Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 05 de maio de 1999 Páx. 5.326

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 28 de abril de 1999 pola que se determinan os servicios mínimos dirixidos a garanti-los servicios prestados polo persoal facultativo do ámbito hospitalario da provincia de Ourense e Fundación Hospital Verín para os días 5, 6, 11, 12, 13, 18, 19, 20, 25, 26 e 27 de maio de 1999.

O artigo 28.2º da Constitución española recoñece, como dereito fundamental da persoa, o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas, que presten servicios públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ó mantemento dos servicios esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1998, do 9 de xuño (DOG nº 116, do 20 de xuño), entre os que se atopa a sanidade.

O exercicio público da prestación da asistencia sanitaria non pode verse afectado gravemente polo lexítimo dereito do exercicio de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación a este.

O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros competentes, por razón dos servicios esenciais afectados, para que, mediante orde e diante de cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento de tales servicios, así como para determina-lo persoal necesario para a súa prestación.

Convocada folga que afecta o persoal facultativo do ámbito hospitalario da provincia de Ourense e Fundación Hospital Verín convocada para os días 5, 6, 11, 12, 13, 18, 19, 20, 25, 26 e 27 de maio de 1999, logo de acordo co comité de folga, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º

A folga convocada para os días 5, 6, 11, 12, 13, 18, 19, 20, 25, 26 e 27 de maio de 1999 que afecta o persoal facultativo do ámbito hospitalario da provincia de Ourense e Fundación Hospital Verín enténdese condicionada ó mantemento dos servicios mínimos que se establecen no anexo I desta orde.

Os servicios mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para mante-la adecuada cobertura dos servicios dos centros sanitarios e evitar que se produzan graves prexuízos ós usuarios.

Tales mínimos responden á necesidade de compatibiliza-lo respecto ineludible ó exercicio do dereito á folga, coa atención ós usuarios que, baixo

ningún concepto, poden quedar desasistidos polas características do servicio dispensado.

E por iso mantéñense os servicios mínimos necesarios para garanti-la asistencia imprescindible ós doentes hospitalizados, así como a atención urxente ós usuarios, que non pode aprazarse sen consecuencias negativas para a saúde.

Entrando na análise pormenorizada dos servicios mínimos que prestará o persoal facultativo, pódense sinala-los seguintes criterios rectores na determinación destes:

I. Cobertura do 100% da actividade urxente nun triple ámbito:

-Servicios de urxencia e gardas médicas.

-Quirófanos urxentes (xerais e de tocoloxía) para a atención dos usuarios que, ó ingresar, requiran intervención cirúrxica inaprazable.

-Atención ós paritorios.

II. Cobertura da actividade cirúrxica dos doentes hospitalizados, respecto ás patoloxías que poñan en perigo a vida destes ou agraven o seu estado de saúde.

III. Na área de hospitalización establecerase o número necesario para garanti-las visitas médicas, a atención indefectible dos doentes hospitalizados e as altas clínicas.

IV. Consultas preferentes, así como as interconsultas dos doentes hospitalizados que o requiran, a criterio do facultativo.

V. Garantirase, así mesmo, a realización das probas complementarias urxentes e as que se refiran ós doentes hospitalizados que, a criterio do facultativo, sexan necesarias.

Artigo 2º

A designación nominal, con carácter rotatorio, do persoal que deberá cubri-los distintos servicios será determinada polo director-xerente do centro de que dependan, procedéndose á súa publicación nos taboleiros de anuncios dos centros de traballo.

Artigo 3º

Os prazos e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servicios mínimos determinados no anexo I desta orde serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16.1º do Real decreto ley 17/1977, do 4 de marzo (BOE nº 58, do 9 de marzo).

Artigo 4º

O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga lle recoñece ó persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5º

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observa-las normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos usuarios dos establecementos sanitarios.

Disposición derradeira

Esta presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 1999.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO I

CRISTAL PIÑOR

SERVICIOS

SERVICIOS MÍNIMOS

Nº DE EFECTIVOS

FARMACIA1

ANÁLISES CLÍNICAS2

ANATOMÍA PATOLÓXICA1

MICROBIOLOXÍA1

NEUROFISIOLOXÍA1

MEDICINA PREVENTIVA1

HADO1

REHABILITACIÓN1

RADIOLOXÍA4

DIXESTIVO2

NEUROLOXÍA1

PNEUMOLOXÍA1

NEFROLOXÍA1

HEMATOLOXÍA2

CARDIOLOXÍA2

UCI2

MEDICINA INTERNA6

PEDIATRÍA4

ENDOCRINOLOXÍA1

REUMATOLOXÍA1

PALIATIVOS1

ANESTESIA6

CIRURXÍA XERAL4

CIRURXÍA PEDIÁTRICA1

CIRURXÍA VASCULAR1

XINECOLOXÍA4

NEUROCIRURXÍA1

OFTALMOLOXÍA2

OTORRINOLARINGOLOXÍA2

TRAUMATOLOXÍA4

UROLOXÍA2

URXENCIAS6

TOTAL70

SANTA MARÍA MADRE-CABALEIRO GOÁS

SERVICIOS

SERVICIOS MÍNIMOS

Nº DE EFECTIVOS

MEDICINA INTERNA2

DIXESTIVO2

CARDIOLOXÍA1

SERVICIOS

SERVICIOS MÍNIMOS

Nº DE EFECTIVOS

ENFERMIDADES INFECCIOSAS1

PNEUMOLOXÍA1

ALERGOLOXÍA1

ONCOLOXÍA MÉDICA1

ONCOLOXÍA RADIOT.1

UCI/CORONARIAS2

URXENCIAS3

SAÚDE MENTAL0

UNIDADE AGUDOS1

UNIDADE CRÓNICOS TOÉN1

USM I1

USM II1

UNIDADE DE VERÍN1

UNIDADE INFANTO XUVENIL1

CIRURXÍA3

XINECOLOXÍA1

OFTALMOLOXÍA1

TRAUMATOLOXÍA3

ANESTESIA2

ANATOMÍA PATOLÓXICA1

RADIODIAGNÓSTICO2

FARMACIA1

ANÁLISES CLÍNICAS1

MICROBIOLOXÍA1

ADMISIÓN1

TOTAL38

HOSPITAL COMARCAL DE VALDEORRAS

SERVICIOS

SERVICIOS MÍNIMOS

Nº DE EFECTIVOS

ANÁLISES CLÍNICAS1

ANATOMÍA PATOLÓXICA1

ANESTESIA E REA.1

CIRURXÍA1

FARMACIA1

HEMATOLOXÍA1

MEDICINA INTERNA1

OBSTETRICIA XINECOLÓXICA1

OFTALMOLOXÍA1

PEDIATRÍA1

PSIQUIATRÍA1

RADIOLOXÍA1

REHABILITACIÓN1

TRAUMATOLOXÍA1

UROLOXÍA1

URXENCIAS ADMISIÓN2

TOTAL17

Os facultativos que prestarán os servicios mínimos coincidirán cos médicos que deban realizar garda ese día.

FUNDACIÓN HOSPITAL VERÍN

SERVICIOS

SERVICIOS MÍNIMOS

Nº DE EFECTIVOS

ANESTESIA1

CIRURXÍA1

DERMATOLOXÍA1

OTORRINO1

SERVICIOS

SERVICIOS MÍNIMOS

Nº DE EFECTIVOS

FARMACIA1

XINECOLOXÍA1

MEDICINA INTERNA1

URXENCIAS1

OFTALMOLOXÍA1

RADIOLOXÍA1

REHABILITACIÓN1

UROLOXÍA1

TOTAL12