Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 21 de maio de 1999 Páx. 6.165

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CORCUBIÓN

EDICTO (55/1999).

No Xulgado de Primeira Instancia número dous dos de Corcubión e o seu partido, e promovido por Ubaldo Manuel Lema Mourelle, séguese expediente número 55/1999 para a declaración de falecemento de Manuel Mourelle Sánchez e Jacobo Mourelle Sánchez, nados o día 6 de setembro de 1906 e o 1 de febreiro de 1908 respectivamente, fillos de Alfonso Mourelle Tomé e María Josefa Sánchez Pulleiro e con último domicilio coñecido en Zas; desapareceron o ano 1925 cando emprenderon viaxe a América, sen que desde entón se tivesen noticias deles. Se vivisen neste ano terían 93 e 91 anos respectivamente.

Para a súa inserción no BOE, expido este edicto en Corcubión o 31 de marzo de 1999.

Rubricado