Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 04 de maio de 1999 Páx. 5.295

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, da autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 364/1998).

Vista a solicitude para autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se consideran de necesaria expropiación, así coma aprobación do proxecto de execución que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T. C.T. R.B.T. Gaspares-Saavanda y Ardariz-Igrexa (San Sadurniño).

Liña eléctrica aérea a 20 kV cunha lonxitude de 1,038 km, con orixe na L.M.T. actual de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. e final no C.T. proxectado Ardariz-Igrexa. Liña de media tensión aérea a 20 kV cunha lonxitude de 0,289 km, con orixe na L.M.T. de Ardariz-Igrexa, e final no C.T. proxectado Gaspares-Saavanda. Centro de transformación tipo intemperie Ardariz-Igrexa, cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación de 20.000/380-220 V. Centro de transformación tipo intemperie Gaspares-Saavanda, cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Liña de baixa tensión aérea cunha lonxitude de 0,01 km, con orixe no C.T. Ardariz-Igrexa, e conductor tipo R.Z. Liña de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 0,014 km, con orixe no C.T. Gaspares-Saavanda, e conductor tipo R.Z. no termo municipal de San Sadurniño.

A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 17-12-1998 e no BOP do 30-11-1998, no xornal La Voz de Galicia do día 10-11-1998 e nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello de San Sadurniño ó mesmo tempo, notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

Por esta delegación provincial comprobouse que a liña o seu paso polos predios relacionados na información pública, non incurre en ningunha das prohibicións contempladas no artigo 57.A. da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE 28-11-1997) e no artigo 25 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro (BOE 24-10-1966).

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro do sector eléctrico, os decretos 2617/1966, e 2619/1966, do 20 de outubro sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a utilidade pública dos mesmos que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario, ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 11 de marzo de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña