Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 09 de xuño de 1999 Páx. 7.260

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se acorda dar publicidade ó acordo do 3-12-1998, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración do impacto ambiental do proxecto de explotación de granito para áridos da concesión directa de explotación denominada Lantañón, 2202.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro) de avaliación do impacto ambiental para Galicia, a delegada provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra

RESOLVE:

Dar publicidade, mediante a presente publicación, ó acordo do 3-12-1998, da Dirección Xeral de Cali

dade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración do impacto ambiental do proxecto de explotación de granito para áridos da concesión directa de explotación Lantañón nº 2202, sita en terreos dos termos municipais de Meis, Portas e Vilanova de Arousa, provincia de Pontevedra, promovido por Hormigones Luz, S.L.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, a unha superficie de 8,34 ha comprendida dentro do espacio solicitado para a concesión mineira de 6 cuadrículas mineiras, delimitado polos paralelos 42º 34' 00'', 42º 33' 00'' norte, e polos meridianos 8º 41' 40'', 8º 41' 00'' oeste, e foi incorporada ó expediente da concesión Lantañón nº 2202, encontrándose á disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.

Pontevedra, 7 de maio de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra