Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 21 de maio de 1999 Páx. 6.165

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (115/1998-10).

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 115/1998-10 por instancia de axentes da policía nacional 41559 e 61679 contra Blanca Otero Varela e Arturo Vázquez Rodríguez, nas actuacións do cal se dictou sentencia co encabezamento e a parte dispositiva seguinte:

Sentencia no nome de El-Rei en Santiago de Compostela o 10 de decembro de 1998.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade, dictou esta resolución no xuízo de faltas seguido perante este xulgado coa referencia número 115/1998 no que actuaron como partes, como denunciantes, os policías nacionais con número 41559 e 61679, e como denunciados Arturo Vázquez Rodríguez e Blanca Otero Varela.

Foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo condenar e condeno a Arturo Vázquez Rodríguez e a Blanca Otero Varela como autores de cadansúa falta do artigo 634, á pena de 30 días con cota diaria de 200 pesetas a cada un deles, así como ás custas procesuais.

A pena deberá pagarse unha vez asine esta resolución e, de non se facer así nin se cobrar pola vía de constrinximento, cumprirá o condenado a pena privativa de liberdade prevista no artigo 53 do Código Penal en centro penitenciario.

Contra esta sentencia poderán interpoñe-los interesados recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial no prazo de 5 días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal en que se basee a impugnación, e fixarase domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción das normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas, expresaranse as razóns da indefensión. Así mesmo, deberase acredita-lo feito de se pedi-la emenda da falta ou infracción na primeira instancia, agás no caso de que se cometesen nun momento en que fose xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización poderá o recorrente pedi-la práctica de probas que non puido propoñer en primeira instancia, das probas propostas que lle foron indebidamente denegadas,

sempre que formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non foron practicadas por causas que non se lle sexan imputables, expoñendo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa.

Lévese testemuño literal ós autos da súa razón e quede o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.

E para que conste e lle sirva de notificación a Blanca Otero Varela, expido e asino en Santiago de Compostela o dezaseis de abril de mil novecentos noventa e nove.

Rubricado