Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 04 de maio de 1999 Páx. 5.294

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, da autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 319/1998).

Vista a solicitude para autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se consideran de necesaria expropiación, así coma aprobación do proxecto de execución que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T. C.T. R.B.T. Suarriba (As Pontes).

Liña eléctrica aérea a 20 kV cunha lonxitude de 0,492 km, con orixe na L.M.T. a C.T. de Lameira e final no C.T. de Cervicol. Liña de media tensión aérea a 20 kV cunha lonxitude de 0,026 km, con orixe na L.M.T. a C.T. de Lameira e final no C.T. de Suarriba. Centro de transformación tipo intemperie Cervicol, cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación de 20.000/380-220 V. Centro de

transformación tipo suarriba, cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Liña de baixa tensión aérea cunha lonxitude de 0,11 km, orixe no C.T. Cervicol, conductor tipo R.Z. e apoios de formigón, liña de baixa tensión aérea cunha lonxitude de 0,165 km orixe no C.T. Suarriba, conductor tipo R.Z. e apoios de formigón, no termo municipal das Pontes de García Rodríguez.

A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 20-10-1998 e no BOP do 8-10-1998, no xornal La Voz de Galicia do día 8-10-1998 e nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello das Pontes ó mesmo tempo, notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

Por esta delegación provincial comprobouse que a liña o seu paso polos predios relacionados na información pública, non incurre en ningunha das prohibicións contempladas no artigo 57.A. da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE 28-11-1997) e no artigo 25 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro (BOE 24-10-1966).

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro do sector eléctrico, os decretos 2617/1966, e 2619/1966, do 20 de outubro sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a utilidade pública dos mesmos que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario, ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 8 de marzo de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña