Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Venres, 28 de maio de 1999 Páx. 6.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación de expediente sancionador P-3/99 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles, ás persoas que no anexo se mencionan a incoación de expediente sancionador por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Que así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mercedes Valdés Rodríguez.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no Art. 28 da citada lei.

Para efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, presentar documentos ou achega-las probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse

os supostos previstos no Art. 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE 9-8-93).

Pontevedra, 30 de abril de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 3/99.

Denunciante: Jesús García Farrapeira, enderezo r/ Alegres-O Porriño.

Feitos denunciados: pescar en época de veda e dentro dos límites dun couto sen permiso. Feitos acontecidos ás 16 horas do día 20 de xaneiro de 1999, no río Tea, ó seu paso por Ribadetea, no concello de Ponteareas.

Data do acordo da incoación: 7-4-1999.

Precepto infrinxido: 34.8º e 34.10º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 500.001 ptas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca durante 1 ano, quedando obrigado a entregala no prazo dun mes no Servicio de MAN, contado desde que a sanción sexa firme.