Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 09 de xuño de 1999 Páx. 7.261

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación dos procedementos sancionadores de epizootias 133SA/1999 e 149SA/1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de inciación dos procedementos sancionadores por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo R.D. 1665/1976, do 7 de maio, (BOE do 21 de xuño), polo que se actualizan as sancións posto que, intentada a notificación, esta non puido ser efectuada polo servicio de correos.

Noméase instructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, citada.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta

notificación, para que poidan examina-los expedientes na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, e para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas estimen convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin o expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 12 de maio de 1999.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 133SA/1999.

Denunciado: Souto Vázquez, Manuel.

DNI: 32.765.763 D.

Último enderezo coñecido: Pedro Monteagudo, 3 Arteixo (A Coruña).

Feitos denunciados: transportar no vehículo Renault 21, matrícula C-4629-AM, tres animais porcinos, carecendo do certificado de inscrición do vehículo para transportar animais vivos no Servicio de Sanidade Animal e Vexetal desta consellería, e tamén da declaración escrita de limpeza e desinfección do vehículo.

Tipificación de la infracción Regulamento de epizootias: 52.4º do Regulamento epizootias, 5.2º da Orde 4-4-1997, en relación co 224 do mesmo regulamento e Art. 169 do Regulamento epizootías Art. 12 do Decreto 355/1994 en relación co 217.3º do mesmo regulamento.

Sanción: 20.000 ptas.

Expediente: 149SA/1999.

Denunciado: Fariña González, Manuel.

DNI: 76.306.497.

Último enderezo coñecido: Martinete nº 122 A Coruña.

Feitos denunciados: transportar no remolque do vehículo matrícula C-3118-AZ, cinco animais porcinos, carecendo do certificado de inscrición do remolque-vehículo para transportar animais vivos no Servicio de Sanidade Animal e Vexetal desta consellería.

Tipificación de la infracción Regulamento de epizootias: 52.4º do regulamento de epizootías, Art. 5.2º da Orde 4-4-1997 en relación co 224 do mesmo regulamento.

Sanción: 15.000 ptas.