Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 01 de xuño de 1999 Páx. 6.691

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 31 de marzo de 1999 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 18 de marzo de 1999, no que se lle dá aplicación á previsión do artigo 97 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, respecto do exercicio da fiscalización limitada previa.

Advertidos erroos na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 82, do 30 de abril de 1999, cómpre efectua-las seguintes correccións:

-Na páxina 5.157, no apartado sétimo, punto 1 B) b), onde di: «Cando o empresario proposto como adxudicatario non puidese presentar na licitación a certificación de estar ó día das súas obrigas tributarias coa Seguridade Social...», debe dicir: «Cando o empresario proposto como adxudicatario non puidese presentar na licitación a certificación de estar ó día das súas obrigas tributarias, coa Seguridade Social...».

-Na páxina 5.158, no apartado oitavo, punto 1.1 B) b), onde di: «Cando o empresario proposto como adxudicatario non puidese presentar na licitación a certificación de estar ó día das súas obrigas tributarias coa Seguridade Social...», debe dicir: «Cando o empresario proposto como adxudicatario non puidese presentar na licitación a certificación de estar ó día das súas obrigas tributarias, coa Seguridade Social...».

-Na páxina 5.159, apartado noveno, punto 1.B) b), onde di: «Cando o empresario proposto como adxudicatario non puidese presentar na licitación a certificación de estar ó día das súas obrigas tributarias coa Seguridade Social...», debe dicir: «Cando o empresario proposto como adxudicatario non puidese presentar na licitación a certificación de estar ó día das súas obrigas tributarias, coa Seguridade Social...».

-Na páxina 5.160, no apartado décimo, punto 3, onde di: «A) Proposta de adquisición e autorización do gasto», debe dicir: «Proposta de adquisición e autorización do gasto».

Na mesma páxina, no apartado décimo, punto 4, onde di: «Proposta de arrendamento e autorización do gasto:...», debe dicir: «A) Proposta de arrendamento e autorización do gasto:...» e onde di: «B) Recoñecemento da obriga. Iguais requisitos que os esixidos pola Administración...», debe dicir: «B) Recoñecemento da obriga. Iguais requisitos que os esixidos para a Administración...».

-Na páxina 5.161, no punto 1.3 do apartado décimo primeiro, onde di: «a) Nos expedientes que conteñan obrigas de gasto...», debe dicir: «Nos expedientes que conteñan obrigas de gasto...».