Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 29 de abril de 1999 Páx. 5.109

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 22 de marzo de 1999 pola que se regulan os programas de fomento da contratación en prácticas de xoves titulados e para a innovación tecnolóxica, para o ano 1999.

Advertidos erros, na devandita orde, publicada no DOG nº 62, do mércores 31 de marzo de 1999, cómpre efectua-las oportunas correccións:

-Na páxina 3.663, no artigo 10º, no terceiro parágrafo do punto 2, onde di: «...na orde ministerial do 16 de setembro de 1998, cuns contratos que se transformen...», debe dicir: «...na orde ministerial do 16 de setembro de 1998, ou cuns contratos que se transformen...»

-Na páxina 3.664, no artigo 13º, debe engadirse: «d) Traballadores que finalizasen a súa relación laboral de carácter indefinido nun prazo de 3 meses previos á formalización do contrato polo que se solicita a subvención.

As exclusións das alíneas c) e d) só afectarán ás contratacións indefinidas».