Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 29 de abril de 1999 Páx. 5.109

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 22 de marzo de 1999 pola que se regulan os programas de fomento da contratación por conta allea na Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio de 1999.

Advertidos erros, na devandita orde, publicada no DOG nº 62, do mércores, 31 de marzo de 1999, cómpre efectua-las oportunas correccións:

-Na páxina 3.642, no artigo 6º, no punto 1, onde di: «1. As empresas que contraten con carácter indefinido e a tempo completo ó seu primeiro empregado...», debe dicir: «1. As empresas que contraten con carácter indefinido ó seu primeiro empregado...»

-Na mesma páxina e artigo, no punto 2, onde di: «2. Para estes efectos, entenderase que se trata do primeiro empregado aínda cando na empresa, nos 24 meses anteriores á contratación indefinida, prestasen servicios por conta allea traballadores con contratos de duración determinada ou temporal que, no seu conxunto, non superen os 180 días», debe dicir: «2. Para estes efectos, entenderase que se trata do primeiro empregado cando na empresa, nos 24 meses anteriores á contratación indefinida, non prestasen servicios traballadores por conta allea, agás con contratos de duración determinada ou temporal que, no seu conxunto, non superen os 180 días».