Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 01 de xuño de 1999 Páx. 6.692

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de abril de 1999 pola que se fan públicas as vacantes definitivas dos corpos de profesores que imparten ensino secundario, formación profesional, ensinanzas artísticas e idiomas para o curso 1999-2000.

No punto cuarto da Orde do 28 de outubro de 1998 establecíase que as administracións educativas determinarían as vacantes provisionais e definitivas para ofertar nos concursos de traslados de provisión de prazas docentes.

Publicadas as vacantes provisionais por Orde do 3 de marzo de 1999 e vistas as alegacións efectuadas a estas, procede agora darlles publicidade ás vacantes definitivas que serán obxecto de provisión nos concursos de traslados convocados pola Orde do 6 de novembro de 1998.

Na súa virtude, esta consellería

DISPÓN:

Único.-Elevar a definitivas as vacantes provisionais publicadas pola Orde do 3 de marzo de 1999, coas modificacións que se relacionan no anexo.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Modificacións prazas concurso traslados

Corpo de profesores de ensino secundario.

Suprímense as seguintes prazas:

-No IES de Arzúa-A Coruña, código 15027733C, 1 praza de tecnoloxía, código 019.

-No IES Francisco Aguiar-Betanzos-A Coruña, código 15001136C, 1 praza de física e química, código 007.

-No IES de Guitiriz-Lugo, 27016200C, 1 praza de organización e proxectos de fabricación mecánica, código 112.

-No IES nº 1 de Ribadeo-Lugo, 27010933C, 1 praza de educación física, código 017.

-No IES Porta da Auga-Ribadeo-Lugo, código 27010945C, 1 praza de latín, código 003 e 1 praza de administración de empresas, código (101).

-No IES San Mamede-Maceda-Ourense, código 32016431C, 1 praza de filosofía, código 001.

-No IES nº 2 de Ourense, 32016765C, 1 praza de administración de empresas, código 101.

-No IES Ribeira do Louro-Porriño, O-Pontevedra, código 36019529C, 1 praza de administración de empresas, código 101.

-No IES de creación programada-Vigo-Pontevedra, código 36910218C, 1 praza de psicoloxía e pedagoxía, código 018.

Engádense as seguintes prazas:

-No IES nº 2 de Ourense, 32016765C, 1 praza de organización e xestión comercial, código 110.

-No IES nº 1 de Ponteareas-Pontevedra, código 36013692C, 1 praza de inglés, código 011.

-No IES A Xunqueira I-Pontevedra, código 36013761C, 1 praza de intervención sociocomunitaria, código 108.

Corpo de profesores técnicos de formación profesional:

Suprímense as seguintes prazas:

-No IES Fernando Blanco de Cee-A Coruña, 15003224C, 1 praza de procesos de xestión administrativa, código 222.

-No IES nº 1 de Ourense, 32009131C, 1 praza de equipos electrónicos, código 202.

Engádese a seguinte praza:

-No IES nº 1 de Lugo, 27006516C, 1 praza de oficina de proxectos de construcción, código 212.