Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 27 de abril de 1999 Páx. 4.997

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Ingeniería Urbana, S.A.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo para a empresa Ingeniería Urbana, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 9-3-1999, subscrito en representación a parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, o 8-7-1998. De conformidade co disposto no artigo 10, parágrafo terceiro, do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballdores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que figuran nesta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 15 de marzo de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Acta da comisión negociadora do convenio colectivo de Ingeniería Urbana, S.A. co seu persoal adscrito ós servicios de limpeza pública e interiores contratados co Concello de Pontevedra, para a revisión salarial do ano 1999

Asistentes.

Pola empresa (R.E.):

Gil Martínez, Juan Manuel.

Martín Bermejo, José Antonio.

Somoza Pérez, José.

Terrón López, Luis.

Polos traballadores (R.S.):

CIG:

Iglesias Pazos, Manuel.

Cousido González, Ramón.

Jaén Trelles, María Teresa.

Outeda Cochón, José Manuel.

Rotea Jorge, Manuel.

Sabaris Couselo, Manuel.

CC.OO.:

Búa Eirin, Jesús.

Miranda Leiro, Ángel.

Sabaris Ucha, Agustín.

Asesores sociais (neste acto):

Alves Piñeiro, José Manuel (CC.OO.).

Currás Meira, Manuel (CIG).

Reunidos os á marxe indicados en Pontevedra, o día 18 de xaneiro de 1999, tratan o seguinte asunto único: revisión salarial para o ano 1999.

1. IPC de 1998: para tódolos efectos do convenio colectivo, enténdese real e definitivo o 1,4%.

2. Porcentaxe de revisión: o índice que se lles aplicará ós importes dos conceptos que se revisan do ano 1998 resulta se-lo 2,9% (1,4%+1,5%).

3. Novos importes para o ano 1999: manténdose o articulado, as cifras que se citan pasan a ser:

ConceptoImporte

Artigo 10º.-Salarios.
Salario mínimo convenio106.810 ptas.
Táboas salariais:
Delegado118.253 ptas.
Xefe de servicio115.968 ptas.
Encargado xeral113.674 ptas.
Encargado vertedoiro111.387 ptas.
Capataz111.387 ptas.
Administrativo111.387 ptas.
Mecánico-conductor111.387 ptas.
Conductor109.097 ptas.
Vixilante vertedoiro106.810 ptas.
Peón106.810 ptas.
Limpadora106.810 ptas.
Cristaleiro106.810 ptas.

Artigo 16º.-Plus de transporte7.032 ptas.

Artigo 17º.-Plus de distancia2.765 ptas.

Artigo 18º.-Axudas de custo.
Completa5.626 ptas.
Media2.813 ptas.

Artigo 19º.-Aport. diminuídos físicos ou psíquicos9.291 ptas.

Artigo 20º.-Indemnizacións e axudas.
Falecemento derivado de accidente laboral1.434.075 ptas.
Invalidez derivada de accidente laboral2.294.520 ptas.
Axuda por falecemento derivado doutras causasVer convenio

ConceptoImporte

Artigo 21º.-Anticipos reintegrables.
Préstamo205.800 ptas.
FondoVer convenio

Artigo 22º.-Axuda de estudios5.883 ptas.

Artigo 35º.-Domingos e festivosVer convenio

As distintas melloras salariais e sociais supuxeron, para 1999, un incremento de custo salarial de 6,29%.

3. Rexistro, depósito e publicación.

Para estes efectos, acórdase presentar esta revisión salarial á autoridade laboral.

E en proba de conformidade, asinan os asistentes no lugar e data indicados no encabezamento.