Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 27 de abril de 1999 Páx. 4.999

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de industrias de bebidas refrescantes.

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector de industrias de bebidas refrescantes, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 9-3-1999, subscrito en representación da parte eco

nómica pola Asociación Provincial de Fabricantes de Gaseosas y Bebidas Analcohólicas de Pontevedra, e da parte social, pola central sindical CIG, en data 5-11-1998. De conformidade co disposto no artigo 09.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e a notificacións ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 15 de marzo de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de bebidas refrescantes

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio será de aplicación a tódolos traballadores, empresas e sucursais que teñan centros de traballo na provincia de Pontevedra ou os establezan durante a súa vixencia e estean rexidos pola ordenanza laboral de industrias de bebidas refrescantes.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Afectará a todo o persoal de industrias e de bebidas refrescantes.

Artigo 3º.-Duración.

A duración do presente convenio será dun ano e producirá os seus efectos económicos e sociais a partir do 1 de xuño de 1998, sexa cal for a súa data de homologación, alcanzando a súa vixencia ata o 30 de xuño de 1999, prorrogándose tacitamente de forma indefinida ata un novo acordo das partes.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras contidas no presente convenio establécense con carácter de mínimas. Os pactos ou situacións actualmente existentes en calquera empresa que impliquen condicións máis beneficiosas respecto ás convidas serán respectados.

Artigo 5º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo para tódolos traballadores do sector será de 1.826 horas e 27 minutos de traballo

efectivo e en cómputo anual. Esta xornada distribuirase de luns a venres, traballando 7.45 horas diarias durante tódolos meses do ano, excepto os de xuño, xullo e agosto, que se distribuirán de luns a sábado, e nos que a xornada semanal será de 43 horas, traballando 8 horas diarias de luns a venres e tres horas os sábados pola mañá.

Durante os nove meses en que se distribúe a xornada de luns a venres, os festivos que coincidisen en luns ou venres recuperaranse traballando durante 3 horas os sábados pola mañá. Esta cláusula só é de aplicación para os nove meses citados.

Establécese, de forma excepcional para os días 24 e 31 de decembro, para todo o persoal afectado polo presente convenio, unha xornada de traballo habitual que será realizada de forma continuada, exceptuándose os días coincidentes en luns, nos que a xornada se entenderá habitual.

Artigo 6º.-Horas extras.

De conformidade co disposto, serán horas extraordinarias as que superen a xornada de traballo do artigo anterior. Estas serán as mínimas e imprescindibles para atende-las necesidades urxentes e inaprazables, necesitándose previamente a comunicación ó comité de empresa ou delegados de persoal.

Estas horas terán que ser negociadas pola empresa co persoal ou, se é o caso, polo comité de empresa. Estas serán retribuídas co 100%, engadido o valor da hora normal.

De común acordo entre empresa e traballador, este poderá optar polo desfrute das horas extraordinarias en e para tempo de descanso, considerándose como valor delas, para efectos de cómputo, o de dúas por cada unha realizada.

O desfrute das horas extras efectuarase ó mes seguinte da súa realización, a excepción dos meses de xuño, xullo e agosto.

Artigo 7º.-Vacacións.

As vacacións anuais para o persoal comprendido dentro do réxime deste convenio será de 30 días naturais; o importe das vacacións deberá ser pagado antes de comeza-lo desfrute delas e sobre o salario base máis antigüidade.

Desfrutaranse do 1 de setembro ó 30 de maio, podendo ser negociado o seu desfrute cos representantes legais dos traballadores da empresa, un período dun mes anterior ou posterior ás indicadas datas.

O persoal fixo percibirá, con independencia do salario vacacional, no cal virá reflectido o plus de transporte correspondente mencionado no artigo 18º e o plus do convenio citado no artigo 19º, unha gratificación especial, equivalente a dez días do salario base do convenio e antigüidade, se é o caso.

O calendario laboral e de vacacións do ano será negociado pola empresa co persoal ou, se é o caso, co comité de empresa e será exposto no taboleiro de anuncios.

Artigo 8º.-Licencias e permisos.

O persoal da empresa terá dereito a permiso con soldo en calquera dos casos seguintes:

a) Casamento do traballador: 16 días.

b) Necesidade de atender persoalmente asuntos propios que non admitan demora; a súa duración será de ata 5 días, a xuízo do empresario e oídos os representantes legais do traballador, tendo en conta para isto os desprazamentos que o traballador tivese que realizar e as demais circunstancias que no caso concorran. Atendidas estas, os mesmos xefes que concedesen a licencia poderán prorrogar, sempre que se solicite debidamente.

c) Falecemento de pais, fillos ou esposa: 5 días.

d) Nacemento de fillos, enfermidade grave ou falecemento de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade: 2 días.

e) Por traslado do domicilio habitual: 2 días.

f) Por parto de fillas ou fillas políticas: 1 día.

g) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, aplicarase o que dispoña esta en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo debido en máis do 20% das horas laborais nun período de trece meses, a empresa podérá pasa-lo traballador afectado á situación de excedencia, regulada no punto 1º do artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

No suposto de que o traballador, por incumprimento do deber ou desempeño do cargo perciba unha indemnización, descontarase o importe desta do salario a que tivese dereito na empresa.

h) Os traballadores afectados polo presente convenio terán dereito a unha licencia retribuída dun día sen que se precise xustificación para o seu desfrute. A dita licencia non podará ser acumulada en vacacións, pontes ou calquera outra licencia. Tampouco podará ser desfrutada durante os meses de xuño, xullo e agosto e deberá ser solicitada cunha antelación de cinco días. A súa concesión estará suxeita á orde de coincidencia de datas con calquera outra.

Sen dereito a retribución: 1 día por casamento de fillos, irmáns e irmás políticos.

Artigo 9º.-Excedencias.

Nos casos para cargo político ou exercicio de actividades sindicais deberán concede-lo paso á situación de excedencia polas empresas ós seus traballadores, por petición destes; pola súa parte, as empresas nos referidos casos poden esixi-la excedencia forzosa do traballador cando lle impida a dedicación ó seu traballo habitual. Esta situación

de excedencia terminará ó desapareceren as causas qúe a motivaron e o tempo que durase, considerarase de servicio activo para os efectos de antigüidade na empresa.

Igualmente concederáselle excedencia ó persoal que, como mínimo, posuíse unha antigüidade dun ano na empresa, por unha duración non inferior a dous anos nin superior a cinco e sempre que os productores que xa se encontrasen en tal situación non excedesen do 5% do cadro total da empresa. Transcorrido o período de excedencia voluntaria sen solicita-lo reingreso, perderá o excedente tódolos dereitos, causando baixa definitiva no cadro de persoal. O tempo que o traballador permanecese na dita situación de excedencia non será computable nin para a antigüidade nin para ningún outro efecto.

Durante a situación de excedencia o traballador afectado non ten dereito ó percibo do saldo nin de retribución ningunha sen que poida utilizar esta situación de interrupción da relación laboral para prestar servicios noutra empresa do sector para efectos de competencia, salvo permiso expreso da dirección da súa propia empresa.

Para se acoller a outra excedencia voluntaria, o traballador deberá cubrir un novo permiso de catro anos de servicios efectivos na empresa. Solicitado o reingreso, será destinado o excedente a ocupa-la primeira vacante que se produza de igual ou similar categoría, respectándose os límites legais establecidos.

Artigo 10º.-Condicións económicas.

Os salarios serán os establecidos na táboa salarial anexa do convenio. Establécese un aumento salarial do 2,5% en tódolos conceptos salariais.

Artigo 11º.-Pagas extraordinarias.

Establécense no presente convenio tres gratificacións extraordinarias, nos meses de xullo, decembro e marzo. As de xullo e decembro aboaranse na primeira quincena dos ditos meses. A de marzo aboarase durante o citado mes. A paga de marzo poderá ser fraccionada entre os prazos que entre a empresa e o traballador acorden.

Estas pagas serán aboadas sobre os conceptos que integran o salario do convenio máis a antigüidade.

Artigo 12º.-Antigüidade.

Complemento de antigüidade: a contía de complemento de antigüidade será o que o 31 de decembro de 1995 figure en nómina como plus de antigüidade e aboarase nas quince mensualidades.

Ós traballadores que o 31 de decembro de 1995 cumpran algún bienio ou trienio, aboaráselles este, cuantificándose a partir da dita data a antigüidade por cuadrienios, que empezarán a percibi-los traballadores que a partir da dita data comecen a xerar cuadrienios; o dito concepto, denominado complemento de antigüidade, introducirase en nómina, o cal será cotizable, non sendo absorbible por ningún outro concepto salarial.

Antigüidade: en concepto de antigüidade, establécense cuadrienios na contía do 6% sobre o salario do convenio vixente en cada momento e por cada categoría.

Artigo 13º.-Axudas de custo.

Terán dereito a estas os traballadores que, mediante orde expresa do empresario ou persoa que o represente, se vexan abrigados a realizar asuntos ou traballos de carácter profesional por conta e baixo dependencia da empresa, con desprazamentos a lugares distantes ó centro de traballo que lle imposibiliten o seu regreso e sexa preciso efectuar comidas fóra do seu propio domicilio onde tamén lle esixa a misión encomendada unha permanencia que o obrigue a tomar aloxamento.

As axudas de custo xustificaranse debidamente.

Estas serán as seguintes:

* Axuda completa: 6.436 ptas.

* Xantar: 2.028 ptas.

* Cea: 2.028 ptas.

* Cama: 1.907 ptas.

* Almorzo: 477 ptas.

Establécese para o persoal de distribución que no transcurso da súa ruta habitual teña que efectua-lo seu xantar, unha axuda de 1.106 ptas., que será incompatible coas axudas de custo anteriores.

Artigo 14º.-Retirada do carné de conducir e multas.

En caso de retirada do carné de conducir por causa imputable ó traballador durante a súa tarefa ó servicio da empresa, esta comprometerase a lle facilitar ó conductor adecuado un posto de traballo idóneo de acordo coa súa categoría profesional, sen que con isto se vexa minguado o seu salario.

As multas imputables á culpa do traballador serán aboadas por este; en caso contrario, pagaraas a empresa; esta tamén se fará responsable das multas orixinadas por exceso de carga, mal aparcamento en caso de carga e descarga, sempre que se produza nos núcleos urbanos onde houbese saturación de tráfico e sexa culpa do traballador a infracción e número excesivo de viaxeiros que teñan a condición de seren persoal de servicio da empresa e o seu transporte fose ordenado por esta.

Artigo 15º.-Complemento asistencial.

Á parte do establecido ó respecto nas disposicións sobre Seguridade Social, as empresas aboaranlles ós traballadores fixos ó seu servicio en baixa de enfermidade non profesional unha indemnización complementaria ata alcanza-lo l00% do seu salario base de cualificación, durante o prazo máximo de 18 meses e sempre que o proceso fose de duración superior a 7 días, isto logo de confirmación do servicio médico ou facultativo designado por esta.

Artigo 16º.-Descanso por maternidade.

As traballadoras terán dereito, polo menos, a un período de descanso laboral de oito semanas antes e oito semanas despois do parto. O período posnatal será, en todo caso, obrigatorio, e a él poderáselle sumar, por petición da interesada, o tempo non desfrutado antes do parto. Así mesmo, terá dereito a unha pausa dunha hora no seu traballo, que poderá dividir en dúas fraccións ou reduci-la súa xornada no mesmo tempo durante os nove meses de lactación.

Artigo 17º.-Revisións médicas.

As empresas estarán abrigadas a lles realizar unha revisión médica anual ós seus traballadores. A dita revisión médica farase usando dos servicios que dispón o Ministerio de Traballo, sempre que se poñan ó dispor da empresa solicitante.

Artigo 18º.-Gastos de locomoción.

Tódolos traballadores percibirán, en concepto de plus de locomoción, a cantidade de 5.672 ptas. mensuais. Á parte, cada traballador, segundo a súa categoría, percibirá o suplemento de gastos de locomoción que figura na táboa salarial anexa. Estas cantidades aboaranse nos doce meses do ano.

Artigo 19º.-Plus de convenio.

Establécese un plus de convenio de 11.463 ptas. mensuais para tódalas categorías. O dito plus aboarase nos doce meses do ano sen que repercuta nas pagas extras e antigüidade.

Este plus terá carácter de salario para efectos de antigüidade.

Artigo 20º.-Roupa de traballo.

As empresas veranse abrigadas a facilitarlles ós seus traballadores un mínimo de dúas pezas de roupa ó ano, así como luvas e calzado para aqueles traballos que así o requiran. Así mesmo, facilitaránselle ó persoal de distribución, anualmente, unha chaqueta curta, dúas camisas, dous pantalóns e un anorak cada dous anos. Quedará á discreción dos encargados das seccións prover algunha peza suplementaria de traballo á parte das xa sinaladas, segundo as circunstancias que se puidesen presentar e, en caso de necesidade xustificada, logo de proposta ó empresario. O seu uso será obrigatorio. Así mesmo, o persoal terá a abriga de as conservar en bo estado; o traballador estará abrigado a compralas ó seu cargo cando por abandono ou neglixencia a el imputable as estrague de forma clara.

Artigo 21º.-Seguridade no posto de traballo.

No caso dun traballador que, por calquera causa xustificada, non puidese seguir desempeñando o posto de traballo para o que foi contratado, a empresa estará abrigada a lle outorgar un dereito preferente de ocupación das vacantes que existan, sempre e cando as características do posto habilitado sexan aptas ás condicións físicas e intelectuais do traballador.

Artigo 22º.-Distribución.

As empresas recomendaranlles ós seus clientes a necesidade de que os locais onde teña lugar a recepción de mercadorías solicitadas reúnan as debidas condicións para tratar de evitar, no posible, tarefas que supoñan excesivo esforzo físico para os traballadores.

Artigo 23º.-Seguro de morte e invalidez.

Establecerase un seguro de morte e invalidez nos casos producidos con ocasión ou como consecuencia de accidente laboral exclusivamente, por conta da empresa do sector que comprenda o ámbito deste convenio e para tódolos seus traballadores na contía de 1.500.000 e 2.000.000 de ptas. respectivamente. Con obriga por parte da empresa de entrega ós representantes legais dos traballadores, se así lles é esixido, da copia da póliza en vigor.

Artigo 24º.-Asistencia a consultorio médico.

En casos de saída ó médico, a empresa aboará o tempo empregado cando a visita coincida co horario de traballo. Para o seu aboamento será preceptivo que o volante estea asinado e datado polo médico.

Artigo 25º.-Servicio militar.

Os traballadores que voluntariamente ou forzosos se incorporen a cumpri-lo servicio militar terán dereito ó seu posto de traballo durante o período de duración do dito servicio e dous meses máis, salvo enfermidade.

O traballador que se encontre cumprindo o servicio militar poderase reintegrar, sempre que as necesidades do traballo na empresa o permitan, cando obteña un permiso temporal superior a un mes, en xornada completa ou por horas, sempre que medie, en ámbolos casos, a oportuna autorización militar para poder traballar.

Artigo 26º.-Cota sindical.

As empresas deducirán das súas nóminas as cotas correspondentes ós afiliados ás centrais sindicais. O traballador interesado na realización de tal operación remitiralle á empresa un escrito no que expresará con claridade a orde de desconto, a central ou sindicato ó que pertence e a contía do cobro.

Artigo 27º.-Local do comité de empresa.

A empresa facilitará local adecuado, sempre que dispoña del, para reunións e consultas do delegado ou comité de empresa cos traballadores, así como un taboleiro para pór comunicados, avisos, carteis, etc.

Artigo 28º.-Garantías sindicais.

As empresas afectadas por este convenio colectivo respectarán as seguintes garantías:

a) Disporán dun crédito de 25 horas mensuais retribuídas a cada un dos membros do comité ou delegado de persoal en cada centro de traballo, para o exercicio das súas funcións de representación.

b) As citadas horas poderán ser acumuladas polos representantes dos traballadores que estean presentes na negociación do convenio colectivo, ata un máximo de dous delegados por empresa.

Artigo 29º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación, vixilancia e cumprimento do pactado por ámbalas partes no presente convenio, créase a comisión paritaria, que estará composta da seguinte forma:

* Presidente-secretario: o mesmo do convenio.

* Tres vocais que representen a parte social: que serán elixidos, para cada caso, entre os integrantes dos que formaron a comisión deliberadora do presente convenio e pertencentes ás centrais sindicais.

* Tres vocais que representen a parte eeonómica: que serán elixidos pola Asociación Provincial de Gaseosas y Bebidas Analcohólicas, entre os compoñentes da comisión deliberadora.

Ámbalas partes poderán acudir ás ditas reunións cos asesores que coiden oportunos.

Artigo 30º.-Pagamento de nóminas.

Tódolos traballadores que o soliciten poderán domicilia-lo cobro da súa nómina ou haberes na entidade bancaria que elixan previamente ámbalas partes.

Artigo 31º.-Partes que o concertan.

Este convenio foi negociado e asinado pola Asociación Provincial de Gaseosas y Bebidas Analcohólicas da provincia de Pontevedra e a central sindical Confederación Intersindical Galega.

Artigo 32º.-Traballadores eventuais.

Todos aqueles traballadores eventuais que computen tres anos na mesma empresa pasarán á situación de fixos. Nos ditos tres anos contaranse como período de permanencia na empresa da que se trate as situacións seguintes:

Desemprego, calquera que fose a súa modalidade; incapacidade temporal, nas súas distintas clases e duración dentro da vixencia do contrato e, en xeral, calquera circunstancia que leve consigo unha interrupción temporal. Para estes efectos computarase como tempo traballado a permanencia en empresas filiais ou asociadas da principal. O presente artigo non será de aplicación a aqueles traballadores que cesen voluntariamente e retornen á empresa.

Artigo 33º.-Ferramentas de traballo.

As empresas veranse abrigadas a facilitarlle ó seu persoal de reparto un carro para lle facilita-la súa tarefa. O seu uso será obrigatorio.

Así mesmo, o persoal terá abriga de o conservar en bo estado, sendo pola súa conta a compra ou reparación, cando por neglixencia ou abandono a el imputable, o estrague de forma clara.

Artigo 34º.-Xubilación.

A idade de xubilación obrigatoria será ós 65 anos, sempre e cando se reúnan os requisitos legais para acceder á correspondente prestación. Poderase optar, non obstante, a acceder a ela á idade de 64 anos, sempre e cando así o establezan de mutuo acordo empresa e traballador segundo a normativa vixente en cada momento.

Artigo 35º.-Dereito de información en materia de contratación.

Recóllese no presente artigo a Lei 2/1991, do 7 de xaneiro, sobre dereitos de información dos representantes dos traballadores en materia de contratación. Para a súa aplicación observaranse as seguintes condicións:

1ª) O presente texto manterá a súa vixencia no convenio ata o momento da derrogación da Lei 2/1991, do 7 de xaneiro, no que quedará sen efecto.

2ª) O presente texto recollerá no seu contido calquera modificación que se produza no articulado da lei.

Texto da Lei do 7 de xaneiro

Artigo 1º

1. O empresario entregaralle á representación legal dos traballadores unha copia básica de tódolos contratos que se deban celebrar por escrito, a excepción dos contratos de relación laboral especial de alta dirección sobre os que se establece o deber de notificación á representación legal dos traballadores.

Co fin de comproba-la adecuación do contido do contrato á legalidade vixente, esta copia básica contará tódolos datos do contrato a excepción do número do documento nacional de identidade, o domicilio, o estado civil e calquera outro que, de acordo coa Lei orgánica 1/1982, do 5 de maio, puidese afectar á intimidade persoal.

A copia básica seralles entregada polo empresario, nun prazo non superior a dez días desde a formalización do contrato, ós representantes legais dos traballadores, os cales a asinarán para efectos de acreditar que se produciu a entrega. Posteriormente, a dita copia básica enviarase á oficina de emprego.

Nos contratos suxeitos á abriga de rexistro no Inem a copia básica remitirase, xunto co contrato, á oficina de emprego. Nos restantes supostos remitirase exclusivamente a copia básica.

2. 0 empresario notificaralles ós representantes legais dos traballadores as prórrogas dos contratos de traballo ós que se refire o número 1, así como as denuncias correspondentes a estas no prazo dos dez días seguintes a aquel no que tivera lugar.

3. Os representantes legais dos traballadores deberán recibir, polo menos trimestralmente, información

acerca das previsións do empresario sobre celebración de novos contratos, con indicación do número destes e das modalidades e tipos de contratos que serán utilizados, así como os supostos de subcontratación.

Artigo 2º

Os representantes da Administración, así como os das organizacións sindicais e das asociacións empresariais que teñan acceso á copia básica dos contratos, en virtude da súa pertenza ós órganos de participación institucional que regulamentariamente teñan tales facultades, observarán sixilo profesional, non podendo utiliza-la dita documentación para fins distintos dos que motivaron o seu coñecemento.

Artigo 3º

1. 0 empresario, con ocasión da extinción do contrato, ó lles comunicar ós traballadores a denuncia ou, se é o caso, o aviso previo da extinción, deberá achegar unha proposta do documento de liquidación das cantidades que se lle deban.

O traballador poderá solicita-la presencia dun representante legal dos traballadores no momento de proceder ó asinamento do recibo definitivo, facéndose constar nel o feito da súa sinatura en presencia dun representante legal dos traballadores, ou ben que o traballador non fixo uso desta posibilidade. Se o empresario impedise a presencia do representante no momento do asinamento, o traballador poderá facelo constar no propio recibo, para os efectos oportunos.

2. A liquidación dos salarios que corresponden ós traballadores fixos descontinuos, nos supostos de conclusión de cada período de actividade, levarase a cabo con suxeición ós trámites e garantías establecidos no número anterior.

Táboa de salarios que rexerá

desde o 1-7-1998 ó 30-6-1999

Categorías

Salario

día

Suplemento

Locom. mes

Total gastos

Transp. mes

Peón2.602 9506.662
Subalternos2.715 9566.628
Axudante2.715 9566.628
Aux. administrativos2.715 9566.628
Oficiais de segunda2.9701.0386.710
Oficiais de primeira3.0351.1216.793
Encargado ou capataz3.2321.1336.805
Encargado sección3.8921.3847.056
Encargado xeral4.5661.6427.314

Lido por min, presidente do convenio, o seu texto, os asistentes asínano en proba de conformidade, de todo o cal, como presidente da comisión negociadora, certifico e dou o visto e prace en Vigo o cinco de novembro de mil novecentos noventa e oito.