Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 13 de maio de 1999 Páx. 5.814

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 6 maio de 1999 pola que se anuncia a licitación do concurso para a concesión da explotación do servicio público da estación de autobuses de Padrón (A Coruña), polo procedemento aberto.

Entidade adxudicataria:

a) Organismo: Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Transportes.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: concesión da explotación do servicio público da estación de autobuses de Padrón ( A Coruña).

3. Tramitación, procedemento, e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación ou canon de explotación: ver prego.

5. Garantías.

Provisional: 1.000.000 de ptas.

6. Obtención de documentación e información.

O Regulamento de explotación e os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexen o concurso, poderán recollerse en:

a) Entidade: nas delegacións provinciais da C.P.T.O.P.V.

No Servicio Provincial de Transportes da Coruña.

Na Dirección Xeral de Transportes.

b) Enderezo: praza de Europa 5-A (2º andar).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15703.

d) Teléfono: 981 54 45 94.

e) Telefax: 981 54 43 51.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante un informe dunha institución financeira precisamente referido ó obxecto desta licitación.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo: o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia,

b) Documentación que integrará as ofertas: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda ou poderá enviarse polo correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Domicilio: r/ San Caetano s/n.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15071.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Dirección Xeral de Transportes.

b) Domicilio: r/ praza de Europa 5-A (2º andar).

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte á data de terminación do prazo de presentación das proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido destes e o seguinte lema. «Proposición que presenta...para optar ó concurso de concesión da explotación do servicio público da estación de autobuses de Padrón (A Coruña)».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 1999.

P.D.(Orde do 25-10-1983, DOG 14/12)

Juan Carlos Villarino Tejada.

Director xeral de Transportes