Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 09 de xuño de 1999 Páx. 7.262

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 1999 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite urxente, das seguintes contratacións: adquisición dunha máquina reintegradora de papel automática para o Arquivo Histórico Provincial de Lugo; traballos de restauración das pinturas murais romanas da escavación arqueolóxica CAM 98 en Cambre (A Coruña).

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite de urxencia, das seguintes contratacións:

1. Subministración: adquisición dunha máquina reintegradora de papel automática para o Arquivo Histórico Provincial de Lugo.

-Orzamento de licitación: dous millóns novecentas mil pesetas (2.900.000 ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución: sete (7) días.

-Garantía provisional: dispensada.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

2. Servicio: traballos de restauración das pinturas murais romanas da escavación arqueolóxica CAM 98 en Cambre (A Coruña).

-Orzamento de licitación: dous millóns catrocentas noventa mil pesetas (2.490.000 ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución: tres (3) meses.

-Garantía provisional: dispensada.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

-Exposición da documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, das 10 ás 14 horas, e no teléfono: 981 58 89 38.

-Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares. Os licitadores que se presenten a máis dunha contratación deberán presentar toda a documentación para cada un dos contratos.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

-O importe do anuncio deste concurso será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 1999.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo