Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 27 de abril de 1999 Páx. 4.998

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta da xornada laboral do convenio colectivo de mármores e pedras.

Visto o texto da acta da comisión paritaria do convenio colectivo para o sector de mármores e pedras da provincia de Pontevedra, que tivo entrada nesta delegación provincial con data do 11-3-1999, na que se fixa a xornada laboral (prevista nos puntos 2. e 3. do artigo 24º do actual convenio colectivo) para o ano 1999, esta autoridade laboral, ó abeiro do disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 15 de marzo de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo do sector de mármores e pedras da provincia de Pontevedra

-Asistentes.

-Pola representación empresarial: Francisco Elvira Román, Ramilo, S.A., Ana Alonso Costas Alonso Vila, S.L. y Francisco Javier Blanco Sío, M. Blanco, S.L.

-Pola representación social: José Carlos Rodríguez del Río, UGT, Raimundo Lago Otero, UGT, José Luis Paramá Sangiao, UGT, Lourdes Diz Lorenzo, UGT, Guillermo Simón López, UGT, Victoriano Costas Oitavén, UGT, Francisco Javier López Ferreira, UGT, Alberto Fernández Campo, CIG, José A. Nieto Figueiras, CIG, Javier Pazos Comesaña, CIG, José Luis Berges Martínez, CIG, Francisco Estévez Rodríguez, CC.OO. y Amante Campos Lago, CC.OO.

En Vigo, nos locais da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra, ás dezaseis trinta horas do día dous de marzo de mil novecentos noventa e nove, reúnese a comisión paritaria do convenio colectivo de traballo do sector de mármores e pedras da provincia de Pontevedra.

Ámbalas partes acordan que os puntos 2. e 3. do artigo 24º relativo á xornada do convenio colectivo, quedan redactados da seguinte maneira:

2. A xornada ordinaria anual durante 1999 será de 1.760 horas de xornada ordinaria anual.

3. Para adapta-la xornada ás 1.760 horas acordadas para o ano 1999, fíxanse como festivos do convenio e aboables para tódolos efectos, os días seguintes: 18 de maio, 26 de xullo, 13 de agosto, 11 de outubro, 29 de outubro, 7, 24 e 31 de decembro. Estes días, así mesmo, non serán computables para os efectos do desfrute das vacacións.

Nos concellos nos que a festa local coincidise con día non laborable ou festivo do convenio, pasarase ó día inmediatamente seguinte. Nos concellos que a seguir se relacionan, fíxanse como festivos os seguintes: Portas: 22 de marzo e Vilagarcía de Arousa: 21 de maio.

De común acordo entre empresarios e a representación dos traballadores, poderán modificarse os días de compensación.

Facúltase a Ana Mª Martín Herrero para efectua-los trámites oportunos ante a delegación provincial da consellería, tendentes ó rexistro e publicación do pactado.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, ás dezasete trinta horas do día arriba indicado.