Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 15 de xuño de 1999 Páx. 7.573

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 3 de xuño de 1999 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais anunciada por Orde do 22 de abril de 1999.

Convocada por Orde do 22 de abril de 1999 (DOG nº 86, do 6 de maio) a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da devandita lei. Esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 22 de abril de 1999 (DOG nº 86, do 6 de maio).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se relaciona no anexo desta orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente no prazo de dous

meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 1999.

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais

ANEXO I

NRP ou DNI: 3327356424A2053.

Apelidos e nome: Miñones Conde, María José.

Grupo: B.

Corpo/Escala: Xestión da Administración da Xunta de Galicia.

Código do posto: XUC040000215770030.

Denominación: Servicio de Seguridade e Hixiene.

Nivel: 28 A.

Dependencia: Dirección Xeral de Relacións Laborais.

Localidade: Santiago de Compostela.