Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Venres, 28 de maio de 1999 Páx. 6.527

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público e trámite de urxencia, para a realización de obras de ampliación dunha planta na sede dos xulgados de Santiago de Compostela.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Conselleria de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 99/13/1063

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de ampliación dunha planta na sede dos xulgados de Santiago de Compostela

b) Lugar de execución: na sede dos xulgados de Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución: 9 meses contados a partir da data da sinatura da acta de comprobación do replanteo.

3. Procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: 138.691.592 ptas., IVE incluído, segundo a seguinte desagregación:

5. Garantías.

a) Provisional: dispensada.

b) Definitiva: 5.547.664 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) O prego de cláusulas administrativas e o proxecto estarán a disposición dos interesados para o seu exame na Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Control Orzamentario), sita no complexo administrativode San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta, Santiago de Compostela, 15771.

As copias da documentación e o proxecto poderán solicitarse en Tórculo Artes Gráficas, S.L. r/ Rosalía de Castro, 51- baixo, Santiago de Compostela (15703), teléfono: 981 59 78 55, mediante o aboamento do seu importe.

b) Data límite para obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación das ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación:

-Grupo C.

-Categoría: e.

-Subgrupo: todos.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite da presentación: o prazo comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o décimo terceiro día natural, ás 14 horas, agás que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior y Relacións Laborais.

2ª Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados a partir da data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sala de xuntas.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da consellería, ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 1999.

María José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais