O ente público Portos de Galicia, en cumprimento do disposto na lexislación vixente en materia portuaria, elaborou o Plan de Utilización dos Espacios Portuarios do Porto de Moaña.
Este documento sométese a información pública, para que as persoas ou entidades interesadas poidan presentar por escrito as reclamacións ou alegacións que consideren oportunas, para o que disporán do prazo dun mes contado a partir da data da publicación deste anuncio.
As devanditas reclamacións poderán presentalas nas oficinas centrais deste ente público, situadas na praza de Europa, 5 A-6º, Polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, ou ben nas oficinas de Portos de Galicia, zona sur, r/ Benito Corbal, nº 37-3º, en Pontevedra. En ámbalos dous enderezos poderán examina-lo proxecto correspondente.
Santiago de Compostela, 27 de abril de 1999.
Agustín Hernández Fdez. de Rojas
Presidente do ente público Portos de Galicia