Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 06 de maio de 1999 Páx. 5.436

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador C-6/1998 (caza-Pontevedra).

Tramitándose o expediente 6/1998, contra Cesáreo Paz Monroy, por ser sorprendido coa escopeta cargada e preparada para disparar nunha zona de seguridade (pista forestal), perfectamente habilitada para o tránsito de vehículos e persoas, non adoptando as medidas de seguridade oportunas, o día 6-1-1998, no lugar de Monte de Faro-Picoña, concello de Salceda de Caselas; feitos tipificados como infracción leve no artigo 57.35º, da Lei de caza de Galicia.

Por procede-lo denunciado ó pagamento voluntario da sanción (10.000 ptas.), de conformidade co artigo 8 do R.D. 1398/1993, dáse por terminado o expediente.

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo dun mes contado a partir da recepción desta notificación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente.

Pontevedra, 13 de abril de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra