Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 15 de xuño de 1999 Páx. 7.573

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 2 de xuño de 1999 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes na Consellería de Medio Ambiente.

De conformidade co disposto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas Leis 4/1991, do 8 de marzo, e 3/1995, do 10 de abril, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da referida lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer tódolos funcionarios/as que reúnan as condicións que para os respectivos postos de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente (rúa Basquiños nº 2, Santiago de Compostela), nas súas delegacións provinciais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario oficial de Galicia, segundo o modelo de solicitude que se inclúe no anexo II.

Cuarto.-Os/as aspirantes deberán xuntarlle á súa solicitude un currículun vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira en que se sinala no parágrafo anterior non serán tidos en conta.

Quinto.-Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Medio Ambiente. No caso de que resulte seleccionado

un funcionario con destino definitivo noutra Administración pública, requirirase informe favorable da Administración de orixe que, de non emitirse no prazo de 15 días, tal e como dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, se considerará favorable. Unha vez tramitado o seu traslado a esta Comunidade Autónoma, procederán á adxudicación do posto.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario oficial de Galicia, e poderá declararse deserta, de considerarse oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior radica na mesma localidade do novo, ou dun mes se radica en distinta localidade ou comporta o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá

efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde o día seguinte ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo.-Contra esta orde, que esgota á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante o xulgado contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 1999.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO I

CÓDIGODENOMINACIÓNCENTRO DIRECTIVOLOCALIDADECORPO/ESCALAGRUPONIVELC. DESTINOTIT. ACADÉM./

FORM. ESPEC.

MAC020000115770001SUBD. XERAL DE RECURSOS HUMANOS E COORD. ADMTVA.SECRETARÍA XERALSANTIAGO DE COMPOSTELAXERALA302316936Diploma directivo

MAC020000215770001SUBD. XERAL DE XESTIÓN ORZAMENT. E CONTRATACIÓNSECRETARÍA XERALSANTIAGO DE COMPOSTELAXERALA302316936Diploma directivo

MAC040000115770001SUBDIRECTOR XERAL DE AVALIACIÓN AMBIENTALD. X. CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTALSANTIAGO DE COMPOSTELAXERAL/ESPECIALA302316936Diploma directivo

MAC050000115770001XEFE DEPARTAMENTO EDUCACIÓN E INFORM. AMBIENTALCENTRO DE INFORMACIÓN E TECNOLOXÍA AMBIENTALSANTIAGO DE COMPOSTELAXE/ESP/DOCA302316936Diploma directivo

MAC050000215770001XEFE DEPARTAMENTO INVESTIG. E TÉCN. AMBIENTALCENTRO DE INFORMACIÓN E TECNOLOXÍA AMBIENTALSANTIAGO DE COMPOSTELAXE/ESP/DOCA302316936Diploma directivo

MAC020000015770050XEFE SERVICIO TÉCNICO XURÍDICOSECRETARÍA XERALSANTIAGO DE COMPOSTELAXERALA281703640Ldo. dereito

MAC020000115770005XEFE SERVICIO DE PERSOAL E COORD. ADMTVA.SECRETARÍA XERALSANTIAGO DE COMPOSTELAXERALAB281703640

MAC020000115770050XEFE SERVICIO DE INFORMÁTICASECRETARÍA XERALSANTIAGO DE COMPOSTELAXERAL

(ESC. INFORMÁTICA)

AB281703640

MAC020000215770005XEFE SERVICIO DE XESTIÓN ORZAMENT. E CONTRAT.SECRETARÍA XERALSANTIAGO DE COMPOSTELAXERALAB281703640

MAC030000115770021XEFE SERVIC. DE PRODUC. E INDUST. FORESTAISD. X. DE MONTES E M.A.N.SANTIAGO DE COMPOSTELAESPECIALAB281703640

MAC030000315770009XEFE SERVICIO DE CAZA E PESCA FLUVIALD. X. DE MONTES E M.A.N.SANTIAGO DE COMPOSTELAESPECIALAB281703640

MAC040000015770002XEFE ÁREA APOIO AUTORIDADE AMBIENTALD. X. CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTALSANTIAGO DE COMPOSTELAXERAL/ESPECIALAB281703640

MAC040000215770012XEFE SERVICIO DE CONTROL E XESTIÓN DE RESIDUOSD. X. CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTALSANTIAGO DE COMPOSTELAXERAL/ESPECIALAB281703640

MAC050000115770005XEFE ÁREA INFORMACIÓN, FORMACIÓN E EDUCACIÓNCENTRO DE INFORMACIÓN E TECNOLOXÍA AMBIENTALSANTIAGO DE COMPOSTELAXE/ESP/DOCAB281703640

MAC050000215770005XEFE ÁREA TÉCN. AMBIENTAL E APOIO TECNOLÓXICOCENTRO DE INFORMACIÓN E TECNOLOXÍA AMBIENTALSANTIAGO DE COMPOSTELAXERAL/ESPECIALAB281703640

MAC020000115770007XEFE SECCIÓN DE HABILITACIÓN DE PERSOALSECRETARÍA XERALSANTIAGO DE COMPOSTELAXERALABC251192548

MAC010000015770001SECRETARIO/A CONSELLEIROGABINETE CONSELLEIROSANTIAGO DE COMPOSTELAXERALCD20613320Mecanografía

MAC020000015770001SECRETARIO/A DO SECRETARIO XERALSECRETARÍA XERALSANTIAGO DE COMPOSTELAXERALCD18545160Mecanografía

MAC040000015770001SECRETARIO/A DO DIRECTOR XERALD. X. CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTALSANTIAGO DE COMPOSTELAXERALCD18545160Mecanografía

MAC050000015770001SECRETARIO/A DO DIRECTOR XERALCENTRO DE INFORMACIÓN E TECNOLOXÍA AMBIENTALSANTIAGO DE COMPOSTELAXERALCD18545160Mecanografía

MAC050030115001001DIRECTOR COORDINADOR LABORATORIOSCENTRO DE INFORMACIÓN E TECNOLOXÍA AMBIENTALA CORUÑAXERAL/ESPECIALAB281703640

MAC991000015001080SECRETARIO/A PROVINCIALSERVICIOS PERIFÉRICOSA CORUÑAXERALAB281703640

MAC991000015001110XEFE DE SERVICIO TÉCNICO XURÍDICOSERVICIOS PERIFÉRICOSA CORUÑAXERALA281431060Ldo. dereito

MAC991040115001001XEFE SERVICIO CONSERVACIÓN DO LITORALSERVICIOS PERIFÉRICOSA CORUÑAXERAL/ESPECIALAB281431060

MAC991000015001088XEFE NEGOCIADO HABILITACIÓNSERVICIOS PERIFÉRICOSA CORUÑAXERALBCD18545160

MAC991000015001001SECRETARIO/A DELEGADOSERVICIOS PERIFÉRICOSA CORUÑAXERALCD16511116Mecanografía

MAC991000027001080SECRETARIO/A PROVINCIALSERVICIOS PERIFÉRICOSLUGOXERALAB281703640

MAC991000027001110XEFE DE SERVICIO TÉCNICO XURÍDICOSERVICIOS PERIFÉRICOSLUGOXERALA281431060Ldo. dereito

MAC991040127001001XEFE SERVICIO CONSERVACIÓN DO LITORALSERVICIOS PERIFÉRICOSLUGOXERAL/ESPECIALAB281431060

MAC991000027001090XEFE NEGOCIADO HABILITACIÓNSERVICIOS PERIFÉRICOSLUGOXERALBCD18545160

MAC991000027001001SECRETARIO/A DELEGADOSERVICIOS PERIFÉRICOSLUGOXERALCD16511116Mecanografía

MAC991000032001070SECRETARIO/A PROVINCIALSERVICIOS PERIFÉRICOSOURENSEXERALAB281703640

MAC991000032001130XEFE SERVICIO TÉCNICO XURÍDICOSERVICIOS PERIFÉRICOSOURENSEXERALA281431060Ldo. dereito

MAC991000032001074XEFE NEGOCIADO HABILITACIÓNSERVICIOS PERIFÉRICOSOURENSEXERALBCD18545160

MAC991000032001001SECRETARIO/A DELEGADOSERVICIOS PERIFÉRICOSOURENSEXERALCD16511116Mecanografía

MAC991000036001079SECRETARIO/A PROVINCIALSERVICIOS PERIFÉRICOSPONTEVEDRAXERALAB281703640

MAC991000036001120XEFE SERVICIO TÉCNICO XURÍDICOSERVICIOS PERIFÉRICOSPONTEVEDRAXERALA281431060Ldo. dereito

MAC991000036001088XEFE NEGOCIADO HABILITACIÓNSERVICIOS PERIFÉRICOSPONTEVEDRAXERALBCD18545160

MAC991000036001001SECRETARIO/A DELEGADOSERVICIOS PERIFÉRICOSPONTEVEDRAXERALCD16511116Mecanografía