Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 09 de xuño de 1999 Páx. 7.260

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación Coto Agudo, nos concellos de Soutomaior, Ponte-Caldelas e Pontevedra, da provincia de Pontevedra, por parte de Granitos Porrisal, S.L.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que Granitos Porrisal, S.L., con domicilio en Mosteiro, Budiño, O Porriño, presentou nesta delegación provincial, o día 19 de novembro de 1998, instancia-solicitude do permiso de investigación Coto Agudo, de 5 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Soutomaior, Ponte Caldelas e Pontevedra, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2794, da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vertice 18º 34' 20''42º 22' 40''

Vertice 28º 33' 40''42º 22' 40''

Vertice 38º 33' 40''42º 22' 20''

Vertice 48º 34' 00''42º 22' 20''

Vertice 58º 34' 00''42º 22' 00''

Vertice 68º 33' 40''42º 22' 00''

Vertice 78º 33' 40''42º 21' 40''

Vertice 88º 34' 20''42º 21' 40''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 7 de maio de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra