Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 20 de abril de 1999 Páx. 4.606

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica o acordo de iniciación do procedemento sancionador de epizootias OU-S-1/1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifíqueselle a persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador, que tamén se indica, por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE do 23 de decembro) e do Regulamento de epizootías aprobado polo Decreto do 4 de febreiro de 1955, modificado entre outros, polo R.D. 1665/1976, do 7 de maio, (BOE do 21 de xuño) polo que se actualizan as sancións, posto que, intentada a notificación, ésta non puido ser efectuada polo servicio de correos.

Noméase instructora do procedemento a María Isabel Biempica González, funcionaria desta delegación. O réxime de recusación da persoa nomeada é o establecido no artigo 29 da Lei 30/1992, citada.

A resolución será acordada polo delegado provincial.

O interesado disporá dun prazo de quince días, para que poida examina-lo expediente na delegación provincial desta consellería en Ourense, sita na rúa Florentino López Cuevillas, 4-6, baixo, e presentar cantas alegacións, documentos ou informacións considere convenientes, e, se é o caso, propoñer proba.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993 (BOE nº 189, do 9 de agosto), de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario poderá implica-la terminación do procedemento. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, no enderezo indicado.

O que se lle notifica de acordo coa normativa anteriormente citada.

Ourense, 22 de xaneiro de 1999.

José Manuel Baltar Blanco

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-S-1-1999.

Interesado: Severino Luis Blanco.

DNI: 16.214.162-J.

Último enderezo coñecido: Vilarmeao. Viana do Bolo. Ourense.

Feitos denunciados: negativa á realización das probas diagnósticas da campaña de saneamento gandeiro correspondente ó ano 1998, no gando ovino de súa propiedade. O propietario carece de libro de rexistro de animais así como de CEA.

Tipificación da infracción: artigo 113.1º do Regulamento da Lei de epizootias.

Artigo 8.4º da Orde do 4 de abril de 1997, que establece normas para o desenvolvemento das campañas de saneamento gandeiro das especies bovina, ovina e cabrúa.

Sanción: 15.000 pesetas.