Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 27 de abril de 1999 Páx. 4.994

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da Empresa Elaboradora de Cefalópodos, S.A. (Elcesa, S.A.).

Visto o expediente do convenio colectivo da Empresa Elaboradora de Cefalópodos, S.A. (Elcesa, S.A.),

que tivo entrada nesta delegación provincial o día 26-2-1999, susbcrito en representación da parte económica pola empresa e, da parte social polos delegados de persoal o día 18-2-1999, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, de 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 5 de marzo de 1999.

P.S. (Decreto 227/1998 do 10 de xullo)

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

I convenio colectivo de ámbito de Empresa

Elaboradora de Cefalópodos, S.A.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio colectivo será de aplicación á totalidade dos traballadores e traballadoras que presten os seus servicios nos dous centros de traballo da empresa Elcesa, situados en Sada e polígono de Bergondo, así como os que ingresen na empresa durante a súa vixencia.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

O presente convenio colectivo terá unha duración dun ano, e entrará en vigor para tódolos efectos o día 1 de xaneiro de 1999 ata o 31 de decembro de 1999, e durante a súa vixencia non poderá ser afectado polo disposto en convenio de ámbito distinto, todo iso ó abeiro de canto prevexa o artigo 84 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, que aprobou o Estatuto dos traballadores.

Artigo 3º

O presente convenio extinguirase o 31 de decembro de 1999 sen necesidade de denuncia previa.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións contidas neste convenio establécense co carácter de mínimas. Os pactos actualmente existentes ou costumes máis beneficiosos sobre condicións serán respectados.

Artigo 5º.-Comisión paritaria do convenio.

Constitúese unha comisión paritaria, que cumprirá as seguintes funcións:

-Interpretación das cláusulas deste convenio.

-Aplicación do pactado e vixilancia do seu cumprimento.

-Mediación, arbitraxe e conciliación no caso de conflicto colectivo, cando se solicite por instancia dun dos seus órganos.

-A comisión paritaria estará integrada por dous órganos, un en representación do sector social e outro en representación da empresa, cada un estará integrado por tres representantes pertencentes á comisión negociadora. Ámbalas partes poderán ser asistidas por un asesor, con voz pero sen voto. Os acordos da comisión paritaria requirirán, validamente constituída, a asistencia á reunión de dous membros de cada unha das representacións.

Artigo 6º.-Horario de traballo e xornada.

A xornada de traballo fíxase en 40 horas semanais efectivas, e aboaranse como extraordinarias o exceso de horas traballadas coas recargas que se establezan neste convenio.

A xornada establecerase de luns a venres, a razón de 7 horas e 12 minutos diarios de xornada continua intensiva; a xornada do sábado será de 8 a 12 da mañá.

O persoal terá un descanso de trinta minutos que se contabilizará dentro da xornada laboral e no momento de menos afluencia de traballo.

O total anual de horas efectivas de traballo é de 1.826 horas, salvo que por lei de rango superior se modificase o dito cómputo.

Artigo 7º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias prestadas polo persoal masculino e feminino serán satisfeitas cunha recarga do 80% sobre o salario tipo hora ordinaria que resulte da aplicación das retribucións fixadas no convenio.

Artigo 8º.-Premio por matrimonio.

Todo traballador/a que contraia matrimonio estando de alta na empresa, sexa cal for o tempo traballado nela, percibirá un premio a cargo desta, consistente en vinte mil pesetas.

Artigo 9º.-Vacacións.

O descanso anual retribuído de persoal comprendido no presente convenio será de trinta días naturais a partir do primeiro ano de traballo, establecéndose a data para as vacacións de común acordo entre as partes (empresarios e traballadores), confeccionándose para tal fin unha lista de vacacións que deberá estar exposta nas empresas antes do 31 de marzo. Fixaranse no primeiro trimestre do ano, por orde de antigüidade e orde rotativa nos sucesivos anos; no caso de non chegar a acordo, quince días serán sinalados polo empresario e outros quince polo traballador.

O persoal que ingrese na empresa no transcurso do ano terá dereito á parte proporcional do tempo

traballado; en todo caso respectarase o establecido no Estatuto dos traballadores.

Artigo 10º.-Día da Patroa e festivos locais.

Establécese como día festivo non recuperable o día dezaseis de xullo, o día da patroa a Virxe do Carme. Así mesmo, os dous centros de traballo da empresa Elcesa rexeranse polos festivos locais da Coruña (16 de febreiro e 7 de outubro).

Artigo 11º.-Retribucións.

Serán de aplicación as establecidas na táboa anexa. Faise constar que o plus de transporte sinalado na táboa anexa se percibirá aínda nos supostos de enfermidade ou accidente de traballo.

Artigo 12º.-Xornada nocturna.

Tódalas horas de traballo que se realicen en períodos nocturnos pola afluencia de pesca aboaranse coa recarga do 100% sobre o salario tipo fixado neste convenio, tanto ó persoal masculino coma ó feminino, coas limitacións que para este convenio prevén a propia lei. Enténdese por xornada nocturna a partir das 21 horas.

Artigo 13º.-Antigüidade.

O dereito por antigüidade consistirá en trienios e serán fixados na contía do 4% do salario deste convenio, sen limitacións no número deles, satisfacéndose durante o tempo de vinculación á empresa. O cómputo da antigüidade ó persoal dará comezo desde a data de ingreso na empresa, sexa cal for a categoría profesional que teña.

Artigo 14º.-Gratificacións extraordinarias.

Cada unha das gratificacións do 25 de xullo e Nadal consistirá nunha mensualidade dos salarios que se establecen neste convenio, a razón do salario base, plus de transporte e antigüidade; estas gratificacións terán que ser aboadas o día 25 de xullo e a de decembro non máis tarde do día 22 dese mes.

Artigo 15º.-Gratificación extraordinaria de beneficios.

O mes de marzo aboarase unha paga denominada de beneficios, cunha contía de trinta días de salarios percibidos no ano natural anterior, a razón de salario base, plus de transporte e antigüidade, computándose como tal o correspondente a enfermidade xustificada, permisos retribuídos e baixas por accidente de traballo. No caso de non ter permanecido na empresa durante o ano natural anterior, o seu importe reducirase, sendo proporcional ó tempo traballado nela.

Artigo 16º.-Licencias son soldo.

Todo traballador ten dereito ás seguintes licencias retribuídas:

a) Por matrimonio: 16 días hábiles.

b) Por falecemento ou enfermidade grave do cónxuxe, ascendentes ou descendentes: 7 días hábiles.

Enténdense como tales os consanguíneos ou por afinidade, políticos, en caso de irmáns: 5 días hábiles.

c) Establécese unha licencia retribuída de 2 días en caso de enfermidade ou morte dos avós, fillos políticos, irmáns políticos ou tíos.

d) Por parto da esposa: 7 días naturais.

e) Esteblécese unha licencia retribuída en caso de acompañamento a probas ou recoñecementos médicos de fillos/as menores de trece anos, sempre que o traballador sexa titor ou responsable deles, e sen límite de idade se se trata de diminuídos físicos ou psíquicos.

f) Por cambio de domicilio: 1 día hábil.

Artigo 17º.-Incorporación ó servicio militar.

Durante o tempo que o traballador permaneza incorporado ó servicio militar reservaráselle a praza que viña ocupando ata dous meses despois da súa licencia, computándose o tempo desa situación para efectos de antigüidade, co aboamento durante a súa permanencia no servicio das pagas extraordinarias que se estipulen neste convenio.

Artigo 18º.-Persoal afectado.

Todo o persoal afectado por este convenio non poderá prestar máis servicios que os debidos á empresa para a que traballa, e a negativa do traballador a prestar servicios en empresa distinta á súa non será considerada como desobediencia para os efectos das causas de despedimento sinaladas na lei. Así mesmo, ningún traballador poderá prestar servicios a outras empresas do sector distintas á súa. O incumprimento destas normas dará lugar a causa de despedimento disciplinario, de acordo co establecido na lexislación vixente.

Artigo 19º.-Seguridade no traballo.

A empresa estará obrigada a dota-lo seu persoal de roupa de traballo adecuada ó medio ambiente e dadas as especiais circunstancias dos cometidos e funcións que realizan. Para estes efectos a empresa facilitará a roupa necesaria de acordo coas peculiaridades de cada posto de traballo.

Artigo 20º.-Anticipos reintegrables.

A empresa estará obrigada a anticiparlles a todos aqueles traballadores que conten cunha antigüidade mínima de seis meses dentro dela, e así o soliciten, o importe dunha mensualidade de retribución, adianto este que será reintegrado polo traballador de forma fraccionada ou de entregas parciais, por períodos mensuais, quincenais ou semanais, segundo conveña ó traballador, non devengando xuro de ningún tipo este aprazamento no pagamento.

A empresa non estará obrigada a aboa-lo mencionado adianto cando as peticións superen o 50% do cadro de persoal da empresa.

De tódolos xeitos, no caso de cesar na empresa o traballador, a suma que puidese ter pendente de saldar seralle descontada da liquidación que lle pui

dese corresponder, e de non o asistir tal dereito estará obrigado a reintegrala de maneira inmediata.

Artigo 21º.-Realización de tódalas manipulacións.

Os aprendices, empacadores, oficiais empacadores, encargados ou compradores realizarán tódalas operacións de manipulación, entendéndose por tales as de rastreo de caixas, carga e descarga, preparación e demais relacionadas con tratamento do peixe, coas limitacións que establece o Decreto do 26 de xullo de 1957.

Artigo 22º.-Traballo por axuste.

O traballo por axuste será aboado na conta que mutuamente acorden as empresas e os traballadores, pero en todo caso as tarefas deberán representa-lo mínimo das retribucións fixadas na táboa salarial, incrementada no 45% dela.

Artigo 23º.-Traballo de categoría superior.

O traballador que realice labores de categoría superior á que teña asignada percibirá o salario correspondente a aquela durante o tempo que dure esa situación, pero se se prolongase máis de catro meses, automaticamente adquirirá a categoría que realmente lle corresponde.

A categoría profesional de oficial empacador adquirirase de modo automático ós seis anos de servicio na empresa.

Artigo 24º.-Asemblea sindical da empresa.

Recoñéceselle-lo dereito de reunión dentro da empresa ós traballadores desta afectados por este convenio, fóra da xornada laboral ou inmediatamente ó rematar esta.

Os traballadores non poderán ser despedidos ou sancionados por estaren afiliados a un sindicato.

Nos casos en que un traballador sexa representante sindical ou delegado de persoal, recibirá as licencias necesarias para o normal desenvolvemento da súa actividade sindical de acordo coa lexislación vixente; en todo caso a empresa terá dereito a pedir xustificantes das licencias conseguidas.

Artigo 25º.-Enfermidade ou accidente.

Tódolos traballadores suxeitos ó presente convenio que se atopen en situación de baixa por enfermidade ou accidente percibirán, con cargo á empresa, a compensación económica necesaria con fin de que perciban o 100% do seu salario real durante un máximo de doce meses.

Así mesmo, os períodos de enfermidade ou accidente non se terán en conta para deducir dos períodos de vacacións.

Artigo 26º.-Táboa de salarios.

A partir do 1 de xaneiro de 1999 respectaranse como mínimo os salarios que figuran no anexo deste convenio.

Artigo 27º.-Premio de xubilación anticipada e voluntaria.

A empresa aboaralles un complemento de xubilación a aqueles traballadores con dez anos de anti

güidade, como mínimo, na empresa que se xubilen de mutuo acordo con ela, coa contía seguinte:

-Xubilación voluntaria ós 60 anos: 500.000 ptas.

-Xubilación voluntaria ós 61 anos: 400.000 ptas.

-Xubilación voluntaria ós 62 anos: 350.000 ptas.

-Xubilación voluntaria ós 63 anos: 300.000 ptas.

-Xubilación voluntaria ós 64 anos: 250.000 ptas.

Unha vez fixada a contía do premio, a empresa poderá fracciona-lo pagamento durante un máximo de doce meses.

Para a súa recepción debrase solicitar no prazo de tres meses desde o cumprimento da idade correspondente. Se cumprindo os 64 anos de idade e seis meses máis, o traballador non solicitase a xubilación, perderá o dereito a este complemento. Este artigo quedará en suspenso no caso de que, por disposición de rango superior, se reducise a idade de xubilación.

Artigo 28º.-Revisión salarial.

Acórdase unha revisión salarial sobre as táboas deste convenio se o índice de prezos ó consumo (IPC) para o ano 1999, establecido polo INE, excedese do 1,8% e na contía do exceso.

Artigo 29º.-Seguro de invalidez e morte.

A empresa contratará un seguro de invalidez colectivo permanente total ou de morte por accidente durante as vintecatro horas do día, domingos e festivos, para todo o persoal afectado por este convenio, coas seguintes indemnizacións:

-Por morte: 3.000.000 de ptas.

-Por invalidez permanente total ou absoluta: 3.500.000 ptas.

-Esta póliza entrará en vigor o mesmo día do asinamento do convenio.

Disposición adicional primeira.-Contratos temporais.

En todo o referente á contratación temporal rexerá o disposto no convenio colectivo estatal de conservas, semiconservas e salgaduras de peixes e mariscos.

ANEXO

Táboa de salarios 1999

Categoría profesionalSalario

base

Plus

transporte

Total

mensual

Total

anual

Grupo primeiro

Persoal técnico titulado
Titulado grao superior113.41310.000123.4131.851.195
Titulado grao medio99.59810.000109.5981.643.970

Grupo segundo

Persoal mecantil non titulado
Encargado establecemento99.59810.000109.5981.643.970
Oficial empacador91.21510.000101.2151.518.225
Empacador/a87.73410.00097.7341.466.010
Aprendiz de empacador75.42310.00085.4231.281.345
Comprador99.59810.000109.5981.643.970
Conductor91.21510.000101.2151.518.255

Categoría profesionalSalario

base

Plus

transporte

Total

mensual

Total

anual

Grupo terceiro

Persoal administrativo
Oficial administrativo87.77410.00097.7741.466.610
Contable87.77410.00097.7741.466.610
Auxiliar administrativo83.19810.00093.1981.397.970
Aspirante75.42310.00085.4231.281.345