Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 09 de xuño de 1999 Páx. 7.262

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 10 de maio de 1999, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador secretaría 175/1998 por infraccións en materia sanitaria.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona no anexo, cos datos e derradeiro enderezo coñecido, a resolución do expediente sancionador Secretaría 175/1998 por infraccións en materia sanitaria, iniciado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña.

Fáiselle saber que, de acordo co título VII, capítulo II, sección 2ª, artigos 114 a 117, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispón do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación, para presentar recurso ordinario ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

En caso de conformidade coa sanción deberá facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións do Servicio Galego de Saúde número 001-014017-2 do Banco Bilbao Vizcaia, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste e sirva de notificación ó interesado, expido, asino e selo esta cédula, en Santiago de Compostela, 10 de maio de 1999.

Pilar Farjas Abadía

Directora xeral de Saúde Pública

ANEXO

Expediente: Secretaría 175/1998.

Denunciado: Hosteline, S.L. (Pizza Yet)

Último enderezo coñecido: Área Central. Polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela.

Feito denunciado: infracción en matería sanitaria, deficiencias nas temperaturas de conservación, deficiencias no estado de limpeza e control de insectos.

Precepto infrinxido: R.D. 2817/1083, do 13 de outubro, R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, R.D. 157/1985, do 11 de xullo.

Precepto sancionador: Lei 14/1986 (xeral de Sanidade).

Sanción imposta: 400.000 ptas.