En cumprimento do disposto no artigo 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Na súa virtude,
RESOLVO:
1. Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de explotación Castro, situada nos municipios de Cuntis e Campo Lameiro, provincia de Pontevedra, e promovida por Maceiras Filloy, S.L.
2. Para os devanditos efectos informativos poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:
* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Pontevedra.
* Concellos de Cuntis e Campo Lameiro.
3. As alegacións formularanse durante o dito prazo de vinte días contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 9 de abril de 1999.
Francisco Pan-Montojo González
Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental