Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 01 de xuño de 1999 Páx. 6.691

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 31 de marzo de 1999 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 18 de marzo de 1999, no que se lle dá aplicación á previsión do artigo 103 da Lei 11/1992, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, respecto do control financeiro.

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no DOG nº 82, do 30 de abril de 1999, é necesario facer as seguintes correccións:

Na páxina 5.163, columna esquerda, último parágrafo, onde di: «2. Non serán obxecto de comunicación preceptiva aqueles contratos de obras, subministracións, asistencia técnica e patrimoniais sempre que pola súa contía non poidan ser considerados como gasto menor, tal como os define o artigo 7 da Lei 7/1998, de medidas tributarias de réxime orzamentario, función pública e xestión, e as sucesivas que anualmente se publiquen».

Debe dicir: «2. Non serán obxecto de comunicación preceptiva aqueles contratos de obras, subministracións, asistencia técnica e patrimoniais sempre que pola súa contía poidan ser considerados como gasto menor, tal como os define o artigo 7 da Lei 7/1998 de medidas tributarias, de réxime orzamentario, función pública e xestión, e as sucesivas que anualmente se publiquen».

Na mesma páxina, columna dereita, onde di: «b) Contratos de persoal. Verificarase a existencia dos correspondentes informes favorables da Dirección Xeral da Función Pública e da Dirección Xeral de Presupostos».

Debe dicir: «b) Contratos de persoal. Verificarase, nos casos que proceda, a existencia dos correspondentes informes favorables da Dirección Xeral da Función Pública e da Dirección Xeral de Presupostos».

Na páxina 5.164, columna esquerda, onde di: «3. Como resultado do control posterior, a Intervención Xeral emitirá un informe que se remitirá ó consello de administración das sociedades públicas ou, de se-lo caso, ó órgano rector das fundacións públicas, e á consellería á que estean adscritas ou das cales o seu protectorado exerza e dea conta das actuacións realizadas ó conselleiro de Economía e Facenda».

Debe dicir: «3. Como resultado do control posterior, a Intervención Xeral emitirá un informe que se remitirá ó consello de administración das sociedades públicas ou, de se-lo caso, ó órgano rector das fundacións públicas, e á consellería á que estean adscritas ou das cales o seu protectorado exerza e dará conta das actuacións realizadas ó conselleiro de Economía e Facenda».