Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 01 de xuño de 1999 Páx. 6.692

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 3 de maio de 1999 pola que se fai pública a validación de cursos de especialización en lingua galega.

A Orde do 26 de novembro de 1993 (Diario Oficial de Galicia do 23-2-1993), no seu artigo 2º, establece que se lles validará o curso de especialización en lingua galega ós licenciados en filoloxía e ós diplomados en EXB polas escolas universitarias de formación do profesorado de EXB, que posúan os certificados do ciclo elemental e do ciclo superior de galego das escolas oficiais de idiomas.

Por iso,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Concedérlle-la validación do curso de especialización en lingua galega ás seguintes persoas, as cales reúnen os requisitos establecidos no artigo 2 da Orde do 22 de novembro de 1993:

Mª Concepción Carballo Carballa.

Ana Mª Carballo Carballa.

Mª Paz Yolanda Otero Díaz.

Asunción Mª Rivas Montero.

Mª Isabel Gavieiro Gavieiro.

Ana Mª Calvo Mariño.

Mª Pilar Elisa Rebolo Sánchez.

Mª Olga Álvarez Rodríguez.

Artigo 2º

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria expedirálle-los correspondentes diplomas.

Disposición derradeira

Facúltase a Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria