Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 01 de xuño de 1999 Páx. 6.626

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 1999 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 14 de maio de 1999, polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente.

O Decreto 347/1997, do 9 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Xunta de Galicia, no seu artigo único crea a Consellería de Medio Ambiente. O Decreto 351/1997, do 10 de decembro, no artigo 12 fixa a estructura orgánica superior desta nova consellería, posteriormente desenvolvida polo Decreto 482/1997, do 30 de decembro, e modificada polo Decreto 122/1999, do 23 de abril.

Todo isto fai necesario aproba-la correspondente relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Medio Ambiente, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día catorce de maio de mil novecentos noventa e nove, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Aproba-la relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente, nos termos que se sinalan nos anexos a este acordo.

Segundo.-Ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Terceiro.-Clasificar como postos de libre designación, de acordo coas motivacións que se especifican, os seguintes:

CódigoDenominación Motivación

MA.C01.00000.15770.001

MA.C02.00000.15770.001

MA.C03.00000.15770.001

MA.C04.00000.15770.001

MA.C05.00000.15770.001

MA.C99.10000.15001.001

MA.C99.10000.27001.001

MA.C99.10000.32001.001

MA.C99.00000.36001.001

Secretario/a conselleiro

Secretario/a do secretario xeral

Secretario/a do director xeral

Secretario/a do director xeral

Secretario/a do director xeral

Secretario/a delegado

Secretario/a delegado

Secretario/a delegado

Secretario/a delegado

Artigo 6 da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 21 de novembro de 1989 (DOG nº 232, do 4 de decembro).

Postos de confianza.

MA.C02.00001.15770.007

MA.C02.00002.15770.017

MA.C99.10000.15001.088

MA.C99.10000.27001.090

MA.C99.10000.32001.074

MA.C99.10000.36001.088

Xefe Sección de Habilitación de Persoal

Xefe Sección Habilitación

Xefe Negociado Habilitación

Xefe Negociado Habilitación

Xefe Negociado Habilitación

Xefe Negociado Habilitación

Postos de especial responsabilidade polo manexo de fondos públicos.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do catorce de maio de mil novecentos noventa e nove, relativo á aprobación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública