Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 06 de maio de 1999 Páx. 5.435

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador C-86/1998 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a proposta de resolución dictada no expediente por infracción á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados, no prazo

de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 13 de abril de 1999.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

Expediente: C-86/1998.

Denunciado: Gonzalo Diz Núñez.

Enderezo: Deiro, 18, Vilanova.

DNI: 35.468.816.

Feitos denunciados: cazar con 4 cans dentro do couto de caza PO-10.124, carecendo da debida autorización, ás 16.45 horas do día 18-10-1998, lugar Deiro, concello de Vilanova.

Data do acordo da incoación: 14-12-1998.

Alegacións á incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 23-3-1999.

Precepto infrinxido: 57.35º, en relación co artigo 34.9º, da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: 61, da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 10.000 ptas.