Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 09 de xuño de 1999 Páx. 7.263

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 3 de maio de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Mónica.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome do viveiro: Mónica.

Cultivo: mexillón (M. galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 188 Cambados C.

Data da concesión: 24-6-1994.

Data do remate da última prórroga: 13-9-2004.

Anteriores concesionarios: Suárez Figueiras, Juana Mª (35.397.845) e Paz Rial, Ramón (35.389.290).

Novos titulares da concesión: Paz Suárez, Juana Mª (35.426.537); García Moure, Rosa Mª (35.453.977); Suárez Cores, Mª Dolores (35.432.679) e Paz Suárez, Elisardo (35.450.230).

Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 3 de maio de 1999.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG 134/10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo