Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 06 de maio de 1999 Páx. 5.436

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1999 pola que se somete a información pública o Plan de Utilización dos Espacios Portuarios do Porto de Cangas.

O ente público Portos de Galicia, en cumprimento do disposto na lexislación vixente en materia portuaria, elaborou o Plan de Utilización dos Espacios Portuarios do Porto de Cangas.

Este documento sométese a información pública, para que as persoas ou entidades interesadas poidan presentar por escrito as reclamacións ou alegacións que consideren oportunas, para o que disporán do prazo dun mes contado a partir da data da publicación deste anuncio.

As devanditas reclamacións poderán presentalas nas oficinas centrais deste ente público, situadas na praza de Europa, 5 A-6º, Polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, ou ben nas oficinas de Portos de Galicia, zona sur, r/ Benito Corbal, nº 37-3º, en Pontevedra. En ámbalos dous enderezos poderán examina-lo proxecto correspondente.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 1999.

Agustín Hernández Fdez. de Rojas

Presidente do ente público Portos de Galicia