Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 27 de abril de 1999 Páx. 5.004

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 1999, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 1/561/99, interposto por Isabel Areoso Fernández.

Na Sala do Contecioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso 1/561/99, interposto por Isabel Areoso Fernández contra a Resolución do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 6, do 12 de xaneiro), pola que se modifican algúns aspectos da Resolución do 23 de xullo de 1997, pola que se convocou concurso-oposición libre para o ingreso nas clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saúde.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer e constituirse en autos na sección primeira da referida sala no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 1999.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos