Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 21 de maio de 1999 Páx. 6.166

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (1/1999).

En providencia da data, dictada polo maxistrado xuíz deste xulgado, no xuízo verbal de faltas número 1/1999, que se seguen por furto, cítase a Ángel Manuel Busto Casais para que o próximo día vinteoito de maio ás 11.15 horas, compareza na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena, s/n,

polígono das Fontiñas desta cidade, co obxecto de asistir á celebración do dito xuízo, en calidade de denunciado, baixo apercibimento de que se non o verifica nin alega xusta causa para deixar de facelo, poderá ser multado de acordo coa lei e recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito, podendo se é parte, ser asistido por avogado e debendo acudir ó xuízo coas probas de que intente valerse. E para que así conste e lle sirva de citación en forma a Ángel Manuel Busto Casais, en paradoiro descoñecido.

Expido esta cédula en Santiago de Compostela o 29 de abril de 1999.

A secretaria

Rubricado