Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 06 de maio de 1999 Páx. 5.435

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador C-59/1998 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación de expediente sancionador, por infracción á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a María Teresa Calvo García.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formularen as alegacións, achegaren documentos ou as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que de non efectuar alegación ningunha no prazo

fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 13 de abril de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 59/1998.

Denunciado: José Antonio Ferreira González.

Domicilio: Paraviñabal, 6, Panxón-Nigrán.

DNI: 35.868.368.

Feitos denunciados: cazar sen licencia en época de veda utilizando artes prohibidas, 3 trampas en forma de pirámide construídas con ferro e rede, con alpiste no seu interior. As trampas teñen un sistema polo cal ó entraren paxaros quedan atrapados, ó salta-lo sistema de caída fixado cuns paos, ás 15.15 horas do día 17-8-1998, lugar Panxón-Quinteiro, concello Nigrán.

Data do acordo da incoación: 23-3-1999.

Precepto infrinxido: 58.1º, 2º, 4º e 5º, da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: 61, da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 200.000 ptas., retirada da licencia de caza e inhabilitación para obtela durante 1 ano e 1 día.