Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 13 de maio de 1999 Páx. 5.815

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 15 de abril de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as resolucións dictadas por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestes devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00551-I-98).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo as resolucións sancionadoras dictadas polo director xeral de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles saber que as ditas resolucións non esgotan a vía administrativa, e que poderán interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dentro do prazo

dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor del Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadacción de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 15 de abril de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

DX-00551-I-98

Obstrucción

LE90R0033251838

José Luis Pérez González

Vendas Desteriz, 9

32229 Padrenda (Ourense)

Con data de rexistro de saída 6-10-1998, foi requirido José Luis Pérez González, para que no prazo de 10 días remitise a esta subdirección xeral os discos-diagrama de tacógrafo do 2º trimestre de 1998, correspondentes ós vehículos da súa titularidade que estean obrigados ó uso de tacógrafo, relación de conductores que prestan os seus servicios nos vehículos, xustificando a súa pertenza á empresa mediante relación nominal de traballadores, modelo TC-2 de cotización á Seguridade Social, ou en caso de non existir esta, xustificante de cotización ó réxime especial de traballadores autónomos, así como facturas emitidas e copia do libro de rexistro de IVE de facturas emitidas polos portes realizados durante o dito período de tempo, segundo o correspondente xustificante de recepción a recepción do requirimento tivo lugar o 15-10-1998. Transcorrido o prazo sinalado non se cumpriu coa totalidade do citado requirimento. Ó non enviar nin relacións nominal de

traballadores, modelo TC-2 ou autónomos, nin facturas emitidas, nin copia do libro de rexistro de IVE o cal constitúe unha infracción moi grave por obstrucción á actuación dos servicios de inspección, impedíndolle o exercicio das súas funcións.

Art. 33 da Lei 16/1987, de 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE nº 182, do 31) e Art. 19 do Real decreto 1211/1990, de 28 de setembro, regulamento da Lei 16/1987 (BOE nº 241, do 8 de outubro)Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990250.000 ptas.