Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 06 de maio de 1999 Páx. 5.437

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1999 pola que se anuncia a licitación de determinados contratos administrativos, polo sistema de concurso aberto. (Expediente PO-97/030 e tres máis).

1. Contrato:

Proxecto e obra de construcción de 12 vivendas, garaxes e local comercial no polígono 36 do PERI O Calvario-Vigo. Expediente: PO-97/030.

Orzamento:

Cento doce millóns mil novecentas oitenta e tres pesetas (112.001.983 ) pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución:

Quince (15) meses.

Clasificación:

Grupo C; subgrupos 2, 4, 6 e 7; categoría d.

Garantía provisional:

Dispensada de conformidade co artigo 36.2º da LCAP.

Garantía definitiva:

Catro millóns catrocentas oitenta mil setenta e nove (4.480.079) pesetas.

2. Contrato:

Obra de substitución de baixantes nos bloques 1 e 2 (UVA 2), no polígono de Caranza, Ferrol. Expediente: C-99/REP 02.

Orzamento:

Catorce millóns novecentas dezaoito mil catrocentas setenta e cinco (14.918.475) pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución:

Catro (4) meses.

Clasificación:

Grupo C; subgrupo 6; categoría c.

Grupo J; subgrupo 4; categoría c.

Garantía provisional:

Duascentas noventa e oito mil trescentas setenta (298.370) pesetas.

Garantía definitiva:

Cincocentas noventa e seis mil setecentas trinta e nove (596.739) pesetas.

3. Contrato:

Asistencia consistente no control de calidade da obra adquisición de 30 vivendas, garaxes e rochos en Cospeito. Lugo. Expediente: LU-98/501.

Orzamento:

Dous millóns cincocentas vinte mil novecentas dez (2.520.910) pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución:

Trinta e seis (36) meses.

Clasificación:

Non se esixe.

Garantía provisional:

Dispensada de conformidade co artigo 36.2º da LCAP.

Garantía definitiva:

Cen mil oitocentas trinta e seis (100.836) pesetas.

4. Contrato:

Asistencia consistente na redacción do proxecto da obra de construcción de 22 vivendas en Viveiro. Lugo. Expediente: LU-98/020.

Orzamento:

Cinco millóns cincocentas cincuenta e cinco mil duascentas setenta e unha (5.555.271) pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución:

Catro (4) meses.

Clasificación:

Non se esixe.

Garantía provisional:

Dispensada de conformidade co artigo 36.2º da LCAP.

Garantía definitiva:

Duascentas vintedúas mil duascentas once (222.211) pesetas.

Documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán en cada contrato estarán de manifesto e á disposición dos interesados, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela).

Presentación de proposicións:

As proposicións, que se axustarán ó modelo que se inclúe nos correspondentes pregos de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no antedito rexistro antes das 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

Apertura de proposicións:

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, ás dez (10) horas do décimo primeiro (11) día natural contado a partir do seguinte ó da

finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado, a mesa reunirase o luns seguinte á mesma hora. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama ou fax (nº 981 54 19 02) no mesmo día.

Anuncio:

O importe deste anuncio será aboado proporcionalmente polo adxudicatario de cada contrato.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 1999.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo