Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 04 de maio de 1999 Páx. 5.295

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 52517).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo social na Avda. de Arteixo, 171 (A Coruña), para autorización administrativa da instalación que segue:

Ampliación da subestación eléctrica de Cabana de Bergantiños, implantando un novo módulo de liña

en 66 kV, para conexión parque eólico de Corme, constituído por:

Interruptor tripolar en SF6 de 1250 A.

Seccionador tripolar de barras de 1250 A.

Tres transformadores de tensión e outros tres de intensidade.

Seccionador tripolar de posta á terra.

Equipos para mando, control, sinalización e medida.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta Delegación Provincial, edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 16 de marzo de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña