De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados resolución de pleno dereito do contrato de arrendamento da súa vivenda.
Contra a devandita resolución e de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, poderase interpoñer recurso ordinario no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 30 de abril de 1999.
José Manuel Iglesias Carrera
Delegado provincial de Pontevedra
ANEXO
Expte. desafuizamento: P-071/97.
Expte. admvo.: PO-83/530.
Conta: 37.
Último enderezo coñecido: rúa da Pega, Blq. 2, 5º A (Vigo).
Data da resolución: 30 de abril de 1999.