Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 21 de maio de 1999 Páx. 6.126

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 1999 pola que se fai pública a addenda ós convenios de apoio financeiro ó sector productivo agrario dos anos 1985, 1986, 1987, 1988, 1989, 1990 e 1991, subscritos entre a Consellería de Economía e Facenda e as entidades financeiras.

Con data do 30 de marzo de 1999, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e 14 entidades financeiras asinaron unha addenda ós convenios de apoio financeiro ó sector productivo agrario dos anos 1985, 1986, 1987, 1988, 1989, 1990 e 1991, co obxecto de adaptalos ás previsións establecidas na orde da Consellería de Economía e Facenda do 29 de marzo de 1999 (DOG nº 69, do 13 de abril de 1999) pola que se autoriza o Igape a establece-lo tipo de xuro nominal aplicable para o ano 1999 ós préstamos en vigor con subsidiación ó tipo de xuro formalizados ó abeiro da normativa de apoio financeiro ó sector productivo agrario, así como a anticipa-lo pagamento da subvención correspondente ó período non vencido.

En virtude do exposto, de conformidade coa Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Igape e o seu regulamento, aprobado por Decreto 317/1992, do 12 de novembro, e en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

En cumprimento do disposto no artigo 78 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, e co obxecto de darlle unha adecuada difusión, faise público o texto da addenda ós convenios de apoio financeiro ó sector productivo agrario dos anos 1985, 1986, 1987, 1988,

1989, 1990 e 1991, subscritos entre a Consellería de Economía e Facenda e as entidades financeiras, que figura como anexo I, e relación de entidades financeiras que a subscribiron, que figura como anexo II.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 1999.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instiuto Galego de Promoción

Económica

ANEXO I

ADDENDA ÓS CONVENIOS DE APOIO FINANCEIRO Ó SECTOR PRODUCTIVO AGRARIO DOS ANOS 1985, 1986, 1987, 1988, 1989, 1990 E 1991, SUBSCRITOS ENTRE A CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA E AS ENTIDADES FINANCEIRAS, POLA QUE SE FIXA O TIPO DE XURO NOMINAL APLICABLE PARA O ANO 1999 E O PROCEDEMENTO PARA O PAGAMENTO ANTICIPADO DA SUBVENCIÓN CORRESPONDENTE Ó PERÍODO NON VENCIDO

Durante o período 1985 a 1991, a Xunta de Galicia, en cumprimento da súa política de apoio ó sector productivo agrario, veu regulando mediante distintas normas sucesivas, o establecemento de subvencións a través da subsidiación ó tipo de xuro de operacións de préstamo concertadas con entidades financeiras. En aplicación de tal normativa, viñéronse concertando anualmente convenios de colaboración entre a Xunta de Galicia e diversas entidades financeiras para posibilita-lo réxime de subvencións legalmente previsto, convenios ó abeiro dos que se instrumentou un importante número de préstamos, dos que a maioría están actualmente en vigor.

Na actualidade e ante a evolución do mercado financeiro, obsérvase que os tipos aplicables ós préstamos en vigor acollidos ás axudas financeiras ó sector productivo agrario están indiciados a referencias que non son as habituais no mercado e fannos non operativos, polo que parece necesario adecualos á

situación actual do mercado. Por tal motivo, por orde da Consellería de Economía e Facenda do 29 de marzo de 1999 autorizouse o Igape para determinar, de mutuo acordo coas entidades financeiras prestamistas asinantes dos convenios, o tipo de xuro nominal aplicable para 1999 a tódolos préstamos en vigor formalizados ó seu abeiro, con independencia do procedemento establecido na referida normativa para a súa determinación.

Por outro lado, o réxime de pagamento das subsidiacións ó tipo de xuro establecido en cada unha das normas reguladoras destas axudas ó sector productivo agrario, permite o pagamento da subvención correspondente ó periodo non vencido de forma anticipada, destinándose o dito importe á amortización anticipada do principal do préstamo. Co obxecto de simplifica-la xestión da liquidación da subvención tanto para a Administración como para as entidades financeiras colaboradoras, así como adiantarlles ós beneficiarios a subvención concedida, a orde da Consellería de Economía e Facenda do 29 de marzo de 1999, autorizou así mesmo o Igape a dispoñe-lo pagamento anticipado das axudas referidas, establecendo os criterios básicos aplicables para o cálculo da liquidación e para a instrumentación dos correspondentes procedementos de pagamento, nos que intervirán as entidades financeiras prestamistas como entidades colaboradoras.

Por todo iso, convense, de mutuo acordo entre o Igape e a entidade financeira ..............., subscribi-la presente addenda ós convenios de apoio financeiro ó sector productivo agrario (relacionadas no anexo), asinados durante os anos 1985 a 1991 entre a Consellería de Economía e Facenda e as entidades financeiras, con suxeición ás seguintes

Cláusulas

Cláusula 1ª.-Tipo de xuro para o ano 1999.

Fíxase no 10% o tipo de xuro nominal, para 1999, aplicable a tódolos préstamos en vigor formalizados ó abeiro dos convenios de apoio financiero ó sector productivo agrario que se relacionan no anexo, con independencia das prescricións establecidas neles para a súa determinación.

Non obstante o anterior, e a partir da data en que se realice o pagamento anticipado da subsidiación de acordo co establecido na cláusula seguinte, o tipo de xuro nominal e demais condicións financeiras aplicables ós préstamos referidos serán os libremente establecidos entre o prestatario e a entidade financeira prestamista.

Cláusula 2ª.-Procedemento de pagamento anticipado.

2.1. O Igape procederá a dispoñe-lo pagamento das axudas correspondentes ós préstamos en vigor formalizados ó abeiro dos convenios de apoio financeiro ó sector productivo agrario que se relacionan no anexo, en forma de subvención anticipada para amortización do principal do préstamo, de acordo

cos criterios e procedemento establecidos na presente addenda.

2.2. Para o cálculo da subvención anticipada procederase da seguinte maneira:

a) Calcularanse en pesetas correntes os valores absolutos das subsidiacións correspondentes ó periodo non vencido en función do capital vivo.

b) Actualizaranse, á data de cálculo, os valores absolutos obtidos anteriormente, utilizando como taxa de actualización o tipo de xuro legal do diñeiro, establecido no 4,25% para o ano 1999 (disposición adicional quinta, Lei 49/1998, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para 1999).

c) O importe que resulte da liquidación anticipada destinarase á amortización anticipada do principal do préstamo.

O valor actualizado da subvención para o pagamento calcularase da seguinte forma:

RT/(1+d/4), onde n=trimestres de vixencia; T=subsidiación do trimestre; d=tipo de xuro legal do diñeiro (4,25%).

2.3. Para o cálculo da liquidación anticipada tomarase como data de inicio o 1-1-99, e a partir da sinatura da presente addenda, as entidades financeiras solicitarán ó Igape o pagamento da subvención anticipada correspondente ó período non vencido das operacións acollidas ás mencionadas axudas e que aínda se atopen en vigor. Para iso, xuntaranlle á solicitude de liquidación anticipada, relación de beneficiarios de cada convenio, ordenada alfabeticamente, onde figuren os seguintes datos: importe inicial do préstamo, data de formalización e de vencemento, importe da cota de amortización trimestral, capital vivo o 1-1-99, puntos de subsidiación concedidos e importe da subvención anticipada.

A solicitude de liquidación anticipada realizada polas entidades financeiras considérase suficiente para proceder ó pagamento anticipado da subvención por parte do Igape, sen prexuízo das comprobacións e controis que poidan realizarse posteriormente.

2.4. A entidade financeira deberá xustificar ante o Igape, no prazo dun mes a partir da data de pagamento, a aplicación dos fondos da subsidiación anticipada á amortización anticipada do principal do préstamo, mediante certificación expedida por cada convenio na que se relacionen os seguintes datos: titular da operación, número de préstamo, contía da amortización anticipada, data en que tivo lugar e salvo vivo pendente.

Cláusula 3ª.-Notificación ó beneficiario.

O Igape notificaralle ó beneficiario o aboamento, por medio da entidade financeira prestamista, da subvención anticipada, especificando as bases de cálculo da liquidación e a obriga de aplica-lo seu importe á amortización anticipada do principal do préstamo.

Cláusula 4ª.-Verificación e control.

O Igape poderá en calquera momento, ben directamente ou ben indirectamente a través das entidades que para o efecto designe, efectua-las comprobacións que considere oportunas para determina-la efectiva aplicación das subsidiacións anticipadas á finalidade prevista. Os beneficiarios e as entidades financeiras deberán facilitar ó máximo o dito labor inspector e achega-la documentación e información que lles sexa solicitada para o efecto.

Cláusula 5ª.-Revogación da subvención.

Procederá a revogación da subvención así como o reintegro das cantidades percibidas xunto cos xuros de demora xerados desde a percepción destas cando os fondos da subsidiación anticipada non sexan aplicados á amortización do principal do préstamo, así como nos supostos establecidos no artigo 78.5º da Lei 11/92, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

E en proba de conformidade así o din, asinan e outorgan en duplicado exemplar e para un só efecto, en Santiago de Compostela, 30 de marzo de 1999.

Polo Igape: Asdo.: José Antonio Orza Fernández

Pola entidade financeira: Asdo.:

ANEXO I

Relación de convenios de apoio financeiro ó sector productivo agrario

Convenio de apoio financeiro ó sector productivo agrario subscrito entre a Consellería de Economía e Facenda e as entidades financeiras o 18 de xuño de 1985.

Convenio de apoio financeiro ó sector productivo agrario subscrito entre a Consellería de Economía e Facenda e as entidades financeiras o 1 de decembro de 1986.

Convenio de apoio financeiro ó sector productivo agrario subscrito entre a Consellería de Economía e Facenda e as entidades financeiras o 10 de xullo de 1987.

Convenio de apoio financeiro ó sector productivo agrario subscrito entre a Consellería de Economía e Facenda e as entidades financeiras o 17 de maio de 1988.

Convenio de apoio financeiro ó sector productivo agrario subscrito entre a Consellería de Economía e Facenda e as entidades financeiras o 1 de febreiro de 1989.

Convenio de apoio financeiro ó sector productivo agrario subscrito entre a Consellería de Economía e Facenda e as entidades financeiras o 27 de xullo de 1990.

Convenio de apoio financeiro ó sector productivo agrario subscrito entre a Consellería de Economía e Facenda e as entidades financeiras o 10 de maio de 1991.

ANEXO II

RELACIÓN DE ENTIDADES FINANCEIRAS QUE SUBSCRIBEN A ADDENDA ÓS CONVENIOS DE APOIO FINANCEIRO Ó SECTOR PRODUCTIVO AGRARIO

Caixa Galicia.

Caixa Ourense.

Caixa Pontevedra.

Caixa Vigo.

Caixa Rural de Lugo.

Banco Pastor.

Banco de Galicia.

Banco Santander.

Banco Central Hispano.

Banesto.

Banco Bilbao Vizcaya.

Banco Gallego.

Banco Simeón.

Scdad. Coop. Agraria de Meirás Limitada.