Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 01 de xuño de 1999 Páx. 6.693

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de maio de 1999 pola que se autoriza o cambio de denominación do centro público integrado do Forte-Boqueixón (A Coruña).

Tendo en conta o punto 2º, artigo 1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro, polo que se implantan e regulan os centros públicos integrados de ensinanzas non universitarias (DOG nº 16 do 26-1-1999), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Boqueixón.

Localidade: Boqueixón.

Código do centro: 15001665.

Denominación: centro público integrado do Forte-Boqueixón.

Nova denominación: centro público integrado Antonio Orza Couto.