Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 29 de abril de 1999 Páx. 5.105

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Casais y Cía, S.L.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Casais y Cía, S.L. que tivo entrada nesta delegación provincial o día 26-2-1999 e posteriormente rectificado con data 3-3-1999, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social polo delegado de persoal o día 22-2-1999 de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito o Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 12 de marzo de 1999.

P.S. (Decreto 227/1998 do 10 de xullo)

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo da empresa Casais y Cía, S.L.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio é o que regulará con carácter preferente as relacións laborais entre a empresa Casais y Cía, S.L. e os seus traballadores, na provincia da Coruña.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

O presente conveno terá unha duación de dous anos, con efectos desde o día 1 de marzo de 1995 ata o 31 de decembro do 2000. En caso de non mediar denuncia por calquera das partes afectadas cunha anticipación non menor de dous meses ó final da súa vixencia, o convenio quedará prorrogado por un período de dous anos. A denuncia formalizarase por escrito e remitiráselle ó representante legal da outra parte.

Artigo 3º.-Devengos salariais.

O presente convenio entrará en vigor o día da súa sinatura, con efectos salariais desde o 1 de marzo de 1999. En caso de que o IPC establecido polo INE rexistrase o 31 de decembro de 1999 un incremento superior ó 13%, efectuarase automaticamente a revisión pertinente sobre as táboas salariais na contía exacta do exceso porcentual, excepto a antigüidade.

Artigo 4º.-Xubilacións.

A xubilación será obrigatoria ó cumpri-lo traballador a idade de 65 anos. O traballador con 20 ou máis anos de antigüidade na empresa que decida voluntariamente a xubilación anticipada, percibirá unha gratificación consistente nas contías seguintes:

-Ós 60 anos de idade, 16 mensualidades.

-Ós 61 anos de idade, 14 mensualidades.

-Ós 62 anos de idade, 11 mensualidades.

-Ós 63 anos de idade, 9 mensualidades.

A solicitude deberá ser efectuada polo traballador cun mes de anticipación ó cumprimento da idade en que se pretenda acoller a este beneficio. A mensualidade refírese ó salario base.

A gratificación será satisfeita pola empresa mediante o rateo ó longo das catro anualidades seguintes, en caso de facelo ós 60 anos e de 3, 2 e 1 se o fai ós 61, 62 e 63 respectivamente. A empresa e o traballador poderán pactar outra forma de pagamento.

En caso de reducirse por disposición legal a idade de xubilación, quedará en suspenso de aplicación deste artigo ós supostos afectados pola reducción legal.

Artigo 5º.-Axuda por invalidez.

Ós traballadores cunha antigüidade na empresa de 10 anos seralles aboada por este, en caso de invalidez permanente absoluta para todo tipo de traballo en concepto de axuda, unha gratificación equivalente a 10.000 pesetas por ano de servicio.

Artigo 6º.-Defunción.

A empresa aboará catro mensualidades dos salarios que figuran no convenio, o plus e a antigüidade correspondente, ós seguintes familiares dun productor que con el conviva:

1. Cónxuxe viúvo.

2. Fillos.

3. Ascendentes.

Cando aquel faleza estando en activo e leve como mínimo tres anos de servicio na empresa.

Independentemente das catro mensualidades a que ten dereito segundo o sinalado anteriormente aboaráselles ós ditos familiares do traballador o salario completo do mes no que o productor faleza, calquera que sexa a data do seu falecemento.

A empresa queda obrigada a sufraga-los gastos de traslado cando o falecemento, por causa accidental, ocorra en localidade distinta da súa residencia habitual, sempre e cando o dito traballador se econtre realizando un servicio á empresa.

Artigo 7º.-Xornada.

Establécese unha xornada durante a vixencia do presente convenio de 1.820 horas de traballo efectivo en cómputo anual e de 40 horas semanais de luns a domingo.

Artigo 8º.-Axudas de custo.

As axudas de custo que se lle satisfarán ó persoal, de acordo co que se vén aplicando de forma tácita desde o ano 1995, que se desprace da súa residencia por necesidade do servicio, serán dun mínimo de 5.000 pesetas por día, dentro do territorio español, e dun mínimo de 7.000 pesetas fóra de España, podendo percibir ata un máximo de 13.000 pesetas cando o traballo se realice en sábado, domingo ou festivo, ou ben teña que permanecer parado co vehículo por necesidades do horario ou do traballo.

Artigo 9º.- Licencias.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Dous días nos casos de nacemento de fillo ou enfermidade grave ou falecemento de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando por tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días.

c) Un día por traslado do domicilio do traballo.

d) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, comprendido no exercicio de sufraxio activo. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, aplicarase o que esta dispoña en canto á duración da ausencia ou á súa compensación económica.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo debido en máis do 20% das horas laborais nun período de tres meses, a empresa poderá pasa-lo traballador afectado á situación de excedencia regulada no punto 1 do artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

No suposto de que o traballador, por cumprimento do deber ou desempeño do cargo perciba unha indemnización, descontaráselle o importe desta do salario ó que tivese dereito na empresa.

e) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

Artigo 10º.-Carné de conducir.

Para os casos de privacióndo carné de conducir de calquera traballador afectado por este convenio, a empresa facilitaralle ó traballador ocupación en calquera traballo, aínda de inferior categoría, polo período de privación do carné, sempre que non exceda de dous meses, sen perda dos emolumentos que viña percibindo.

O disposto neste artigo non será de aplicación nos seguintes casos:

a) Que a privación do permiso de conducir sexa reincidente dentro da vixencia do presente convenio.

b) Que a privación do permiso de conducir derive de feitos acaecidos no exercicio da actividade de conducir allea á empresa.

c) Que a privación do permiso de conducir sexa como consecuencia da comisión de delictos dolosos.

d) Que a privación do permiso de conducir sexa como consecuencia de ter inxerido bebidas alcohólicas ou tomado algún tipo de estupefacientes, ou ter incorrido en imprudencia temeraria.

Artigo 11º.-Antigüidade.

Todo o persoal afectado polo presente convenio percibirá, con carácter xeral, en concepto de complemento de antigüidade, unha contía fixa por cada 5 anos de servicios prestados á empresa.

As percepcións por quinquenios serán as seguintes:

-5 anos: 7.800 pesetas/mes.

-10 anos: 12.000 pesetas/mes.

-15 anos: 15.500 pesetas/mes.

-20 anos: 20.200 pesetas/mes.

-25 anos: 27.000 pesetas/mes.

Os quinquenios comezaranse a devengar a partir do día 1º do mes seginte a aquel en que se cumpra o quinquenio.

Artigo 12º.-Vacacións.

Tódolos traballadores, con independencia da súa antigüidade na empresa, terán dereito a 30 días naturais de vacacións remuneradas ó ano, podéndose pacta-la forma do seu desfrute, se isto afectase ó normal funcionamento e orde da actividade da empresa.

Artigo 13º.-Pagas extras.

Establécense dúas pagas extraordinarias de 30 días de salario base máis antigüidade.

Artigo 14º.-Comisión paritaria.

A Comisiónparitaria será un órgano de interpretación, conciliación, arbitraxe e vixilancia do convenio.

As súas funcións específicas serán as seguintes:

1. Interpretación auténtica do convenio.

2. Arbitraxe dos problemas ou cuestións que lle sexan sometidas por ámbalas partes, de común acordo en asuntos derivados deste convenio.

3. Conciliación facultativa nos problemas colectivos con independencia das atribucións que, pornorma legal, poidan corresponderlles ós organismos correspondentes.

4. Vixilancia e segimiento do cumprimento do pactado.

5. Estudio da evolución das relacións entre as partes contratantes.

6. Cantas outras cuestións tendan á maior eficacia práctica do convenio.

Os acordos ou resolucións adoptados por unanimidade de tódolos membros presentes da comisión mixta terá carácter vinculante.

De non obterse unanimidade, seguiranse, para a resolución das cuestións presentadas, as canles legalmente previstas.

A comisión estará integrada por dous vocais, o empresario e o represenantel legal dos traballadores. Poderanse nomear asesores por cada representación, aínda que non terán dereito ó voto.

A comisión non poderá actuar sen a presencia dos dous vocais e reunirase por instancia das partes, póndose de acordo sobre lugar e hora en que se deberá celebra-la reunión.

En ningún caso se poderá reuni-la comisión antes do transcurso dun prazo de tres meses desde a anterior, salvo no suposto de circunstancias extraordinarias debidamente xustificadas apreciadas de común acordo.

Ámbalas partes conveñen en dar coñecemento á comisión mixta de tódalas dúbidas, discrepancias e conflictos que se puidesen producir como consecuencia a interpretación e aplicación do presente convenio, para que a comisión actúe de acordo coas súas funcións.

Artigo 15º.-Roupa de traballo.

Independentemente da roupa de traballo que a empresa facilite ós seus traballadores, proverase os que efectúen traballos á intemperie de roua de agua e de botas adecuadas; ó persoal administrativo facilitaráselle igualmente un gardapó. A duración destas pezas será de seis meses a un ano.

Artigo 16º.-Plus de longa distancia.

Os conductores e acompañantes que circulen por rutas do Estado español, excepto Galicia e provincias limítrofes, percibirán a cantidade de 9.6000 pesetas mensuais.

Artigo 17º.-Póliza de seguros.

A empresa quedará obrigada a concertar conprimas íntegras ó seu cargo cando se publique este convenio unha póliza de seguros que cubra os riscos de morte e invalidez por accidente de traballo, e que garanta

a tódolos traballadores a percepción das indemnizacións seguintes:

a) En caso de falecementos do traballador por accidente: 3.500.000 pesetas.

b) En caso de invalidez total ou absoluta do traballador por accidente: 4.500.000 ptas.

Esta compensanción é compatible coa pensión e indemnización que poida causa-lo traballador na Seguridade Social.

Artigo 18º

Recoñécense as garantías sindicais conforme o establecido na Lei orgánica de liberdade sindical.

Artigo 19º.-Contratación.

Para os contratos por esixencias circunstanciais do mercado, as partes acolleranse ó pactado no convenio colectivo do sector na provincia da Coruña.

Artigo 20º.-Cursos de perfeccionamento.

Cando se organicen cursos de perfeccionamento e voluntariamente os realicen os traballadores, logo de autorización da empresa, os gastos de matrícula serán por conta delas.

Para a realización de exames oficiais que conduzan ó perfeccionamento profesional no centro de traballo, o traballador terá a correspondente licencia, con dereito a retribución, debendo xustificar tanto a formalización da matrícula como ter asistido ós ditos exames.

Dodro, 22 de febreiro de 1999.

ANEXO

Táboas salariais, vixencia do 1 de marzo de 1999 ó 31 de decembro de 2000

CategoríasMesPaga

extra

Anual

Grupo 1º

Persoal superior técnico

-Subgrupo A
Xefe de servicio153.870121.4772.089.394

-Subgrupo B
Enxeñeiro e licenciados145.019114.4901.969.208
Enxeñeiro técnico e Aux. Tit.126.02499.4921.711.272
Axudante técnico sanitario116.58392.0391.583.074

Grupo 2º

-Subgrupo A

Persoal administrativo
Xefe de sección129.254102.0411.755.130
Xefe de negociado125.17998.8251.699.798
Oficial de 1ª119.03293.9731.616.330
Oficial de 2ª115.73791.3701.571.584
Auxiliar administrativo111.02887.6521.507.640
Aspirante de 16 a 17 anos86.65168.4111.176.634

-Subgrupo B

Transporte de mercadorías
Xefe de tráfico de 1ª123.71697.6721.679.936
Xefe de tráfico de 2ª119.67594.4791.625.058
Xefe de tráfico de 3ª117.02392.3881.589.052

CategoríasMesPaga

extra

Anual

Conductor-mecánico119.29174.1771.619.846
Conductor117.17392.5051.591.086
Conductor de motocicleta e furgón114.77990.6151.558.578
Axudante113.20089.3661.537.132
Mozo especializado112.89289.1221.532.948
Mozo carga, descarga e reparto110.59487.3121.501.752

-Subgrupo C

Persoal de Serv. auxiliares
Encargado xeral de 1ª119.03293.9731.616.330
Encargado xeral de 2ª112.89289.1221.532.948
Encargado de almacén111.42587.9651.513.030
Engraxador-lavacoches114.18890.1521.550.560
Garda110.59487.3121.501.752

Persoal de talleres
Xefe de taller137.633108.6551.868.906
Encargado xeral122.99997.1031.670.194
Encargado de almacén122.99997.1031.670.194
Xefe de equipo119.29194.1771.619.846
Oficial de 1ª118.06193.2091.603.150
Oficial de 2ª114.31790.2511.552.306
Oficial de 3ª114.23790.1871.551.218
Mozo de taller112.87989.1161.532.780