A Deputación Provincial de Lugo, en sesión que tivo lugar o día 20 de novembro de 1998, aprobou o proxecto de 77 ZAE 98, Navia de Suarna, acondicionamento e mellora da estrada Navia de Suarna-Freixís-Silvouta-Vilaquinte-Donís, p.k. 0,000 ó 9,100 e na sesión que tivo lugar o día 30 de novembro de 1998 acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.
A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 31 de marzo de 1999.
Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque as obras de referencia figuran nun Programa de Cooperación Económico Local e os terreos son necesarios para inicia-las obras dentro dos prazos sinalados pola normativa ó respecto.
A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.
Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deli
beración do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintetrés de abril de mil novecentos noventa e nove,
DISPOÑO:
Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial de Lugo, para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto 77 ZAE 98, Navia de Suarna, acondicionamento e mellora da estrada Navia de Suarna-Freixís-Silvouta-Vilaquinte-Donís, p.k. 0,000 ó 9,100.
Santiago de Compostela, vintetrés de abril de mil novecentos noventa e nove.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Jesus C. Palmou Lorenzo
Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais