Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 06 de maio de 1999 Páx. 5.438

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 1999, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público 37/1999 e do procedemento negociado 106/1999.

A Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88, do 11 de maio) e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumplidos os trámites administrativos correspondentes, acorda darlles publicidade as adxudicacións dos seguintes contratos:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Servicio Galego de Saúde-Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, As Xubias de Arriba, 84; 15006 A Coruña.

Número de expediente: C.P. 37/99.

2. Obxeto do contrato:

Tipo de contrato: contrato de subministración.

Descrición do obxecto: adquisición de material de aseo e limpieza.

Lotes:

-Lote 1: esponxa xabonosa.

-Lote 2: xabón Cirúrx. Desinf. 500 CC.

-Lote 3: xabón líquido 1 litro.

-Lote 4: xabón lavamáns.

-Lote 5: rasudarora dun só uso.

-Lote 6: cueiros infantís.

-Lote 7: cueiros adultos.

Anuncio de licitación publicado no DOG nº 240, do 14 de decembro de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: anticipada.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: 18.061.752 ptas. (108.553,316 euros).

5. Adxudicación.

Data: 6 de abril de 1999.

Contratistas:

-Lote 1: Izasa, S.A., 4.989.600 ptas. (29.988,100 euros).

-Lote 2: deserto.

-Lote 3: Sanicen, S.A., 1.528.800 ptas. (9.188,273 euros).

-Lote 4: deserto.

-Lote 5: B. Braun Dexon, S.A., 968.760 ptas. (5.822,365 euros).

-Lote 6: deserto.

-Lote 7: Indas, S.A., 3.588.000 ptas. (21.564,314 euros).

Orzamento total: 11.075.160 ptas. (66.563,052 euros).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Servicio Galego de Saúde-Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, As Xubias de Arriba, 84; 15006 A Coruña.

Número de expediente: P.N. 106/99.

2. Obxeto do contrato:

Tipo de contrato: contrato de subministración.

Descrición do obxecto: substitución tubo TAC centro Juan Canalejo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: restrinxido.

Forma: procedemento negociado.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: 7.540.000 ptas. (45.316,313 euros).

5. Adxudicación.

Data: 6 de abril de 1999.

Contratistas:

Elscint España, S.A., 7.540 000 ptas. (45.316,313 euros).

Orzamento total: 7.540 000 ptas. (45.316,313 euros).

A Coruña, 8 de abril de 1999.

Jesús Caramés Bouzán

Director-xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña