Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Venres, 28 de maio de 1999 Páx. 6.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1999 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a contratación da subministración que ten por obxecto a adquisición dun servidor de aplicacións.

Obxecto: adquisición polo IGVS do material informático que se especifica no correspondente prego de prescricións técnicas.

Orzamento: oito millóns setecentas mil (8.700.000) pesetas, IVE incluído.

Prazo de entrega: un (1) mes.

Garantía provisional: cento setenta e catro mil (174.000) pesetas.

Garantía definitiva: trescentas corenta e oito mil (348.000) pesetas.

Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán nesta contratación, estarán á disposición dos interesados, nos días e horas hábiles, no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (Polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela).

Presentación de proposicións: as proposicións, que se axustarán ó modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particu

lares, presentaranse no antedito rexistro, antes das 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo o prazo para a presentación de propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, ás dez (10) horas do décimo primeiro (11) día natural contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado, a mesa reunirase o luns seguinte á mesma hora. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama ou fax (nº 981 54 19 02) no mesmo día.

Anuncio: o importe deste anuncio será aboado polo adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 1999.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo