitan para reestructurar, indicando:

* Número de póliza ou contrato.

* Titular da operación.

* Tipo de operación.

* Data de formalización e vencemento.

* Nominal e saldo vivo na data da solicitude.

* No caso de pasivos con vencemento a longo prazo, o importe das amortizacións que se van realizar no prazo de 1 ano a partir da data dos estados financeiros presentados.

No caso de operacións de leasing, o nominal e o saldo vivo referiranse unicamente ó custo de adquisición do ben financiado.

6) Fotocopia das pólizas ou contratos que se solicitan para reestructurar.

7) Plan de cancelación de pasivos subscrito polo solicitante no que se indiquen as características dos pasivos que se van cancelar, o titular da débeda, a súa contía e a data do vencemento teórico da operación.

8) Diagnóstico e plan estratéxico asinado pola empresa sobre a viabilidade técnica, económica e financeira a longo prazo da empresa sobre a base dunhas perspectivas obxectivas en canto ás súas futuras condicións de funcionamento e sobre o restablecemento do seu equilibrio financeiro. No caso de que a operación de reestructuración exceda no seu conxunto de 100 millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros), o diagnóstico e o plan estratéxico anteriores deberán vir subscritos, ademais de pola empresa, por firma ou profesional independente de consultoría.

9) Declaración xurada doutras axudas solicitadas para o mesmo concepto, especificando o organismo ó que se solicitou, normativa legal que a ampara, data de presentación, contía solicitada, situación administrativa e, se é o caso, importe concedido.

10) Certificados de estar ó día nas obrigas fiscais e da Seguridade Social, emitidos polos organismos competentes.

11) Certificación acreditativa de que o beneficiario non ten contraída ningunha débeda coa Xunta de Galicia.

En calquera caso, cantos outros documentos e información adicional se considere oportuna, a xuízo do Igape, para os efectos dunha correcta análise da solicitude.

C) Expedientes do programa de ampliación de capital.

1) Documentación relativa ó solicitante:

1.1) Documentación acreditativa das circunstancias persoais:

Persoas físicas:

* Fotocopia do DNI.

Persoas xurídicas:

* Fotocopia do CIF.

* Certificación dos administradores ou do secretario do consello de administración, co visto e prace do presidente, na que figure: a data de constitución

da sociedade e os datos de inscrición no Rexistro Mercantil (folla, folio, sección, libro, rexistro), a composición actual do consello, o detalle de accionistas con participación superior ó 10% con indicación do nome ou razón social e da porcentaxe de participación; o número de traballadores, o volume de negocios anual e o importe do balance xeral anual, activo total, correspondentes á data do último exercicio pechado.

* No caso de solicitudes que sexan de empresas participadas directa ou indirectamente por sociedades en porcentaxe igual ou superior ó 25%, deberán presentar certificación das sociedades accionistas, emitida por representante con poder bastante, na que figure o seu número de traballadores, o volume de negocios anual e o importe do balance xeral anual, activo total, correspondentes á data do último exercicio pechado.

* A documentación relativa á copia da escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no Rexistro Mercantil e a acreditación do poder de representación do asinante da solicitude estará ó dispor do Igape na entidade financeira durante o prazo legalmente establecido, non sendo, polo tanto, necesario xuntala ó expediente de solicitude.

1.2) Declaración xurada doutras axudas solicitadas para o mesmo concepto, especificando o organismo ó que se solicitou, normativa legal que a ampara, data de presentación, contía solicitada, situación administrativa e, se é o caso, importe concedido.

1.3) Certificados de estar ó día nas obrigas fiscais e da Seguridade Social, emitidos polos organismos competentes.

1.4) Certificación acreditativa de que o beneficiario non ten contraída ningunha débeda coa Xunta de Galicia.

2) Documentación relativa á sociedade emisora da ampliación.

2.1) Documentación relativa ás circunstancias persoais:

* Fotocopia do CIF.

* Certificación dos administradores ou do secretario do consello de administración, co visto e prace do presidente, na que figure: a data de constitución da sociedade e os datos de inscrición no Rexistro Mercantil (folla, folio, sección, libro, rexistro), a composición actual do consello, o detalle dos accionistas con participación superior ó 10% con indicación do nome ou razón social e da porcentaxe de participación; o número de traballadores, o volume de negocios anual e o importe do balance xeral anual, activo total, correspondentes á data do último exercicio pechado.

* No caso de solicitudes que sexan de empresas participadas directa ou indirectamente por sociedades en porcentaxe igual ou superior ó 25%, deberán presentar certificación das sociedades accionistas, emitida por representante con poder bastante,

na que figure o seu número de traballadores, o volume de negocios anual e o importe do balance xeral anual, activo total, correspondentes á data do último exercicio pechado.

* A documentación relativa á copia da escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no Rexistro Mercantil e a acreditación do poder de representación do asinante da solicitude estará ó dispor do Igape na entidade financeira durante o prazo legalmente establecido, non sendo, polo tanto, necesario xuntala ó expediente de solicitude.

2.2) Fotocopia do último recibo pagado polo imposto de actividades económicas.

2.3) Certificación do secretario da xunta xeral co visto e prace do presidente sobre o acordo de ampliación de capital, detallando tódalas súas condicións.

2.4) Certificación emitida polo órgano de administración da sociedade na que faga consta-la relación de socios, accionistas ou partícipes que pretenden acollerse ó programa, contía, e porcentaxe de capital que se vai subscribir e importe do préstamo que solicitará cada un deles.

2.5) Fotocopia compulsada das declaracións do imposto de sociedades dos dous últimos exercicios.

2.6) Contas anuais completas aprobadas polo órgano de administración e presentadas no Rexistro Mercantil e, se é o caso, o informe de auditoría alí depositado, correspondentes ó exercicio 1998. No caso de que aínda non foran presentadas no Rexistro Mercantil ou no caso de que sexan de data posterior ó 31-12-1998, obrigatoriamente deberán vir auditadas por auditor independente.

2.7) Diagnóstico e plan extratéxico asinado pola empresa sobre a viabilidade técnica, económica e financeira a longo prazo da empresa sobre a base dunhas perspectivas obxectivas en canto ás súas futuras condicións de funcionamento e sobre o restablecemento do seu equilibrio financeiro.

En calquera caso, cantos outros documentos e información adicional que se considere oportuna, a xuízo do Igape, para os efectos dunha correcta análise da solicitude.

9.2. Presentación das solicitudes.

As solicitudes presentaranse nas entidades financeiras segundo o modelo oficial xa citado, xunto coa documentación, por duplicado, que se sinala no epígrafe anterior segundo o programa de que se trate.

Coa presentación da instancia de solicitude, as empresas que se acollan ás axudas establecidas no presente convenio apoderan a entidade financeira para a realización ante o Igape de todos aqueles trámites que así se prevexa. A este respecto, o Igape considerará a actuación da entidade financeira como se fora propia da empresa solicitante.

A entidade financeira datará e selará os cinco exemplares do impreso de solicitude, entregándolle ó solicitante a cuarta copia, quedándose coa 3ª copia

e remitíndolle ó Igape o orixinal e a 1ª copia e á consellería sectorial por razón da actividade, segundo o establecido no anexo II de actividades subvencionables e preferentes, a 2ª copia. Así mesmo, deberá centraliza-la recepción das solicitudes unha vez seladas polas súas distintas sucursais, tendo un prazo de 30 días para resolve-la petición de préstamo, sendo o prazo límite para a aceptación de solicitudes na dita entidade o 15 de outubro de 1999.

As entidades financeiras deberán presentar no Rexistro Xeral do Igape os expedientes coa documentación completa, coa excepción, segundo o programa de que se trate, sinalada no derradeiro parágrafo das alíneas A)1), B)1), C)1.1) e C)2.1) da cláusula 9ª.1., xunto coa concesión do préstamo segundo o modelo que se xunta (anexo IV) e o aval da SGR, se é o caso. O último día hábil para a súa presentación será o 15 de novembro de 1999, debendo presentar, ademais, un exemplar dos expedientes na consellería sectorial por razón da actividade, segundo o establecido no anexo II de actividades subvencionables e preferentes. Aquelas solicitudes presentadas fóra deste prazo, serán obxecto de resolución de arquivo, asumindo a entidade financeira toda a responsabilidade polos prexuízos que isto lle poida supor á empresa solicitante.

A presentación dos expedientes no Igape, deberase realizar mediante escrito no que se relacionen os expedientes que se xuntan (número, nome e importe), indicando a qué consellería sectorial remitiron a segunda copia.

No caso de operacións avaladas por unha SGR, estas poderán tramitar directamente as solicitudes e a documentación, tanto ó Igape como á consellería sectorial, sempre e cando veñan acompañadas da comunicación de concesión do préstamo pola entidade financeira e pola certificación de concesión do aval.

As solicitudes correspondentes ó programa de investimentos presentadas por sociedades civís ou comunidades de bens deberanse tramitar a nome dos titulares que formalizarán o préstamo, seguido da denominación da sociedade civil ou comunidade de bens.

Dentro dos dez días seguintes á recepción das solicitudes, o Igape comunicaralles ós solicitantes a data na que as solicitudes foron recibidas polo Igape, o prazo máximo establecido para a resolución e notificación do procedemento e os efectos do silencio administrativo.

No caso de se non ter presentado coa solicitude, o Igape reclamará por fax á entidade financeira e ó interesado por correo certificado con aviso de recibo, aqueles documentos que foran preceptivos, debendo presentarse estes no prazo de 15 días hábiles a partir do día seguinte á recepción da notificación. Finalizado o prazo de emenda sen se presenta-la documentación preceptiva, dictarase resolución tendo ó solicitante por renunciado dos seus dereitos e ordenando o arquivo do expediente.

9.3. Concesión.

Segundo o artigo 14 da Orde do 18 de abril de 1996, o Igape resolverá sobre a concesión ou denegación das axudas no prazo máximo de 4 meses dende a recepción da solicitude. As solicitudes de axuda que non fosen resoltas no dito prazo poderán cosiderarse desestimadas.

O Igape notificará ó solicitante e comunicará á entidade financeira e á SGR, se é o caso, a concesión ou denegación da subsidiación. O beneficiario deberá aceptar expresamente a resolución de concesión. A aceptación formalizarase na copia da resolución que para tal efecto se remitirá xunto coa resolución de concesión e que deberá ser devolta ó Igape debidamente cuberta.

Contra a resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Economía e Facenda no prazo dun mes desde o día seguinte á notificación.

Os beneficiarios de axudas concedidas ó abeiro do presente convenio con proxectos que superen os 50 millóns de pesetas de investimento subvencionable (ou o seu contravalor en euros), serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

9.4. Formalización.

A entidade financeira e o solicitante deberán formaliza-lo préstamo mediante escritura pública ou póliza intervida por corredor de comercio colexiado, de acordo coas seguintes condicións:

a) Programa de investimentos.

A partir da entrada en vigor deste convenio e respectando as condicións e requisitos establecidos nel, a entidade financeira, unha vez presentado o expediente de solicitude no Igape, poderá formaliza-los préstamos cos seus clientes. Para isto, deberá remitir escrito, segundo modelo que se xunta (anexo V), manifestando a intención de acollerse a esta opción co obxecto de que, con anterioridade á data de formalización prevista, este instituto analice e cuantifique o investimento subvencionable e o importe do préstamo que se vai subsidiar. O Igape comunicará mediante fax á entidade financeira a autorización, se é o caso, á dita formalización. A empresa solicitante requirirá á entidade financeira copia da autorización do Igape antes de proceder á formalización do préstamo.

A autorización da formalización do préstamo antes da resolución de concesión non implica o recoñecemento de ningún dereito ou cualificación do expediente respecto da concesión da subsidiación solicitada.

No contrato de préstamo así formalizado deberase facer mención, alomenos, dos seguintes extremos: que se presentou solicitude de axuda financeira no Igape, con indicación da data de rexistro de entrada neste instituto; que o Igape autorizou a formalización da operación, indicando a data e as condicións establecidas nela; e que unha vez dictada a resolución

de concesión do Igape o préstamo se acollerá ás axudas establecidas no presente convenio nos termos e condicións sinalados na resolución de concesión.

No caso de que a resolución de concesión recolla condicións diferentes ás que se indicaban na autorización de formalización, deberán incluír un anexo á póliza de préstamo, intervido por fedatario público, no que se faga consta-las características establecidas na dita resolución.

Se o préstamo se formaliza con posterioridade á data de notificación da resolución de concesión, deberá recolle-la característica de estar acollido ás axudas previstas neste convenio e a este programa (clave 1/99); figurará na póliza ou escritura o tipo de xuro nominal anual da operación, o sistema de variación para os próximos exercicios, os puntos de subsidiación concedidos e o límite que corresponda para os efectos de aplicación da subsidiación establecido na cláusula 8ª.3.4.

O prazo máximo para a formalización do préstamo ou, se é o caso, adaptación da póliza ás condicións da resolución do Igape será de 5 meses, contados desde o día seguinte á data de notificación da concesión ó interesado. Finalizado o dito prazo, dictarase resolución tendo ó solicitante por renunciado e ordenando o arquivo do expediente, agás que, logo da solicitude razoada de prórroga desta presentada no Igape dentro do prazo e acreditando a conformidade da entidade financeira, o Igape autorizase a dita prórroga.

A entidade financeira remitirá ó Igape, coa maior brevidade, unha fotocopia da póliza ou escritura de préstamo e, se é o caso, o correspondente anexo, antes de presenta-la primeira certificación de xustificación de investimentos.

b) Programa de reestructuración de pasivos:

O préstamo deberá recolle-la característica de estar acollido a este convenio e ó programa de reestructuración de pasivos (clave 3/99). Figurará na póliza ou escritura o tipo de xuro nominal anual da operación, o sistema de variación para os próximos exercicios, os puntos de subsidiación concedidos e o límite para os efectos de aplicación da subsidiación establecido na cláusula 8ª.3.4.

O prazo máximo para a formalización do préstamo será de tres meses, contados desde o día seguinte á data da notificación da concesión ó interesado. Finalizado o dito prazo, dictarase resolución tendo ó solicitante por renunciado e ordenando o arquivo do expediente, agás que, logo da solicitude razoada de prórroga deste presentada no Igape dentro do prazo e acreditando a conformidade da entidade financeira, o Igape autorizase a dita prórroga.

A entidade financeira poderá formaliza-lo préstamo por un importe menor ó fixado como límite na resolución, cando o plan de cancelación de pasivos, como consecuencia do desfase temporal entre a solicitude e disposición, reducise o importe das

débedas, sempre que se produzan sobre os mesmos pasivos financeiros especificados no plan.

A entidade financeira remitirá, coa maior brevidade, fotocopia da póliza ou escritura do préstamo ó Igape e, en calquera caso, antes de presenta-la solicitude de cobro da subsidiación.

c) Programa de ampliación de capital.

A partir da entrada en vigor deste convenio e respectando as condicións e requisitos establecidos nel, a entidade financeira, unha vez presentado o expediente de solicitude no Igape, poderá formaliza-los préstamos cos seus clientes. Para isto, deberá remitir escrito, segundo modelo que se xunta (anexo V), manifestando a intención de acollerse a esta opción co obxecto de que, con anterioridade á data de formalización prevista, este instituto analice a ampliación de capital subvencionable e cuantifique o importe do préstamo que se vai subsidiar. O Igape comunicará mediante fax á entidade financeira a autorización, se é o caso, á dita formalización. A empresa solicitante requirirá da entidade financiera copia da autorización do Igape antes de proceder á formalización do préstamo.

A autorización da formalización do préstamo antes da resolución de concesión non implica o recoñecemento de ningún dereito ou cualificación do expediente respecto á concesión da subsidiación solicitada.

No contrato de préstamo así formalizado deberase facer mención, alomenos, dos seguintes extremos: que se presentou solicitude de axuda financeira no Igape, con indicación da data de rexistro de entrada neste instituto; que o Igape autorizou a formalización da operación, indicando a data e as condicións establecidas nela; e que unha vez dictada a resolución de concesión do Igape o préstamo acollerase ás axudas establecidas no presente convenio nos termos e condicións sinalados na resolución de concesión.

No caso de que a resolución de concesión recolla condicións diferentes ás que se indicaban na autorización de formalización, deberán incluír un anexo á póliza de préstamo, intervido por fedatario público, no que se faga consta-las características establecidas na dita resolución.

O préstamo deberá recolle-la característica de estar acollido a este convenio e ó programa de ampliación de capital (clave 5/99). Figurará na póliza ou escritura o tipo de xuro nominal anual da operación, o sistema de variación para os próximos exercicios, os puntos de subsidiación concedidos e o límite para os efectos de aplicación da subsidiación establecido na cláusula 8ª.3.4.

A formalización dos préstamos que correspondan á ampliación de capital de cada sociedade poderán efectuarse a través de varias entidades financeiras, non obstante, a sociedade emisora da ampliación abrirá unha única conta corrente específica na que se efectuarán os aboamentos que correspondan ós desembolsos dos préstamos subsidiados, remitíndo

lle ó Igape o extracto desta ó finaliza-lo prazo da ampliación.

O prazo máximo para a formalización do préstamo, ou, se é o caso, adaptación da póliza ás condicións da resolución do Igape, será de tres meses, contados desde o día seguinte ó da data da notificación da concesión ó interesado. Finalizado o dito prazo, dictarase resolución téndose ó solicitante por renunciado e ordenando o arquivo do expediente, agás que, logo da solicitude razoada de prórroga deste, presentada no Igape dentro do prazo e acreditando a conformidade da entidade financeira, o Igape autorizase a dita prórroga.

A entidade financeira remitirá, coa maior brevidade, fotocopia da póliza ou escritura do préstamo ó Igape e, se é o caso, o correspondente anexo, antes de presenta-la solicitude de cobro da subsidiación.

9.5. Disposición:

Os beneficiarios das axudas deberán xustificar á entidade financeira no momento da disposición dos fondos da operación financeira subsidiada, a súa aplicación ás finalidades para as que foi concedida, de acordo co establecido para cada un dos programas:

a) Programa de investimentos.

O período de disposición do préstamo e de realización dos investimentos deberá suxeitarse ós seguintes límites:

1. Non poderá supera-la data pactada no préstamo para o aboamento da primeira amortización do principal, naqueles préstamos sen carencia ou cunha carencia inferior a un ano.

2. Non poderá superar un ano desde a formalización do préstamo, naqueles préstamos cunha carencia igual ou superior a un ano. Excepcionalmente, logo da autorización do Igape, por instancia do beneficiario, poderá ampliarse o prazo de disposición do préstamo como máximo ata o límite da data pactada para o aboamento da primeira amortización do principal.

No momento da formalización do préstamo, ou en todo caso previamente á utilización dos fondos, a entidade financeira requirirá ós beneficiarios a documentación (facturas, contratos, certificacións de obras, etc.) que acredite a execución do investimento subvencionable, pagado e pendente de pagamento. A disposición dos fondos irá destinada ós pagamentos pendentes do investimento. Non se establece restricción en canto ó número de disposicións, así como á contía correspondente a cada unha delas, sempre que o importe no seu conxunto non exceda da porcentaxe -préstamo subvencionado/investimento subvencionado- segundo a resolución de concesión.

Unha vez formalizado o préstamo, as disposicións realizaranse a través dunha conta específica na que se reflictirán única e exclusivamente os movementos habidos neste.

A entidade financeira deberá conservar copias cotexadas dos documentos que xustifiquen o investimento total subvencionado, así como dos medios utilizados para o seu pagamento, enviando esta documentación xunto co do extracto da conta específica ó Igape, cando practiquen a primeira e, se é o caso, a segunda xustificación do investimento. Por outra banda, e no momento no que o beneficiario xustifique a total realización do proxecto investidor subvencionado, a entidade financeira deberá remitir xunto coa documentación anterior, unha declaración de axudas actualizada para o mesmo proxecto nos termos establecidos na cláusula 9ª.1.A).5).

b) Programa de reestructuración de pasivos.

O período de disposición non poderá ser superior a un mes a partir da data de formalización do préstamo. A contía das disposicións serán exactamente iguais ó importe dos pasivos financeiros a curto prazo que cancelen ou, se é o caso, modifiquen e o seu número dependerá en cada caso concreto. No caso de préstamos ou créditos con vencemento superior ó ano, a contía para cancelar non poderá ser superior ó importe das amortizacións dos doce meses seguintes á data da formalización. En calquera caso, a entidade financeira non permitirá disposicións nas que non estea debidamente xustificado o importe idéntico de cancelación ou modificación de pasivos financeiros a curto prazo incluídos no plan de cancelación de pasivos aprobado polo Igape.

As disposicións realizaranse a través dunha conta específica asociada ó préstamo subsidiado, na que se reflictirán única e exclusivamente os movementos habidos neste.

A entidade financeira deberá conservar copias cotexadas cos orixinais dos documentos que xustifiquen as disposicións e as paralelas cancelacións ou modificacións dos pasivos financeiros incluídos no plan de cancelación de pasivos para a súa posterior remisión ó Igape xunto co extracto da conta específica asociada ó prestamo, de conformidade co disposto na cláusula 10º.2.b) deste convenio.

c) Programa de ampliación de capital.

O período de disposición non poderá ser superior a un mes a partir da data de formalización do préstamo. O importe íntegro da disposición destinarase ó ingreso na conta específica da sociedade emisora establecida na cláusula 9ª.4.c), da participación de capital subscrita. A disposición do préstamo será dunha soa vez no momento do outorgamento de escritura pública de ampliación de capital.

As disposicións realizaranse a través dunha conta específica asociada ó préstamo subsidiado, na que se reflictirán única e exclusivamente os movementos habidos neste.

A entidade financeira deberá conservar copias cotexadas cos orixinais dos documentos que xustifiquen a disposición e o paralelo aboamento na conta específica de ampliación de capital da sociedade emisora para a súa posterior remisión ó Igape

xunto co extracto da conta específica asociada ó préstamo, de conformidade co disposto na cláusula 10.2.b) deste convenio.

9.6. Incidencias.

a) Cambio de titularidade da axuda financeira: poderase solicitar cambio de titularidade da axuda financeira naquelas operacións xa formalizadas e para tódolos programas, nos casos de transformación de empresas individuais en sociedades e nos de modificación da forma da sociedade, sempre que se recolla documentalmente o traspaso ou a achega da totalidade dos dereitos e obrigas comprometidos no proxecto subvencionado e a subrogación nas obrigas financeiras do préstamo; nos casos de fusión e absorción de sociedades procederase de xeito análogo. A citada documentación deberá ser enviada a través da entidade financeira ó Igape, para que se proceda, se é o caso, á autorización do cambio de titularidade da axuda.

b) Cambio de entidade financeira: naquelas axudas concedidas nas que o titular solicite a formalización do préstamo noutra entidade financeira colaboradora distinta da que tramitase a solicitude, deberá solicita-lo cambio de entidade financeira a través da nova entidade prestamista, acompañando nova comunicación de concesión do préstamo e declaración xurada de que non existe variación na documentación do expediente, enviando toda esa documentación ó Igape, para que se proceda, se é o caso, á autorización do cambio solicitado.

c) Modificación dos plans de investimento.

Nos casos nos que a modificación no plan de investimento implique unha reducción na súa contía, acompañada ou non dun cambio nas partidas do proxecto, deberá solicitarse diante do Igape, a través da entidade financeira, previamente á formalización do préstamo ou antes da plena utilización dos fondos, xunto cunha dunha memoria explicativa, podendo o Igape, no caso de autoriza-la modificación solicitada, acomoda-la contía do préstamo subvencionado á porcentaxe máxima de financiamento sinalada na cláusula 8ª. Nos casos de préstamos xa formalizados e dispostos na súa totalidade acomodarase o importe do préstamo subvencionable rebaixándoo proporcionalmente á reducción do investimento subvencionable, procedéndose igual canos casos de incumprimento parcial.

Se a modificación consiste no cambio das partidas do proxecto, manténdose ou incrementándose o importe do investimento subvencionable, procederase de xeito análogo co obxecto de adaptar, se é o caso, a resolución de concesión ás novas condicións, sen que iso supoña modificación na contía do préstamo subvencionable.

d) Prórrogas para a ampliación dos prazos establecidos no convenio: a Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 12, do 14 de xanei

ro de 1999), no seu artigo 1, punto 14º, modifica a redacción do artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, establecendo no seu punto 3º. que, tanto a petición dos interesados como a decisión sobre a ampliación deberá producirse, en todo caso, antes do vencemento do prazo de que se trate. En ningún caso poderá ser obxecto de ampliación un prazo xa vencido. Os acordos sobre a ampliación de prazos ou sobre a súa denegación non serán susceptibles de recursos.

De acordo co anterior, a solicitude de prórroga de ampliación dos prazos establecidos neste convenio presentarase no rexistro xeral do Igape cunha antelación mínima de 10 días hábiles antes do vencemento do prazo que se vai ampliar, co obxecto de que o Igape poida acorda-la súa aprobación ou denegación antes do vencemento do prazo de que se trate.

O resto das incidencias que poidan producirse en calquera dos programas deste convenio poderán admitirse despois da solicitude do interesado, coa conformidade da entidade financeira, sempre que estean xustificadas e non desvirtúen a finalidade da subsidiación.

Cláusula 10ª.-Liquidación e xustificación.

10.1. Liquidación de xuros.

A liquidación periódica de xuros, o mesmo que as amortizacións, realizarase trimestralmente pola entidade financeira ó beneficiario, o último día do trimestre natural.

Os trimestres serán sempre de 90 días e tódolos meses de 30 días, computándose estes, para a liquidación, desde a data de disposición, incluída esta.

10.2. Liquidación da subsidiación e xustificación do proxecto.

a) Liquidación da subsidiación e xustificación do programa de investimentos.

O cálculo da subsidiación realizarase por parte da entidade financeira por períodos trimestrais que remitirán ó Igape segundo o procedemento establecido na cláusula 11ª.

En canto non estean presentadas as certificacións de xustificación de investimentos, pola totalidade do investimento, as liquidacións calcularanse sobre o importe do préstamo que corresponda ó investimento xustificado coa matización do parágrafo seguinte. A partir da xustificación total do investimento, as posteriores liquidacións da subsidiación realizaranse sobre o saldo vivo teórico do préstamo.

A xustificación do investimento realizarase a través de certificacións de xustificación de investimentos emitidas pola entidade financeira, podéndose realizar como máximo dúas certificacións. A primeira deberá acadar como mínimo o 50% do investimento subvencionable. Se se realiza unha segunda esta debe ser complementaria da primeira ata a xustificación total do investimento.

A entidade financeira esixiralles ós benefeciarios copias cotexadas dos documentos que xustifiquen a realización do investimento subvencionable así como os documentos xustificativos do pagamento, que remitirán ó Igape xunto coas citadas certificacións de xustificación de investimentos.

As certificacións de xustificación de investimentos para cubrir pola entidade financeira deberán conter alomenos os datos do importe do investimento subvencionable xustificado e a porcentaxe que representa respecto da totalidade do investimento aprobado; a parte do préstamo disposto utilizado para o pagamento do investimento xustificado; a data valor da xustificación do investimento, que se define como a última data de pagamento do investimento xustificado na certificación; indicación de se se trata de primeira, única ou segunda e complementaria. Neste último caso deberán reflectirse os datos sinalados anteriormente, correspondentes á primeira certificación e a data en que esta foi presentada, así como o resumo total do investimento xustificado e o importe disposto do préstamo e as porcentaxes correspondentes entre investimento xustificado e préstamo disposto.

No caso de que na única ou na última certificación de xustificación de investimentos non se acade o 100% do investimento subvencionable aprobado na resolución, deberá xuntar, a entidade financeira, unha solicitude de modificación da resolución, asinada polo empresario, para adaptala ó proxecto realizado e xustificado.

Para o cálculo da subsidiación tomarase como data inicial a data valor de xustificación de investimentos que figura na certificación de xustificación de investimentos emitida pola entidade financeira e os puntos subsidiados aplicaranse ó importe do préstamo disposto que corresponda ó investimento xustificado, de acordo co ratio -préstamo subsidiado/investimento aprobado- determinado na resolución de concesión; unha vez xustificada a totalidade do investimento as posteriores liquidacións de subsidiación realizaranse sobre o saldo vivo teórico do préstamo.

No caso de que o préstamo fose formalizado con anterioridade á concesión, conforme o disposto no primeiro parágrafo da cláusula 9.4.a) anterior, a data valor da xustificación do investimento non poderá ser anterior á data da resolución.

Os trimestres serán sempre de 90 días e os meses de 30 días.

O prazo máximo para remiti-las entidades financeiras as certificacións de xustificacións de investimentos será de 4 meses, contados a partir da data de terminación do período de disposición, podendo o Igape conceder prórroga por solicitude razoada do empresario, tramitada a través da entidade financeira.

Para aqueles proxectos de investimento que impliquen a creación de emprego neto por conta allea, e unha vez xustificada a realización do investimento,

o Igape reclamaralle ó beneficiario a documentación acreditativa do cumprimento da condición de creación de emprego. Naqueles expedientes suxeitos ó cumprimento da condición á que se refire o punto 2 da cláusula 2ª o Igape, igualmente, reclamará a documentación acreditativa de que se acadaron os niveis de estabilidade laboral esixidos. Non obstante, naqueles expedientes que teñan concedida axuda para o mesmo proxecto ó abeiro da orde da Consellería de Economía e Facenda do 7 de xullo de 1997, o cumprimento da anterior esixencia poderase comprobar a través do expediente tramitado ó abeiro da devandita orde.

b) Liquidación da subsidiación e xustificación nos programas de reestructuración de pasivos e ampliación de capital.

A liquidación das subsidiacións por parte da entidade financeira ó Igape efectuarase trimestralmente, calculándose sobre o saldo vivo trimestral do préstamo, agás para o ano de carencia no que os puntos subsidiados se aplicarán sobre a base do préstamo efectivamente disposto e do tempo transcorrido desde cada disposición ata o vencemento do correspondente trimestre.

As entidades financeiras, previamente ou xunto á liquidación de subsidiación, remitiranlle ó Igape copias cotexadas cos orixinais, seladas e asinadas por ela, dos documentos que xustifiquen as disposicións e as paralelas cancelacións ou modificacións dos pasivos financeiros incluídos no plan de cancelación de pasivos ou que xustifiquen a disposición e o paralelo aboamento na conta específica de ampliación de capital da sociedade emisora, segundo o programa de que se trate, xunto co extracto da conta específica.

Así mesmo, nos casos de expedientes do programa de ampliación de capital, deberá remitir copia da escritura de ampliación de capital.

Os trimestres consideraranse de 90 días e tódolos meses de 30 días. O cómputo dos días para a liquidación realizarase desde a data de disposición, incluída esta.

Cláusula 11ª.-Pagamento da subsidiación.

O pagamento da subsidiación ós beneficiarios realizarase trimestralmente a través da entidade financeira.

As entidades financeiras solicitarán ó Igape o pagamento da subsidiación dentro dos 5 primeiros días do trimestre natural seguinte ó que corresponde a liquidación. Xuntarán á dita solicitude as liquidacións trimestrais en formato de listas ou relacións individualizadas dos préstamos ordenados alfabeticamente, separadas polos distintos programas, onde figuren os seguintes datos:

-Para o programa de investimentos: o capital vivo teórico na data de inicio do trimestre que se liquida; as variacións no capital vivo que se produciran ó longo do trimestre e a data na que se produciron

e, naqueles préstamos nos que se presentase nese trimestre certificación de xustificación de investimentos, o importe do préstamo disposto con dereito a subvención e a data valor; o tipo de xuro; os puntos obxecto de subsidiación e o importe da subvención que corresponde, certificando a autenticidade deses datos.

As liquidacións trimestrais, para este programa de investimentos, presentaranse en dous grupos diferenciados de préstamos:

1ª. Para aqueles préstamos excepcionais establecidos na cláusula 8ª.2, formalizados a máis de 7 anos, presentarase liquidación individualizada de cada un de eles.

2ª. A liquidación da subvención do resto dos préstamos efecturase do xeito xeral descrito anteriormente.

-Para os programas de reestructuración de pasivos e ampliación de capital: o capital vivo teórico na data de inicio do trimestre que se liquida; as variacións no capital vivo que se producisen ó longo do trimestre e a data na que se produciron e, naqueles préstamos nos que se presentase nese trimestre a xustificación das disposicións, o importe do préstamo con dereito a subvención e a data a partir da que se liquida a subvención; o tipo de xuro; os puntos obxecto de subsidiación e o importe da subvención que corresponda, certificando a autenticidade deses datos.

O beneficiario do préstamo subsidiado pagará ó seu vencemento o tipo de xuro total da operación, segundo o establecido na cláusula 8ª.3.2. deste convenio, debendo a entidade financeira aboa-la subsidiación ó beneficiario na mesma data valor na que o Igape a ingrese na dita entidade.

As liquidacións practicadas serán a conta e provisionais, en tanto o Igape non realice a oportuna comprobación, que poderá efectuarse durante o período de vixencia do préstamo. Nos casos de erros nas liquidacións de subsidiación, o Igape procederá á súa corrección podendo compensa-las cantidades indebidamente aboadas coas posteriores liquidacións de subsidiación.

Con independencia do sistema de pagamento da subsidiación establecido con anterioridade, e unha vez verificado por este instituto o cumprimento das finalidades para as que se concedeu a subsidiación, o Igape resérvase para si a facultade de pagar anticipadamente a subsidiación. O importe da liquidación anticipada destinarase á amortización do principal do préstamo. A entidade financeira aboará a subsidiación ó beneficiario na mesma data valor na que o Igape lle ingrese a cantidade, non podendo cobrar comisión por amortización anticipada. A entidade financeira deberá remitirlle ó Igape no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó aboamento da subsidiación o extracto da conta do préstamo onde figure o capital amortizado.

O importe da subvención anticipada será o valor actualizado ó tipo de xuro legal do diñeiro das cantidades que se devengarían en concepto de subvención durante o período non vencido, aplicando os puntos de subsidiación de acordo co establecido na cláusula 8ª.3.4 para o momento do cálculo.

Cláusula 12ª.-Proxectos e operacións especiais.

Dentro dos programas e fins recollidos no Decreto 309/1995, do 23 de novembro, na Orde do 18 de abril de 1996 e neste convenio, nos casos de proxectos e operacións que pola súa natureza e contía requiran prazos de realización, disposicións financeiras, sindicación de préstamos e outros que excedan os límites establecidos neste convenio, poderá establecerse un tratamento individualizado, no referente ó condicionado xeral.

Cláusula 13ª.-Perda da subvención.

1. No caso de reclamación xudicial por instancia da entidade financeira, por incumprimento do contrato de préstamo e, nos de suspensión de pagamentos ou quebra do beneficiario, perderase o dereito á subsidiación ó tipo de xuro desde a data de presentación da reclamación ou da aceptación das anteriores declaracións no xulgado. Igualmente perderase o dereito á subsidiación no caso de cesamento da actividade subvencionable desde a data da baixa.

2. Procederase ó reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e á esixencia de xuros de mora desde o devengo de calquera pagamento con cargo á subvención concedida nos seguintes casos:

a) Incumprimento da obriga de xustificación.

b) Obte-la subvención sen reuni-los requisitos requiridos para isto.

c) Incumpri-la finalidade para a que a subvención foi concedida.

d) Incumpri-las condicións impostas ó beneficiario con motivo da concesión da subvención.

Tratándose de condicións referentes á contía do investimento, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente ó investimento non practicado ou practicado indebidamente. Se o incumprimento superara o 50 por 100 do investimento a que se obrigase o beneficiario, poderá entenderse que o dito incumprimento é total, debendo reintegrarse tódalas cantidades percibidas.

Se o incumprimento derivara da inobservancia dalgunha outra condición o suposto distinto, o seu alcance será determinado en función do grao e da entidade da condición incumprida, sempre que quede salvagardado o plan de viabilidade que, se é o caso, se presentase.

A concorrencia de distintas causas de incumprimento dará lugar á súa apreciación conxunta.

As cantidades para reintegrar terán a consideración de ingresos de dereito público, sendo, se é o caso, de aplicación para o seu recobro a vía de constrinximento.

3. Así mesmo, o Igape poderá esixi-las correspondentes responsabilidades ás partes implicadas nos convenios de colaboración, no caso de actuación con neglixencia grave ou dolo, en detrimento do cumprimento das finalidades destas subvencións.

A entidade financeira queda obrigada a comunicarlle ó Igape a relación detallada das operacións obxecto de reclamación xudicial e as que incorran en quebra ou suspensión de pagamentos con indicación da data de presentación ou aceptación no xulgado.

Cláusula 14ª.-Compatibilidade.

Non poderán acollerse ás axudas establecidas neste convenio aqueles proxectos que se vaian financiar, en todo ou en parte, mediante créditos, préstamos ou contratos de leasing que teñan calquera tipo de subvención encamiñada a mellora-las condicións financeiras respecto ás normais do mercado.

A concesión das axudas deste convenio queda supeditada ó cumprimento da normativa vixente e, en especial, á da Unión Europea. Nos ditos termos serán compatibles con calquera outra axuda públicas pero en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán supera-los límites establecidos pola Unión Europea.

En todo caso serán de aplicación os límites de axudas previstos no artigo 7.2.a) do Decreto 309/1995, do 23 de novembro.

Para o cálculo da intensidade da axuda de subvención ó tipo de xuro procederase do seguinte xeito:

-Calcularanse en pesetas correntes (ou o seu contravalor en euros) os valores absolutos das subvencións que se van percibir.

-Actualizaranse, ó ano da concesión das axudas, os valores absolutos obtidos anteriormente, utilizando como taxa de actualización o tipo de xuro legal do diñeiro.

Cláusula 15ª.-Responsabilidade subsidiaria.

A entidade financeira que asina o presente convenio comprométese a responder subsiariamente co beneficiario da devolución e pagamento do importe das subvencións indebidamente percibidas, cando se cumpran os seguintes supostos:

a) Cando por neglixencia grave ou dolo da entidade financeira que asina este convenio se permitira dispoñer indebidamente dos fondos da conta restrinxida do préstamo, sen presentación por parte dos beneficiarios dos correspondentes xustificantes, ou ben estes se refiran de xeito claro e manifesto a bens substancialmente distintos ós incluídos no proxecto de investimento.

b) Que do uso indebido da conta se derivase un emprego de fondos distinto das finalidades previstas nestas axudas ás pequenas e medianas empresas, e iso dese lugar a unha resolución administrativa firme de obriga da devolución das subvencións indebidamente percibidas.

Non se considerarán nos supostos anteriores os simples erros materiais ou aritméticos nos que non interveña culpa nin dolo.

Cláusula 16ª.-Normas operativas.

As entidades financeiras asinantes comprométense a acatar e cumprir cantas normas de carácter operativo dicte o Igape para a mellor administración e control das operacións incluídas no convenio.

Cláusula 17ª.-Información e inspección.

O Igape por medio dos seus propios órganos, poderá solicitar das entidades financeiras aclaracións á documentación que deberán enviar unha vez realizada a disposición total do préstamo e que se sinala na cláusula 9º.5 e durante toda a vixencia do préstamo.

Igualmente poderá solicitar das SGR a remisión da documentación que acredite a execución do investimento, correspondente ós beneficiarios ós que prestase o seu aval.

O Igape poderá proceder á inspección directa dos investimentos que realicen os beneficiarios destas axudas.

Cláusula 18ª.-Denuncia do convenio.

Será causa suficiente para a denuncia do presente convenio o incumprimento por unha das partes de calquera das súas cláusulas.

A denuncia, que deberá facerse con 30 días de aviso previo, suporá en todo caso deixar atendidas fronte ós beneficiarios as obrigas xa legalmente contraídas polas dúas partes.

Cláusula 19ª.-Compromiso das entidades financeiras.

1. A entidade financeira que subscribe o presente convenio comprométese a concede-los préstamos nos termos e condicións establecidos neste convenio, no Decreto 309/1995, do 23 de novembro e Decreto 95/1999, do 8 de abril, que modifica o Decreto 309/1995, do 23 de novembro, na orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e na orde da Consellería de Economía e Facenda do 21 de abril de 1999 que modifca a do 18 de abril de 1996.

A entidade financeira, antes do 15 de setembro de 1999, enviará por escrito ó Igape, referido á data do último día hábil do mes de agosto, a relación de peticionarios, por cada un dos programas deste convenio ós que lles foron concedidos préstamos, engadindo, se é o caso, unha relación das solicitudes que estean en trámite. Na comunicación, para o caso das solicitudes aprobadas, deberá facerse consta-lo número de expediente e importe concedido. Unha relación similar deberá enviarse ó Igape antes do 20 de outubro de 1999 referida ó 15-10-1999.

2. A entidade asinante comprométese igualmente a non conceder sen a autorización do Igape préstamos acollidos ó presente convenio por unha contía supe

rior a .... millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros).

Así mesmo a entidade financeira asinante comprométese a respectar, segundo o establecido no artigo 11 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996, as proporcións fixadas no citado artigo do 40% (... millóns de pesetas, ou o seu contravalor en euros) para actividades subvencionables e do 60% (... millóns de pesetas, ou o seu contravalor en euros) para actividades, localización ou investimentos preferentes sobre o cupo asignado de ... millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros), conxuntamente para este convenio e para o convenio Igape-ICO-Entidades financeiras.

3. Por outra parte, a entidade asinante comprométese a cumpri-los prazos e as formalidades establecidas neste convenio respecto á tramitación dos expedientes de subsidiación e a manter ó dispor do Igape, durante o prazo legalmente establecido, a documentación sinalada, segundo o programa de que se trate, no derradeiro parágrafo das alíneas A)1), B)1), C)1.1) e C)2.1) da cláusula 9ª.1.

Cláusula 20ª.-Seguimento do convenio.

O seguimento do convenio realizarase a través dunha comisión de vixilancia e seguimento, integrada pola entidade financeira, a SGR e representantes do Igape que terán reunións con periodicidade trimestral ou ben convocando separadamente a cada unha de elas.

O Igape fará públicos os resultados do convenio de forma periódica.

Cláusula 21ª.-Publicidade.

As entidades financeiras asinantes comprométense a amosar, nas súas distintas sucursais, a publicidade facilitada polo Igape e a colaborar na correcta difusión desta liña de axudas.

Co obxecto de lograr maior coordinación, os proxectos e campañas publicitarias que, se é o caso, realicen as entidades financeiras sobre este convenio, deberán contar có visto e prace previo do Igape.

Cláusula 22ª.-Natureza.

O presente convenio ten natureza administrativa correspondendo ó Igape a interpretación do seu contido.

Cláusula adicional.

Aquelas solicitudes de préstamo subsidiado presentadas ó abeiro do programa de investimentos do presente convenio por se teren esgotado os fondos da liña Pemes 99 do ICO e que se atopen pendentes de resolución ou que, estando xa resoltas, non se formalizase o préstamo, poderán ser reconducidas ó Convenio Igape-ICO-Entidades financeiras sempre

que o ICO renove a liña Pemes para o ano 2000 e exista dotación orzamentaria suficiente.

Para iso, o interesado deberá solicita-lo a través da entidade financeira, quen remitirá a sua solicitude ó Igape xunto cunha nova comunicación de concesión de préstamo ó abeiro do convenio Igape-ICO-Entidades financeiras, adaptando as condicións financeiras ás da nova liña Pemes 2000 do ICO, no caso de que estas sufrisen variación.

O Igape resolvera as solicitudes así presentadas de acordo co convenio Igape-Entidades financeiras e, se é o caso, adaptara a resolución de concesión ás novas condicións financeiras de liña Pemes 2000 do ICO.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 1999.

Pola entidade financeiraPolo Igape

Asdo:...Asdo: José Antonio Orza Fernández

DNI:...Presidente do Igape

ANEXO II(continuación)

CONDICIÓNS QUE DEBEN CUMPRIR POLOS SOLICITANTES DE AXUDA FINANCEIRA PARA PROXECTOS DE INVESTIMENTO POR IMPORTE DE PRÉSTAMO SUPERIOR A 82 MILLÓNS DE PESETAS

A) A condición de beneficiario destas axudas só poderá adquirirse cando alomenos o 35% do cadro de persoal da empresa solicitante da axuda teña contratos por tempo indefinido.

Para as empresas de nova creación abondará o compromiso de acadar como mínimo o 35% de estabilidade laboral ó remate do prazo que se conceda para tal efecto.

As empresas xa existentes deberán comprometerse, igualmente, a acada-la mesma porcentaxe de estabilidade laboral respecto das novas contratacións que, se é o caso, se deriven do proxecto de investimento que se subvencione.

B) O cumprimento do requisito sinalado no punto anterior para ser beneficiario das axudas públicas non se esixirá en relación ós centros de traballo situadoss fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

O citado requisito tampouco se lles esixirá ás empresas con menos de dez traballadores. Neste caso, a porcentaxe de estabilidade mínima laboral esixida reducirase ó 33%.

De xeito excepcional e coa debida motivación, nos casos de estacionalidade da actividade ou de especiais dificultades dun sector ou dunha empresa concreta, a Comisión Delegada para Asuntos Económicos da Xunta de Galicia, poderá autoriza-la non esixencia da porcentaxe mínima de emprego estable para obte-la consideración de beneficiario da axuda, o que se porá en coñecemento da comisión de seguimento dos acordos dos apoios á promoción económica e fomento empresarial.

ANEXO III

CONCELLOS DAS PROVINCIAS DA CORUÑA E PONTEVEDRA NOS QUE EXISTE UN ABANDONO DE POBOACIÓN SUPERIOR A UN 15%

-Provincia da Coruña

Concellos:

Moeche

As Somozas

Monfero

Mesía

Sobrado

Val do Dubra

Toques

Cesuras

Paderne

Boqueixón

Mañón

Vilarmaior

Vilasantar

A Baña

Laxe

Ortigueira

A Capela

-Provincia de Pontevedra

Concellos:

Cotobade

A Lama

Vila de Cruces

A Estrada

Forcarei

Covelo

ANEXO IV

MODELO DE COMUNICACIÓN DA CONCESIÓN DO PRÉSTAMO

Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

Rfa.: Convenio Igape-Entidades financeiras-99.

r/ Frei Rosendo Salvado, 16 baixo.

Santiago de Compostela.

Estimados señores:

Estudiada a solicitude de préstamo presentada nesta entidade financeira, acollida ós beneficios regulados polo Decreto 309/1995, do 23 de novembro, o Decreto 95/1999, do 8 de abril, que modifica o Decreto 309/1995, do 23 de novembro, a orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e a orde da Consellería de Economía e Facenda do 21 de abril de 1999 que modifica a de 18 de abril de 1996, e acollida ó convenio

de colaboración arriba referenciado, comunicamos a vostedes que foi concedido o préstamo coas características que se detallan:

Beneficiario:

Código do programa: (/99)

Nº expediente

Data da solicitude na entidade financeira

Oficina

Importe

Prazo de vixencia

Período de carencia

Tipo de xuro

Amortización

Garantías (só se ten aval de SGR)

Xuntamos orixinal e 1ª copia do impreso de solicitude e a documentación completa esixida para o efecto. Así mesmo, comunicamos que con esta mesma data remitímo-la 2ª copia da solicitude e unha copia da documentación esixida ós servicios centrais da Consellería de ... Dirección Xeral de ...

Data e sinatura

ANEXO V

MODELO DE SOLICITUDE DE FORMALIZACIÓN PREVIA Á RESOLUCIÓN

En relación coa solicitude de axuda financeira formulada pola empresa ..., Nº Exp.: ...

* Presentada no Igape en data .../ .../ ..., rexistro de entrada nº ...

ou

* Que se presenta na data de hoxe,

de acordo co estipulado na cláusula 9ª.4 a) ou 9ª.4 c) (segundo se trate de préstamos acollidos ó programa de investimentos ou ampliación de capital) do convenio Igape-Entidades financeiras 99, comunícase a intención de formaliza-la dita operación previamente á resolución de concesión de subsidiación por parte deste instituto e respectando, en todo caso, as condicións e requisitos establecidos no convenio, tanto á hora da formalización, como na posterior disposición do préstamo e xustificación dos investimentos ou ampliación de capital, segundo o caso.

Así mesmo comunícase que, de acordo co establecido na mencionada cláusula, a operación non se formalizará mentres non se reciba a preceptiva autorización do Igape.

Data, sinatura e selo da entidade financeira.

Instituto Galego de Promoción Económica.

Relación de entidades financeiras colaboradoras

CaixasBancosSGR

Caixa GaliciaBanco AsturiasAfigal

Caixa OurenseBanco AtlánticoSogarpo

Caixa PontevedraBanco Bilbao Vizcaya

Caixa Rural de LugoBanco Santander Central Hispano

Caixa VigoBanco Comercio

Caja MadridBanco Español de Crédito

La CaixaBanco Espírito Santo

Caixa CatalunyaBanco Etchevarría

Caja EspañaArgentaria, C. Postal, B. Hipotecario

Banco de Galicia

Banco Gallego

Banco Herrero

Banco Mapfre

Banco Pastor

Banco Popular

Banco Simeón

Banco Urquijo

Banco Zaragozano

Bankinter

Deutsche Bank

Sodiga

B.N.P. España, S.A.

Barclays Bank, S.A.