Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 09 de xuño de 1999 Páx. 7.260

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de epizootias 194SA/1998.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador por infracción á Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE do 23 de decembro), e mais do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado entre outros, polo R.D. 1665/1976, do 7 de maio (BOE do 21 de xuño), polo que se actualizan as sancións, posto que intentada a notificación, esta non puido ser efectuada polo servicio de correos.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-166/2 da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña, O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación. Para efectualo deberá emprega-lo impreso normalizado que lle será facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novrmbro, de réxime xurídico das adminis

tracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 12 de maio de 1999.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo.

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 194SA/1998.

Denunciado: López Iglesias, Manuel.

DNI: 76.617.143.

Último enderezo coñecido: r/ Doutor Fléming nº 1-4º Esqu. Chantada (Lugo).

Feitos denunciados: transportar un animal bovino, procedente do mercado de Santiago de Compostela, carecendo da declaración escrita de limpeza e desinfección do vehículo.

Tipificación de la infracción regulamento de epizootías: 12 do Decreto 355/1994, 169 do regulamento de epizootías, en relación co 213 do mesmo regulamento.

Sanción: 15.000 ptas.