Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 29 de abril de 1999 Páx. 5.108

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 1999 do convenio colectivo para as industrias do sector de carpintería e ebanistería da provincia da Coruña.

Visto o expediente da revisión salarial para o ano 1999 do convenio colectivo para as industrias do sector de carpintería e ebanistería da provincia da Coruña, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 8-3-1999 subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Carpintería y Ebanistería e da parte social por CC.OO e UGT o día 25-1-1999, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, de 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de marzo de 1999.

P.S. (Decreto 227/1998, do 10 de xullo)

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

Acta

Asistentes.

Empresarios da asociación provincial de carpintería e ebanistería:

Cándido Hermida Campos.

Ramón Caramés Seoane.

Jesús Rey Barral.

Parte social:

Jesús María Calvo Romero (UGT).

Celestino Pérez Vázquez (UGT).

José Luis Paz Pena (CC.OO.).

Santiago Huertas Pazurama (CC.OO.).

Na Coruña, ás trece horas do día 25 de xaneiro de 1999, nos locais da asociación de empresarios sitos na praza de Mina nº 1, 3º esquerda da Coruña, están presentes as dúas representacións das partes empresarial e social da comisión negociadora do convenio colectivo provincial de carpintería e ebanistería da provincia da Coruña.

O motivo é dar cumprimento ó artigo 4º do convenio colectivo provincial e á disposición adicional primeria do convenio colectivo estatal no referente á revisión salarial para os anos 1999 e 2000.

Acordan:

Incrementar tódolos conceptos económicos, agás o de antigüidade, no ano 1999 nun 2,4% e no ano 2000, o IPC previsto mailo 0,6%.

En caso de que o IPC publicado polo INE rexistrase o 31 de decembro de 1999 un incremento superior ó 2%, a diferencia que se produza adicionaríaselle ó incremento que se efectuaría no ano 2000. Este mesmo criterio aplicarase no ano 2000 partindo do IPC publicado polo INE o 31 de decembro do dito ano 2000, no que superase o IPC previsto máis 0,2%, que se adicionaría ó incremento que se pactase para o ano 2001.

A xornada laboral para estes anos, segundo convenio, é de 1.784 horas para 1999 e 1.780 horas para o ano 2000.

Nestes termos queda aprobado, por unanimidade, o incremento do convenio colectivo referido ó sector de carpintería e ebanistería da Coruña, que presentará calquera das partes coas sinaturas dos compoñentes desta comisión para a súa entrega e posterior rexistro na Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Convenio colectivo provincial para as industrias de carpintería e ebanistería

Táboas salariais 1999

CategoríasDíaMes

Persoal obreiro
Encargado4.082124.162
Oficial primeira4.006121.857
Oficial segunda3.927119.459
Axudante3.846116.998
Especialista3.769114.631
Peón3.697112.452

Técnicos
I. proxectista126.582
Perito123.842
ATS123.842
Delineante119.144
Auxiliar analista116.641

Persoal subalterno
Ordenanza111.314
Garda e vixilante111.314

Persoal administrativo
Xefe de primeira126.582
Xefe de segunda123.842
Oficial de primeira123.842
Oficial de segunda119.144
Auxiliar116.641

Plus de asistencia199

Plus de transporte461