Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 21 de maio de 1999 Páx. 6.128

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo para a presentación das solicitudes ás que se refire o artigo 12.c do Decreto 89/1997, do 10 de abril, para os corpos superior, de xestión, administrativo, auxiliar e subalterno de Administración xeral da Xunta de Galicia (grupos A, B, C, D e E), listas A1 e A2.

Bases.

Primeira.-Obxecto.

O obxecto desta convocatoria é a modificación das listas A1 e A2 publicadas pola Resolución do 16 de xullo de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG nº 140, do 22 de xullo), para a cobertura, con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ós corpos superior, de xestión, administrativo, auxiliar e subalterno da Xunta de Galicia (grupos A, B, C, D e E), de conformidade co establecido no artigo 12.c do citado decreto.

Segunda.-Modificación das listas.

A modificación consistirá na inclusión das persoas que, reunindo os requisitos para formar parte das

listas ás que fai referencia a base 1ª (lista A1 ou A2), non presentasen no prazo fixado pola resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 28 de xaneiro de 1998 (DOG nº 28, do 11 de febreiro) a correspondente instancia.

Polo tanto, unicamente poderán presentar solicitude aqueles interesados que non o fixesen con anterioridade.

Unha vez rematado o prazo de presentación de instancias, estas serán examinadas pola correspondente comisión permanente de selección, sendo incluídas nas listas existentes, no suposto de que reúnan os requisitos, no lugar que lles corresponda, por orde de prelación atendendo ó resultado obtido nos procesos selectivos de que se trate.

Terceira.-Solicitudes.

1. As solicitudes que presenten os interesados, de conformidade co disposto na base 2ª e seguindo o modelo que se publica como anexo, dirixiranse ó director xeral da Función Pública da Consellería

da Presidencia e Administración Pública e axustaranse ó modelo que se publica como anexo desta resolución.

2. Xunto coa solicitude deberá presentarse fotocopia do DNI.

3. O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e poderanse presentar no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia, así como nos lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. Tódolos solicitantes ós que se dirixe esta convocatoria están exentos do pagamento das taxas.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública